Noticias Persoal Contratacións
 
 

Publicada Convocatoria Listas Contratación PSX, Celador/a e Aux. Administrativo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publícase hoxe en DOG a convocatoria de inscrición nas listas de contratación para as categorías de PSX, Celador/a e Aux. Administrativo. Pódese consultar aqui.

Para que as solicitudes e os méritos sexan tidos en conta na primeira xeración de listas, deberán estar rexistrados e acreditados antes do día 15 de xaneiro de 2012. Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o 1 de decembro de 2011 e ata o 15 de xaneiro de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 31 de decembro de 2011 e acreditados dentro do prazo. Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición con posterioridade ao 15 de xaneiro de 2012, o/a aspirante figurará na seguinte xeración de listas.

Información Reunión Comisión de Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Comisión de seguimento do Pacto 24 de novembro de 2011

Segunda convocatoria de listaxes polo expedient-e. o Comunicáronnos de que o luns 28 de novembro de 2011, se publicará en DOG a resolución pola que se abre o prazo de inscrición para as categorías de: 
Grupo Auxiliar da función administrativa 
Persoal de Servizos Xerais 
Celador/a 
O prazo de inscrición abrirase o 1 de decembro de 2011 e TODAS as persoas interesadas deberán inscribirse a través do FIDES/expedient-e. o Os méritos que serán tidos en conta son os causados a 31 de decembro de 2011. 
O prazo de aportación de solicitudes e méritos remata o 15 de xaneiro de 2012. o Ao igual que na convocatoria de Técnicos Superiores, a solicitude presentarase vía electrónica e documental co pertinente rexistro administrativo da solicitude. 
Unha vez se publiquen os listados provisionais, abrirase un prazo máximo de 10 días hábiles para a presentación de reclamacións.

Aclaracións de dúbidas ou cuestións sobre o expedient-e e o novo pacto
Solicitudes de inscrición confirmadas: no caso de que algún aspirante, unha vez teña confirmada de maneira definitiva no FIDES a inscrición nas listas de contratación, queira facer algunha modificación na mesma, poderá aportar por rexistro administrativo un escrito dirixido á mesma unidade de validación que a solicitude de inscrición, no cal solicite os cambios na solicitude de inscrición que considere oportunos, SEMPRE que se faga antes da finalización do prazo de presentación de inscricións (neste caso, o 15 de xaneiro). 
Cursos antigos que non teñen o programa impreso no diploma: teranse en conta só os que indiquen a categoría destinataria. 
Nomeamentos a tempo parcial: preguntouse de cal sería a orde de oferta deste tipo de contratos, a resposta foi a seguinte: 
1º opción voluntaria de nomeamentos a tempo parcial da área/zona. 
2º lista xeral da área/zona. 
3º opción voluntaria de áreas limítrofes.
Segundo a Administración contestan que, dada a situación actual, non se dará este caso porque consideran que non se esgotarán as listas. 
Listas de curta duración: na inscrición figurará sempre a opción SI/NON ás listas de curta duración. Naquelas áreas ou zonas nas que estén habilitadas estas listaxes (Anexo II) haberá unha casela na que os aspirantes terán que escoller o centro ao que pretenden anotarse.

Varios
A Administración informa que no mes de decembro nos convocarán para tratar o regulamento das listas de curta duración, e tamén o regulamento da Formación Práctica Específica que se recolle no Pacto. 
Non hai previsión da publicación das listas provisionais de Técnicos Superiores, porque están a ter problemas coa catalogación da experiencia profesional.
Previsións: A Administración informounos de que teñen a intención de que as seguintes categorías en abrir o prazo de inscrición sexan as categorías sanitarias e finalmente o resto do persoal non sanitario. De todas maneiras pretenden ter pechados todos os procesos de inscrición no mes de marzo de 2012.
   

Corrección de erros convocatoria listas de contratación de Técnicos Superiores

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publícase hoxe en DOG unha corrección de erros da convocatoria de inscrición en listas para técnicos, corrixen a orde de prelación das listas de área limítrofe da área de Ourense/zona Verin:

  • CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de outubro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF 

 

Información inscricións listas de contratación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Remiten desde o SERGAS a seguinte información sobre a inscrición aberta para listas de contratación (TEL, TER, TERadioterapia,TEP, Hixienistas Dentais):

Informámoslles que a partir do día 16 de Novembro se comezaron a validar as solicitudes de inscrición das listas que teñan sido confirmadas e entregadas polas persoas interesadas. A partir dese momento, as persoas poderán consultar o estado da validación da súa inscrición, no apartado de procesos correspondente a selección temporal ou promoción profesional, según sexa. Poderán saber en tempo real se a súa solicitude foi validada ou ben rexeitada.
 

De rexeitarse algunha solicitude polas causas previstas relacionadas coas taxas ou por defectos nos formularios, poden subsanarse dentro do prazo de solicitude. Posteriormente, coa publicación das listas provisionais se abrirá un novo prazo de subsanación de erros, pero non comprenderá a subsanación por impago de taxas.
 

A validación da inscrición, será visible en tempo real polas persoas interesadas, polo tanto de non ter aboado as taxas o ter outro defecto nas mesmas o no modelo, poden estar informadas e subsanar dentro do prazo de solicitude.
 

A validación da inscrición realizarase por orde de rexistro de entrada de ditas solicitudes nas unidades de validación polo que as persoas que entreguen as solicitudes con antelación poden subsanar os erros.
 

Apertura de prazo de inscrición listas de contratación Persoal Técnico Superior

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Este venres día 28 publicouse en DOG a resolución que abre o prazo de inscrición nas listas de contratación para o Persoal Técnico Superior das categorías:
1. Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía.
2. Técnico superior en radioterapia.
3. Técnico superior en hixiene bucodental.
4. Técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico (antes TER).
5. Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Os méritos que computarán nesta primeira xeración de listas serán os causados ata o día 15 de novembro de 2011.
Para que a solicitude e os méritos sexan tidos en conta na primeira xeración de listas, deberán estar rexistrados e acreditados antes do día 30 de novembro de 2011. Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o 2 de novembro de 2011 ata o 30 de novembro de 2011. Os méritos computables serán os causados ata o 15 de novembro e acreditados dentro do prazo.
 

Información sobre listas de contratación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Na reunión de Pacto de Selección temporal celebrada no día de hoxe, a Admón presentounos o texto da Resolución que se vai publicar, pola que se abre o prazo para a inscrición nas vinculacións temporais das categorías de persoal Técnico Superior. 

1.-Categorías que se convocan:

                .- Técnico Superior en Anatomía Patolóxica.

                .-              “                         Radioterapia.

                .-              “                         Hixiene Bucodental.

                .-              “                         Imaxe para o diagnóstico (TER).

                .-              “                         Laboratorio e Diagnóstico Clínico.

2.- Presentación e Cómputo dos Méritos:

Os méritos deberán rexistrarse antes do 30 de novembro de 2011.

Os méritos  computados serán os causados ata o 15 de novembro de 2011.

3.-  Publicación no DOG e prazo de inscrición.

 Publicarase no DOG o venres 28 de outubro.

 O prazo de inscrición será do 2 de novembro de 2011 ata o 30 de novembro de 2011.

4.- Xeración das listaxes.

   Pendente de confirmar.
 
5.- Solicitudes de Inscrición:

 Será obrigatoria para todo o persoal que queira figurar nas listaxes.

 A solicitude formalizarase a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do SERGAS, no apartado correspondente FIDES/expediente-e, no apartado procesos.

A solicitude terá unha casilla, de cumprimento obrigatorio,  de declaración de ter a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións.

A solicitude poderá gardarse e imprimir como borrador para que a/o interesada/o comprobe que os datos son correctos. Unha vez confirmada non se poderá modificar. A solicitude impresa presentaranse en calquera dos rexistros oficiais; preferentemente dirixida a unidade de validación onde presentou a documentación.
 
6.- Pago de taxas.

Aquí é onde tiñamos a discrepancia, no texto que envíen recolleran se cando unha/un aspirante se anote en máis dun categoría, por ser estas compatibles, debe de abonar novamente taxas. Ou as taxas son só para a 1ª inscrición. 

Aclaración posterior do SERGAS vía correo electrónico:
 
En relación co pago de taxas para inscripción nas listas, aclaramos o seguinte:
O pago de taxa e obligatorio para a inscrición por primeira vez nunha categoría, e así se desprende do Pacto, que identifica a inscrición en listas coa inscrición nunha categoria. Ademais, cambia a solicitude, que agora debe realizarse unha por categoría, e non unha conxunta coma no anterior Pacto. Isto implica que si a inscripción se realiza nunha categoria distinta, ou se fai en varias categorias compatibles, débese pagar unha taxa por cada solicitude de inscrición.
Temos que ser conscientes do traballo e o custo que esta xerar neste momento o expedient-e, e a cantidade de profesionais adicados ao proxecto no sistema neste momento.
Ademais, xa eliminamos a exención no caso de modificacións na inscrición dentro dunha categoría.
Polo demais, a resolucion non tera modificacións, na axuda da aplicacion xa se aclara q non se admitirán solicitudes corrixidas a man. En canto as áreas limítrofes (Monforte por diante de Santiago para O Barco) estámolo revisando e, de ser o caso, fariamos unha correccion de erros, e no aplicativo xa sairía corrixido.

7.- Publicación das listaxes.

As listaxes publicaranse con carácter provisional, podendo presentar reclamacións no prazo máximo de dez (10)  días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación.

Contra a lista definitiva poderán interpoñer recurso contencioso administrativo, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección de RRHH do SERGAS.

Publicación listas provisionais da convocatoria Automática

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O pasado venres publicáronse na web do SERGAS as listas provisionais da última convocatoria automática de listas de contratación, a do pasado 1 de xullo.

Lembrade que estas foron as últimas listas convocadas de xeito automático segundo as bases do pacto de contratacións anterior, no novo pacto xa non figuran convocatorias automáticas, ao ser anual a xeración de listas.
 

Información Comisión de Seguimento Pacto de Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Comisión de Seguimento do Pacto. 27 de setembro de 2011.


· Información sobre o Expedient-e. Infórmasenos das seguintes cuestións:

-Melloraron o buscador de cursos para que sexa máis sinxelo atopar os cursos que xa están catalogados e evitar duplicidades.

-Incorporaron a comunicación cos/as aspirantes, de xeito que o propio aplicativo avisa se hai algún problema (falta de documentación…).

· Primeira convocatoria de listaxes polo expedient-e.

-Debido ao volume de incorporación de méritos no aplicativo que se produciu, non vai ser posible xerar ningunha lista a día 31 de outubro. En parte porque están comezando a validar toda a documentación e en parte polo problema que podería supoñer no sistema xerar as listas de todo ese volume de datos. Por este motivo, van secuenciar as inscricións e nesta primeira xeración de listas por tandas de varias categorías. Abrirán as inscricións das categorías de TER, TEL, TEAP, TE Radioterapia e Hixienista Dental, nas vindeiras semanas (finais de outubro, ou, como moito, a primeiros de novembro). Nunha segunda fase, iría o persoal de xestión e servizos, e así paulatinamente.

-Para xerar estas primeiras listas remitirase a DOG unha resolución de apertura de inscricións, onde se especificarán claramente o prazo de comezo da inscrición, indicando a data de xeración de listas (data ata a que se contabilizan os méritos), pero non a de publicación definitiva das listas. Nesta primeira xeración de listas, todas as persoas aspirantes desas categorías que queiran figurar nas listas de contratación deben inscribirse, inda que xa formaran parte das listas anteriores. Só pagarán taxas as persoas que se inscriban por primeira vez.
Ler máis

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto