Inicio
 
 

Formación

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Convocatoria MIR - FIR- BIR- QUIR - EIR

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe publícase no BOE  a Orde SSI/876/2017, de 12 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2017 para o acceso no ano 2018, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Enfermeiros e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

Calendario das probas selectivas 2017/2018:
  • Prazo de presentación de solicitudes: Do día 19 ao 28 de setembro de 2017.
  • Exhibición das relacións provisionais de admitidos: A partir do día 14 de novembro de 2017.
  • Exhibición das relacións definitivas de admitidos: A partir do 9 de xaneiro de 2018.
  • Data do exercicio: Sábado, día 10 de febreiro de 2018.
  • Exhibición das plantillas de respostas correctas: A partir do día 13 de febreiro de 2018.
  • Prazo de reclamacións ás plantillas de respostas correctas: Días 14, 15 e 16 de febreiro de 2018.
  • Reunión das Comisións Calificadoras para resolver as reclamacións presentadas: Día 28 de febreiro de 2018.
  • Exhibición das relacións provisionais de resultados: A partir do día 6 de marzo de 2018.
  • Exhibición das relacións definitivas de resultados: A partir do día 3 de abril de 2018.
  • Actos de asignación de prazas: A partir do día 17 de abril de 2018. Conforme ao calendario que aprobará a Dirección Xeral de Ordenación Profesional.
  • Prazo posesorio para incorporación: 24 e 25 de maio de 2018, ambos inclusive.

Curso online baremábel. 4,4 créditos para persoal sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Aberto o prazo para o curso baremábel "A motivación na actividade laboral aplicada na atención ao/á doente", modalidade teleformación.

O curso desenvolverase do 1 de setembro ó 11 de outubro de 2017, é de 26 horas e barémase con 4,4 créditos SAGA para o personal sanitario.

Trátase dun curso non subvencionados, non é preciso estar traballando para inscribirse. Descontos para afiliadas/os.

Para matricularte, preme aquí

curso setembro

 

Curso de formación on-line baremábel. Últimos días para inscribirse.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Curso on-line baremábel para o SERGAS: Violencia de Xénero. Detección e actuación desde un servizo sanitario. 26h. Desde o 15 de marzo ata o 26 de abril.

violencia de xenero

Se estás interesad@, inscríbete na páxina de ForGA - Cursos CIG-Saúde.

 

Cursos de formación on-line oferta 2017

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

notebookA CIG-Saúde, a través da ForGA, ven de abrir o prazo de solicitude para varios cursos on-line baremábeis para todas as categorías:

  • Violencia de Xénero. Detección e actuación desde un servizo sanitario. 26h. Desde o 15 de marzo ata o 26 de abril.
  • Relacións Humanas e Clima Laboral. 20h. Desde o 18 de maio ata o 26 de xuño.
  • A motivación na actividade laboral aplicada na atención á/ao doente. 26h. Desde o 1 de setembro ao 11 de outubro.

Trátase de cursos non subvencionados, non é preciso estar traballando para inscribirse. Solicitada a acreditación SAGA para persoal sanitario. Descontos para afiliadas/os.

Se estás interesada/o nalgún destes cursos, preme nesta ligazón, infórmate e inscríbete: ForGA - Cursos CIG-Saúde.

 

Continúan os recortes: menos prazas de formación sanitaria na Galiza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

examen-mirAntonte publicábase no BOE a oferta de prazas de formación para especialidades sanitarias (MIR, EIR, FIR, PIR,...) e atopámonos coa sorpresa de que, malia os numerosos anuncios que os gobernos do PP nos veñen facendo de que xa saímos da crise, a oferta de formación sanitaria na Galiza non só non aumentou, senón que se viu diminuída.

Así, a oferta global no Estado viuse aumentada nun 3,7%, 230 prazas máis que o ano pasado, ofertándose en todo o Estado 7.772 prazas de formación. Mais, como non podía ser doutro xeito, o reparto que se fai desas prazas prexudica unha vez máis a Galiza. Sen que saibamos o criterio que se seguiu (inda que ben podemos intuilo), no reparto de prazas Galiza foi a máis prexudicada, ao convocárense 376 prazas e perdendo cinco con respecto ás 381 convocadas o ano pasado, malia o incremento global de 230 prazas no Estado, que, obviamente, foron parar a outros territorios.

Isto é indicativo de que, unha vez máis, Galiza no conta para os gobernos centrais. Galiza non ten ningún peso específico para os gobernos do PP, porque nin sequera estando en plena campaña electoral e estando en liza a maioría absoluta do PP na Galiza, teñen en conta a necesidade de profesionais sanitarios especialistas que ten a sanidade na Galiza, nomeadamente a Sanidade Pública.

Desde a CIG-Saúde continuaremos pelexando polo incremento de prazas de formación de especialistas que dea resposta ás necesidades reais da sanidade. Mentres, o día 25 de setembro temos unha nova oportunidade para ir conseguindo avances e rematar cos recortes e privatizacións da Sanidade Pública.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto