Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s
 
 

Diplomad@s Sanitari@s

Publicación admitidos/as e excluídos/as para a proba de Enfemaría Xeriátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no BOE esta resolución:

  • Resolución de 3 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as á realización da proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica. PDF (BOE-A-2013-10517 - 35 páxs. - 1.739 KB)

A lista de admitidos/as pódese consultar nesta ligazón. A lista de excluídos/as nestoutra ligazón. Hai un prazo de 15 días naturais a partir de mañá para presentar documentación ou solicitudes de subsanación da exclusión.

Máis información aquí.

Lembranza: Acceso excepcional ás especialidades de enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ante a convocatoria da proba para a especialidade de Enfermaría Xeriátrica, publicamos este artigo informativo sobre o acceso excepcional ás especialidades de enfermaría, a modo de lembranza.

Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría (B.O.E. do 6 de maio).

A Disposición transitoria segunda do Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría, en relación ao acceso excepcional ao titulo de especialista, contempla a posibilidade de acceso ao título de Enfermeira/o especialista a todas/os as/os tituladas/os que acrediten o exercicio profesional e superen unha proba de avaliación da competencia, nos termos e polo procedemento previstos.

Poderase solicitar máis dun título de enfermeira/o especialista para o cal é indispensábel presentar para cada unha das especialidades pedidas unha solicitude cumprimentada e asinada, acompañada de toda a documentación necesaria. Pero de ter aprobadas a probas de máis dunha habería que escoller, xa que só se pode obter unha delas por esta vía excepcional.

Situación para o acceso excepcional a día de hoxe de cada especialidade:

  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría en Saúde Mental: O prazo de presentación de solicitudes ao título de Saúde Mental, finalizou o 22 de agosto de 2.008. A proba obxectiva realizouse no primeiro trimestre do 2010.
  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría do Traballo: O prazo finalizou o día 22 de marzo de 2010. A proba obxectiva realizouse no primeiro trimestre de 2011.
  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica: O prazo finalizou o día 22 de marzo de 2011.  (Convócase hoxe a proba obxectiva, a realizar no ultimo trimestre de 2013)
  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria: O prazo finalizou o día 22 de marzo de 2011. Pendente de convocar.
  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Pediátrica: O prazo finalizou o día 22 de marzo de 2011. Pendente de convocar.
  • Prazo de presentación para a especialidade de Coidados Médico – Cirúrxicos:  O prazo de presentación de solicitudes para a especialidade de Enfermaría de Coidados Médico-Cirúrxicos prolongarase ata pasados seis meses da publicación no BOE da convocatoria da proba anual de carácter estatal, (proba de acceso a través do sistema de Residencia - EIR) na que por primeira vez se oferten prazas de formación nesta especialidade.

Máis información: Ligazón 1 á web do Ministerio de Educación // Ligazón 2 á web do Ministerio de Educación

Proba obxectiva Enfermaría Xeriátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no BOE a convocatoria para a proba obxectiva para obter o título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica.

  • Resolución de 30 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se convoca a proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeiro/a Especialista en Enfermaría Xeriátrica. PDF (BOE-A-2013-9371 - 58 páxs. - 3.073 KB)  

Esta disposición publicada hoxe inclúe a publicación das listas de admitidas/os e excluídas/os á realización da proba, así como o xeito de reclamar en caso necesario. As persoas aspirantes admitidas á proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica, disporán para realizar dita proba, dun máximo de dúas convocatorias.

Datas de celebración da proba:
– Sábado, 19 de outubro de 2013. Aspirantes con apelido entre ABAD e LONGUEIRA.
– Domingo, 20 de outubro de 2013. Aspirantes con apelido entre LÓPEZ e ZURITA.
– Sábado, 23 de novembro de 2013. Aspirantes que non se presenten na data asignada para o primeiro exame ou que non superaran a proba.

Lugar de celebración da proba: Universidade Autónoma de Madrid (Campus Cantoblanco, Estrada de Colmenar Viejo, Km. 15. 28049 Madrid) en:
– Facultade de Dereito.
– Facultade de Económicas e Empresariais.
– Facultade de Ciencias, Edificio de Bioloxía.

Hora de comezo e duración da proba:
– De 10 horas a 13 horas, ininterrumpidamente.

Como se pode ver, tamén aquí se nota a nosa condición de nación colonizada. Os exames hai que facelos en Madrid, como non, centralismo imperialista español.

Despois desta proba, quedan pendentes de convocar as relativas aos títulos de especialista en Enfermaría Pediátrica e en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

------------------------------------

Actualización 16 setembro: Publicada corrección de erros no BOE.

·         Resolución de 9 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se corrixe a de 30 de agosto de 2013, pola que se convoca a proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica. PDF (BOE-A-2013-9624 - 1 páx. - 132 KB)  

Publicadas as listas provisorias de admitid@s e excluid@s para as probas EIR

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Veñen de publicarse as listaxes provisorias de admitid@s e excluid@s para as probas selectivas de acceso á formación especializada de enfermaría. Aquelas persoas que se tiveran inscrito poden consultar a súa situación nas listaxes dirixíndose á páxina web habilitada ao efecto polo Ministerio de Sanidade.

@s aspirantes deben comprobar a exactitude dos datos que conteñen as relacións e, en caso necesario, presentar, no prazo de DEZ días naturais (contados a partir do 19 de novembro), a oportuna reclamación, utilizando o modelo que se atopa colgado na páxina web do Ministerio. Pódense consultar aqui os motivos de exclusión das listaxes e a documentación a presentar para subsanalos.

Unha vez examinadas as reclamacións que presenten, as relacións definitivas, unha vez aprobadas, exhibiranse a partir do 4 de xaneiro de 2012, e nelas anunciaranse as Aulas e Mesas de Exame sinaladas a cada aspirante. Lembrade que a celebración das probas está prevista para o 28 de xaneiro de 2012.

Para máis información, premer aqui.

Convocatoria de probas de formación de especialidades

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publícanse hoxe en BOE as ofertas de prazas de formación de diversas especialidades, así como a convocatoria de proba selectiva para acceder a esas prazas:

o    Orde SPI/2548/2011, de 19 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de proba selectiva 2011, para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para graduados/as - diplomados/as en Enfermaría

o    Orde SPI/2549/2011, de 19 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos/as, Farmacéuticos/as e outros/as graduados/as - licenciados/as universitarios do ámbito da Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.

As probas realizaranse o sábado, día 28 de xaneiro de 2012.

Parece que este ano si aparecen prazas de formación de especialidades de enfermaría en Galiza, e non sucede como o ano pasado, cando non se convocou aqui nin unha soa praza das novas especialidades, feito que denunciamos no seu momento, instando á Consellaría a que se amosara máis áxil con estes temas e creara e orzamentara as unidades docentes necesarias para facilitar esta formación. Este ano si que se convocan algunhas prazas, mais tampouco é ningunha fartura: ademais das prazas de formación para matrona (19), convócanse 6 de saúde mental e 4 de familiar e comunitaria. Ningunha das outras especialidades. Será por "austeridade", claro.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto