Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s
 
 

Diplomad@s Sanitari@s

Reclaman a incorporación no SERGAS das especialidades de enfermería

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O decreto de creación foi aprobado en 2016 e transcorrido un ano aínda non se desenvolveu

CIG-Saúde, CCOO, UGT, CSIF e Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria compareceron este mércores en rolda de prensa para denunciar a pasividade da consellaría de Sanidade e o SERGAS no relativo á incorporación no Servizo Galego de Saúde de enfermeiros/as especialistas.

A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explicou que en xullo de 2016 se publicou no DOG o decreto de creación da categoría de enfermeiro/a especialista no ámbito do SERGAS. Un decreto que, segundo lembrou, “levou tempo negociar ante a súa negativa a recoñecer o nivel 23, que é o de enfermeiro/a especialista” porque “pretendía crear esa categoría pero con nivel 22, isto é, que a especialidade lle saíra gratis, xa que ao non recoñecer a categoría non se tiña que retribuír como tal”.

Finalmente conseguiuse que se negociara e aprobara o decreto co nivel correspondente aínda que Abuín asegurou que “para nós é un nivel baixo dentro do sistema da administración pública e dentro dos intervalos de niveis existentes para as especificidades e responsabilidade que ten un posto destas características”.

Transcorrido máis dun ano, este decreto está, segundo denunciaron as organizacións sindicais e máis a asociación científica, sen desenvolver e a comisión técnica constituída a tal efecto aínda que chegou a ser constituída non está operativa.

A este respecto, a secretaria nacional da CIG-Saúde, denunciou que “nin sequera se abordou a reclasificación do persoal fixo, con máis de 20 anos de experiencia profesional e co título de especialista”.

A modo de exemplo, sinalou que a categoría de enfermeiro/a especialista en Saúde mental, creado no 2009, só conta a día de hoxe con 9 prazas en toda Galiza e afirmou que “isto constata a falta de recoñecemento que, por parte do SERGAS se lle dá a estas e estes profesionais”.

Diante desta situación as organizacións sindicais presentes na rolda de prensa lembraron que o pasado día 11 enviaron un escrito á consellaría e o SERGAS exixindo que na reunión da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, que se ten que convocar neste trimestre, se inclúa na Orde do día, a apertura de listas de selección temporal dos enfermeiros/as especialistas que habilita o decreto de creación desta categoría, co obxectivo de que estas listas estean operativas en outubro de 2017, que é cando se xeran o conxunto de listas.

A noticia en Avantar

Información sobre a Vía Excepcional para Enfermaría Familiar e Comunitaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

En días pasados chegou a nós este escrito do Ministerio de Educación, onde se recolle a nota que xa avanzamos hai unhas semanas sobre actualización de datos de cara á revisión de expedientes da Vía Excepcional de Enfermaría Familiar e Comunitaria, e, ademais, engaden un cadro onde se especifica como deben ser os certificados sobre o exercicio profesional. Este escrito localizámolo colgado na web dunha asociación de enfermaría, mais non está na páxina web do Ministerio (ou, cando menos, nós non o atopamos alí). O que si atopamos na páxina web do Ministerio é este documento de preguntas frecuentes (FAQ), deste mesmo mes de xuño, onde entre as preguntas e respostas se recolle o seguinte:

  • Presenté hace tiempo la solicitud de acceso a la especialidad de Enfermería Familiar y Comunitaria y  no  he  tenido  respuesta  ¿cuándo  la  tendré?, ¿tengo  que  aportar  de nuevo la documentación necesaria para dicha especialidad?

Toda  la  documentación  que  ha  aportado  consta  en  el  Ministerio  de  Educación,  Cultura  y Deporte.
En la actualidad, se están analizando los expedientes presentados por los aspirantes al título de  especialista  en  Enfermería  Familiar  y  Comunitaria.  Si  la documentación  no  reuniese  los requisitos  exigidos,
desde  el  Ministerio  de  Educación,  Cultura  y Deporte se  enviará  una  notificación a los interesados para que aporten los documentos necesarios.

  • Cuando  se han producido cambios  en  los  datos  personales aportados inicialmente (dirección, teléfono, correo electrónico.....), ¿debo notificarlo?

Sí, hay  que notificarlo por e-mail al Ministerio  de  Educación,  Cultura  y  Deporte, a  través  del correo   electrónico: enfermeria@mecd.es para   mantener   actualizados   los   datos   y   poder  contactar con usted cuando sea preciso para informarle sobre asuntos de su interés.
Si desea notificarlo por escrito a través de correo postal, debe dirigirlo al Servicio de Enfermería del  Ministerio  de  Educación,  Cultura  y  Deporte,  situado  en  la  Calle Torrelaguna,  nº  58.  28027 Madrid.
IMPORTANTE: Si se cumplimenta la modificación de los datos personales mediante vía Web, hay que presentar el documento en un Registro Oficial.
---

Prueba objetiva

  • ¿Cuándo  se  celebrará  la  prueba  objetiva  para  el  acceso  al  título  de  Especialista  en Enfermería Familiar y Comunitaria?

En  la  actualidad,  se  están  analizando  los  expedientes  presentados  por  los  aspirantes  al  título de  especialista  en Enfermería  Familiar  y  Comunitaria.
Si  la documentación no  reuniese  los requisitos  exigidos, desde  el  Ministerio  de  Educación,  Cultura  y Deporte se  enviará  una notificación a los interesados para que aporten los documentos necesarios. Finalizado
todo el proceso, la convocatoria   específica para   la prueba   objetiva correspondiente a cada especialidad, será publicada en el Boletín Oficial del Estado.

Parécenos que o Ministerio está lanzando información confusa e, desde logo, non a está emitindo polas canles adecuadas. Non pode ser que despois de catro anos de espera desde que finalizou o prazo de inscrición para a Vía Excepcional desta especialidade, as persoas aspirantes continúen sen saber que pasa coa proba obxectiva, e que a pouca información que haxa vaia saíndo á luz a través de comunicados que se envían non se sabe moi ben onde, ou que se colgan na web sen máis publicidade.

O que nós interpretamos da información recollida nestes dous documentos é o seguinte:

- Nestes momentos estase revisando a documentación achegada nos expedientes das persoas aspirantes.

- En caso de aparecer algunha cuestión incorrecta ou que non reúne os requisitos, desde o Ministerio poñeranse en contacto coa persoa en cuestión para comunicalo e que poida solucionalo achegando os documentos necesarios.

- Como pasaron 4 anos desde a inscrición, se algún dato de contacto se modificou, é necesario comunicalo ao correo enfermeria@mecd.es para que de ter que producirse a comunicación dalgunha eiva na documentación achegada, se poidan poñer en contacto coa persoa en cuestión.

Para informarse da situación particular de cada persoa aspirante, podedes facelo, co voso certificado dixital, a través desta ligazón: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=208 (inda que o título da páxina recolle Enfermaría Pediátrica, os resultados especifican o título ao que aspirades, se é o caso, Enfermaría Familiar e Comunitaria, así de mal leva as cousas o Ministerio).

Información sobre a Vía Excepcional para Enfermaría Familiar e Comunitaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
agrup enferm positivo cor
 

Desde o Ministerio de Educación, concretamente desde o Servizo de Enfermería da "Subdirección General de Títulos y Reconocimiento de Cualificaciones", confírmannos que están a revisar os expedientes das persoas que no seu momento se inscribiron para a proba para a obtención pola vía excepcional do Título de Enfermaría Especialista en Familiar e Comunitaria.

É de supoñer, entón, que estean traballando para a convocatoria próxima da proba.

De ter variado algún dato de contacto (o enderezo, por exemplo) ou doutro tipo, pódese enviar a modificación ao correo enfermeria@mecd.es, incorporando os seguintes datos:

Datos persoais (nome, apelidos, DNI)
Enderezo a efectos de notificación
Teléfono/s de contacto
Enderezo de correo electrónico

A prescrición de enfermaría, que?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

MARCO XURÍDICO

COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Recollidas na LOPS e no EM e relacionadas coas que outorga o currículo formativo e o título.

NORMATIVA SOBRE PRESCRICIÓN

Indícanos tamén cal é o persoal prescritor:

  • Lei 19/2006 e Lei 28/2009, exclúen a enfermaría da prescrición.
  • RD 1718/2010 e RD 954/2015 emanan desas leis e falan da indicación, uso e autorización de dispensación e das características que teñen que ter

OBRIGAS DA EMPRESA

Segundo o EM a empresa é a máxima responsable da protección xurídica profesional e de dar as ordes precisas para o desenvolvemente das competencias profesionais.

MARCO SEMÁNTICO

INDICACIÓN ENFERMEIRA

Igual que a prescrición médica, pero con catálogo de produtos sanitarios acotados

USO

Administración

AUTORIZACIÓN DE DISPENSACIÓN ENFERMEIRA

Igual que a receita médica

MARCO POLÍTICO

Produto do interese político de captar apoios entre o persoal sanitario creouse o foro marco da Sanidade, no que os gobernos de quenda lle fan promesas de prescrición enfermeira ao CGE e ao SATSE, mentres tamén lle prometen á OMC todo o contrario, é dicir que a enfermaría nunca será prescritora.

Estamos no momento en que a profesión se embarca en ideas ficticias de ascensos competenciais, cursos de acreditación (que aínda non están homologados), plataformas... por unha ilusión contraposta coa Lei actual.

Mentres a empresa sanitaria pública galega se mantén calada máis de 4 meses tras da publicación do decreto permitindo que as/os profesionais enfermeiras/os teñan comprometida a súas seguridade xurídica e se incremente a conflitividade entre categorías profesionais.

QUE PENSAMOS DESDE A CIG

-ESIXIMOS a derrogación do Decreto

-EXIXIMOS AO SERGAS un pronunciamento oficial para garantir a seguridade xurídica da enfermaría

-INSTAMOS á aprobación dunha nova norma consensuada

SITUACIÓN ACTUAL

Produto de todas as presións e da sombra de conflito o Conselleiro emite unha nota informativa onde se recolle o que a lóxica e o sentido común ditan a calquera (sen que saibamos o peso de protección xurídica que este documento ten). O que entendemos é que si protexe á empresa SERGAS do incumprimento das súas obrigas, e ao persoal dálle un aval para “seguir traballando coma sempre” pero coas ordes médicas escritas. Ademais disto, dálle a entidade de orde ó calendario vacinal e á administración de vacinas, así como ao uso de produtos sanitarios de uso humano nas intervencións de enfermaría.

Temos que concluír que tantas contraposicións entre os distintos MARCOS deron lugar a unha chapuza normativa agrandada polo afán de enfrontamento dos Colexios Oficiais, médico e enfermeiro e o silencio da administración.

Desde a CIG-Saúde seguiremos traballando para a consecución dunha profesión enfermeira con plena autonomía e responsabilidade, que desenvolva as capacidades que adquire coa súa formación, realizando un traballo integral de coidados ao/á doente dentro dos equipos multidisciplinares, sen verse limitada ou obstaculizada, sexa de xeito expreso por normas legais retrógradas ou na práctica por administracións ineficientes e desidiosas.

→Para máis información, ler o documento “Prescrición Enfermeira: realidade ou ficción?

 

A prescrición de enfermaría segundo a Consellaría de Sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

No día de onte o SERGAS achegounos un documento que denominou “Nota informativa respecto á indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte dos profesionais de enfermaría do Sistema Público de Saúde de Galicia”, en relación co Real Decreto 954/2015, do 23 de outubro.

Este documento está asinado polo Sr. Conselleiro de Sanidade, e vennos dicir que, en vista de que o Decreto non se pode cumprir, sigamos a traballar coma sempre, tendo a precaución de usar as vías oficiais para o rexistro das ordes médicas.

Temos que valorar a interpretación que fai do decreto como unha interpretación lóxica e non xurídica, dando a entender que como non se cumpren os requisitos do decreto porque está sen desenvolver, non pode haber ningunha implicación legal.

Desde a CIG discrepamos disto por varias cuestións, e a primeira delas é a falta de acreditación do persoal, xa que consideramos que o título facilitado polos Colexios de Enfermaría non está homologado polo Ministerio de Sanidade, e por riba entendemos que é o SERGAS quen ten que facilitar a acreditación coa garantía de que todo persoal conte con este requisito, cousa que a día de hoxe non acontece.

Hai que recoñecer que agora mesmo a enfermaría ten o aval da sinatura do Conselleiro para levar adiante as vacinacións, a atención urxente, o uso de produtos sanitarios de uso humano nas curas e outros procedementos sobre os/as doentes, ademais de contar co seguro de Responsabilidade Civil da Xunta.... entendemos que no caso dunha denuncia o Conselleiro será o primeiro é o último responsable.

Queda demostrado que, dende logo, quen lexisla non ten en conta para nada a realidade sobre a que lexisla, fai a norma produto de presións institucionais e políticas, pero para nada favorece aos/as doentes, nin aos/as profesionais.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto