Noticias Persoal Formación
 
 

Convocatoria de prazas de formación sanitaria especializada

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

Orde SSI/1997/2012, de 18 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de proba selectiva 2012, para o acceso no ano 2013, a prazas de formación sanitaria especializada para graduados/diplomados en Enfermería.

http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/22/pdfs/BOE-A-2012-11913.pdf

 

MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

Orde SSI/1998/2012, de 18 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2012 para o acceso no ano 2013, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/22/pdfs/BOE-A-2012-11914.pdf

 

MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

Resolución de 2 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral de Sanidade e Consumo, pola que se avocan determinadas competencias que corresponden á Dirección Xeral de Ordenación Profesional na convocatoria de probas selectivas de 2012, para o acceso en 2013, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros titulados universitario do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/22/pdfs/BOE-A-2012-11915.pdf

Publicación das prazas adxudicadas para formación en Especialidades Sanitarias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicáronse onte e hoxe candansúa resolución correspondente á adxudicación de prazas de formación nas distintas especialidades sanitarias:

* Graduados/as e Licenciados/as sanitarios/as de varias especialidades: Resolución de 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se convocan os actos de asignación de prazas correspondentes ás probas selectivas 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. PDF (BOE-A-2012-4206 - 9 págs. - 193 KB)

* Graduados/as e Diplomados/as sanitarios/as en Enfermaría: Resolución de 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se convocan os actos de asignación de prazas correspondentes á proba selectiva 2011 para o acceso no 2012 a prazas de formación sanitaria especializada para graduados/diplomados en Enfermaría. PDF (BOE-A-2012-4270 - 4 páxs. - 159 KB)

FEGAS: publicada convocatoria 2012

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Formación Continuada FEGAS

Publicada no DOG do 27 de xaneiro a oferta formativa da FEGAS para o 2012, así como os prazos de inscrición:

  • Para as accións formativas do 1º semestre, o prazo vai do 1 de febreiro ao 20 de febreiro.
  • Para as accións formativas do 2º semestre, o prazo vai do 1 de xuño ao 20 de xuño.

Máis información na páxina da FEGAS.

Publicadas en BOE as cualificacións profesionais de Celador/a e TCAE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
NO BOE desta mañá saen publicadas as cualificacións profesionais correspondentes a Celador/a e a TCAE, con nivel I e II respectivamente. Pódense consultar nesta ligazón.

Como se sabe, dese CIG-Saúde levamos tempo reivindicando o nivel III para TCAE e o nivel II para Celador/a, para adecuar estas categorías profesionais ao establecido no Estatuto Básico do Empregado Público no que respecta ás clasificacións de persoal.

Inda que hoxe sae publicado cuns niveis diferentes aos esixidos por CIG-Saúde, non renunciamos a estas esixencias e seguiremos facendo todo o que estea na nosa man para poder chegar algún día a acadar as nosas reivindicacións, no camiño de adaptar de xeito correcto as categorías profesionais ás clasificacións establecidas no EBEP e a mellorar a formación e valoración das profesións sanitarias.
 

Relación definitiva de admitid@s para as probas de especialistas sanitari@s

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
No Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Paseo del Prado, 18-20 - 28071-MADRID), e nas Delegacións e Subdelegacións do Goberno exhíbense as relacións definitivas de admitid@s e non admitid@s ás probas selectivas 2011.

Contra estas relacións definitivas pódese presentar recurso de Alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa exhibición.

As persoas Admitidas provisionalmente ao exame deben consultar o apartado da web do Ministerio "prazos para achegar documentación", incluido dentro da información xeral destas probas selectivas.

A data do exercicio é o sábado 28 de xaneiro de 2012, segundo a Resolución que publicará en breve o Boletín Oficial do Estado, na que se contén o nomeamento das Comisións Calificadoras.

As persoas aspirantes deben comparecer ante a Mesa de Exame que se lles sinalara provistos do documento acreditativo da súa identidade co que participaran nas Probas Selectivas (D.I, Pasaporte ou Número de identificación de extranxeiros), ás quince trinta horas do sábado 28 de xaneiro. Para contestar a folla de respostas, só se poderá utilizar bolígrafo, non estando permitido o uso de lápis, rotuladores, prumas, etc.

Non está permitida a utilización de calculadora, excepto no caso de aspirantes a prazas de Radiofísica Hospitalaria.

Non está permitido o uso de teléfonos móbiles, nin de calquera outro dispositivo con capacidade de almacenamento de información ou posibilidade de comunicación mediante voz ou datos, dentro do recinto de exame, unha vez iniciado o exercicio e ata a fin do mesmo.

Duración do exercicio:

Cinco horas máximo, para Médic@s, Farmacéutic@s e outros graduad@s/licenciad@s universitari@s do ámbito da Psicoloxíaa Químicaa Bioloxía e a Física.

Dúas horas máximo para graduad@s/diplomad@s en Enfermaría.

As respostas deben escribirse na folla que se destina para iso; non se admite resposta no cuestionario.

O exercicio debe ser realizado ante a Mesa que se sinalara a cada aspirante. As Mesas non admitirán a ningún/ha aspirante que non figure na relación de convocad@s ante elas.

Máis información aqui. Tamén podedes consultar a vosa situación particular premendo aqui.
   

Probas das Competencias Clave

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Como continuación das informacións subministradas noutras ocasións sobre os Certificados de Profesionalidade, as Competencias Clave, os Procesos de Acreditación da Experiencia Profesional e todo o que ten relación coas Cualificacións.

INFORMAMOS

Que ven de publicarse no Diario Oficial de Galiza (DOG 5 setembro 2011) a Resolución pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da Formación Profesional para o Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

 
É importante que os leas !!!!


Lembra: o prazo de presentación de solicitudes esténdese até o 28 de Setembro do 2011



Cursos FEGAS: apertura de prazos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado día 1 de xuño abriu o prazo para inscribirse nos cursos de FEGAS do segundo semestre. Este prazo rematará o 20 de Xuño de 2011, consulte as normas xerais de inscrición a través do apartado "Formación" da páxina web da FEGAS.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto