Noticias Persoal Contratacións
 
 

Listaxes provisionais Matronas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Mañá mércores, 15 de decembro, terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as listaxes provisionais de aspirantes a vinculacións temporais na categoría de Matrona e Matrón, tras o rexistro e baremación das solicitudes achegadas ao abeiro da convocatoria extraordinaria  do 22 de novembro de 2010 (DOG do 26 de novembro).

Publicación listas de contratación automáticas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos a seguinte información do SERGAS:

 

O venres, 26 de novembro, terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, tras a resolución das reclamacións interpostas contra as listas provisionais, correspondentes á convocatoria automática do 1 de outubro de 2010.

As categorías obxecto desta publicación son as de:

 

  • Persoal Médico de Familia;
  • Pediatra;
  • Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias;
  • Matrona e Matrón;
  • Persoal de Enfermería (DUE);
  • Cociñeira e Cociñeiro.

Convocatoria extraordinaria para a categoría de matrona/matrón

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos a seguinte mensaxe do SERGAS:

 

O vindeiro venres 26 de novembro terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 22 de novembro, desta Dirección de Recursos Humanos, pola que se formaliza unha convocatoria extraordinaria (Norma 6.3.2) para aspirantes a vinculacións temporais de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde na categoría de matrona e matrón.

 

Faise constar que:

 

1.- Por tratarse dunha convocatoria extraordinaria, a baremación das persoas aspirantes se referirá única e exclusivamente á súa formación académica.

 

2.- As listaxes resultantes se confeccionarán por ámbito de área sanitaria e comprenderán, de ser o caso, a quenda normal e a quenda de promoción interna temporal.

 

3.- O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre as datas do 27 de novembro e o 7 de decembro (ambas incluídas).

 

4.- Os modelos de solicitude se facilitarán nas Direccións Provinciais do Servizo Galego de Saúde, nos centros hospitalarios, nas Xerencias de Atención Primaria e na páxina web www.sergas.es.

Listas automáticas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O venres pasado, día 5 de novembro, foron publicadas na páxina web do SERGAS as listas provisionais das automáticas do 1 de outubro.

Publicación das listas automáticas definitivas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos comunicación sobre a publicación das listas automáticas definitivas:

 

Bo día,

 

Mañán, martes día 5 de outubro, publicaranse as listas definitivas nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

 

 

Un saúdo,


Listas 061

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información remitida polo SERGAS: Resoltas as reclamacións presentadas contra a publicación das listas provisionais da categoría de persoal de enfermería no ámbito do 061, as listas definitivas publicaranse o vindeiro martes 14 de setembro.

Publicación listas automáticas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos do SERGAS a seguinte mensaxe, que anuncia a publicación das listas automáticas de xullo provisionais:

 

Bo día,

Mañán,  martes día 7 de setembro, publicaranse as listas provisionais nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

Un saúdo,

Previsión publicación listas de contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos esta comunicación do SERGAS, inda que polo momento non se cumpriu:

 

Pola presente comunícolles que na xornada do vindeiro luns 19 de xullo, procederase á publicación na web corporativa, das listaxes definitivas derivadas da resolución dos recursos administrativos interpostos contra as listaxes definitivas de vinculacións temporais da convocatoria ordinaria de 1 de abril de 2009 (DOG do 17 de abril) correspondentes ás categorías de Persoal Médico de familia, Puericultor, Persoal médico de urxencias hospitalarias, Pediatra, Odontólogo/a, Matrón/a, Cociñeiro/a.

Polo que respecta ás listaxes de DUE e de TCAE, é previsión deste centro directivo proceder á publicación das mesmas tras os recursos administrativos na data do venres 30 de xullo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto