Noticias Persoal Contratacións
 
 

Publicación listas provisionais contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

listas sergas

 

Hoxe publícase no DOG da RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

  • técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • técnico/a superior en dietética e nutrición
  • técnico/a superior en documentación sanitaria
  • técnico/a superior en hixiene bucodental
  • técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • técnico/a superior en radioterapia
  • técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
  • técnico/a en farmacia

Prazo de presentación de  reclamacións: 10 días hábiles, do 1 ao 14 de febreiro de 2018. 

Contratación en precario... e querennola vender por boa

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Feijóo di que reforzou a sanidade pública con 3141 profesionais. Pero fala de contratos asinados ou de persoas contratadas?

CIG-Saúde denuncia que o persoal asina de media 20 contratos por mes

Nacional - 25 Xan 2018

 

O presidente da Xunta afirmaba onte no Parlamento que nos últimos 23 días se reforzou a rede sanitaria pública galega coa incorporación de 3141 persoas, das que 336 serían persoal médico e 2435 profesionais de enfermería. A CIG-Saúde pídelle a Núñez Feijoo que aclare se estes datos se refiren á contratación de persoas ou ao número de contratos asinados nese período, tendo en conta que o persoal sanitario está a asinar unha media de 20 contratos por mes.

Se falamos de contratos asinados, isto suporía que en realidade, neses 23 días só se incorporaron 16 profesionais médicos, unha cifra ben afastada dos máis de 300 dos que fala Feijóo. Unha situación semellante ocorre coas contratacións do persoal de enfermería.

Hai que subliñar que nestes momentos, na sanidade pública galega, danse casos de extrema precariedade, e mesmo hai médicos e médicas que teñen dous contratos por día: un para realizar a atención ordinaria en primaria pola mañá e outro pola tarde en atención continuada para cubrir as gardas dos PACs.

A falta de profesionais que Feijóo di que a Xunta está paliando coa contratación de persoal de reforzo non é a realidade que existe nos centros de traballo. Os datos que manexa o Goberno galego de cara á opinión pública son datos completamente diferentes aos que teñen as organizacións sindicais, ás que, por certo, o Sergas nunca informa a respecto do número de contratacións realizadas.

Por iso, a CIG-Saúde demándalle ao presidente do Goberno galego que deixe de xogar cos datos e aclare se ese presunto reforzo de 3.141 persoas no Sergas é real ou é un síntoma máis dos recortes na sanidade pública e a precarización laboral.

Ver a noticia en Avantar.

Publicación listas provisionais de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

CIGSAUDElogo

 

Hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

  • celador/a
  • cociñeiro/a
  • grupo auxiliar da función administrativa
  • lavandeiro/a
  • pasador/a de ferro
  • pinche

Ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación de  reclamacións  do 26 de decembro de 2017 ata o 9 de xaneiro de 2018.

Publicación listas provisionais contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

CIGSAUDElogo

 

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria do Sistema público de saúde de Galicia.

Ábrese un prazo de 10 días hábiles, do 21 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018, para presentar reclamacións ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Apertura de listas de contratacións de Enfermeira/o especialista en Enfermaría Pediátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes á formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Pediátrica no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Iníciase o prazo para a inscrición das persoas interesadas na lista de contratacións, na categoría de enfermeiro/a especialista, especialidade de Enfermaría Pediátrica.

Estas lista será compatible coa inscrición nas listas doutras especialidades de enfermaría, así como nas listas de enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, logopeda, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional.

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde mañá 16 de novembro ata o 15 de decembro de 2017, ambos incluídos.
  • Méritos computables: os causados ata o 30 de novembro de 2017 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A precariedade laboral, a realidade do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogoA Consellaría de Sanidade perpetúa a precariedade laboral no SERGAS.

A Lei de Orzamentos do ano 2018 introduce no Capítulo I. Título II. Gastos de persoal o seguinte:

Artigo 14. Contratación do persoal estatutario temporal.

Á cobertura das ausencias do persoal das institucións sanitarias deberán respectar o carácter absolutamente imprescindible da substitución transitoria do persoal. Adecuándose aos principios de responsabilidade na xestión no gasto, atendendo a situación económica e o cumprimento da sustentabilidade financeira

Para o goberno do PP o persoal do SERGAS somos tan só un gasto. O valor do noso traballo para garantir unha boa saúde da poboación e unha boa calidade de vida, simplemente non conta.

A aplicación literal disto vai ser:

Mobilidade do persoal, para cubrir as ausencias cos recursos existentes.

Contratos por días e horas.

Peches de camas para non contratar no período estival.

Redución importante do número de traballadoras/es. O que chaman facer máis con menos.

               CIG-SAÚDE ven denunciando nos últimos anos o incremento desta precariedade laboral no SERGAS. Coa escusa da crise, e dun mellor aproveitamento dos recursos existentes estase a vulnerar os dereitos do persoal temporal.

A precariedade laboral incide negativamente na vida das traballadoras/es e ten unha incidencia negativa sobre a calidade da asistencia que se presta. A nivel persoal impide ter un proxecto de vida normalizado, dificultando a conciliación persoal, laboral e familiar. A nivel asistencial impide a continuidade dos equipos.


Para corrixir isto a CIG-SAÚDE presentou na mesa sectorial varias iniciativas.


  • En maio de 2016 asinamos na mesa sectorial do SERGAS a acta de fin de negociación do pacto de contratacións temporais. A devandita acta recolle o compromiso do SERGAS de constituír un grupo de traballo para a análises e proposta de mellora da xestión de chamamentos e vinculacións temporais. A día de hoxe esta comisión non se reuniu.
  • Existe unha negativa do SERGAS a negociar unha Orde de vínculos que obrigue a adaptar a contratación á causa que a motiva. Ante isto a única intención do SERGAS é impoñer prazas estruturais a media xornada.


                Normalizar a contratación é doado, eliminar a precariedade tamén, só é cuestión que o SERGAS se deixe de comportar como un patrón escravizador.

 

CIG-SAÚDE vai levar isto ao parlamento, solicitando unha nova redacción do artigo 14; para que se respecten os dereitos laborais do persoal temporal.

Descarga aquí o noso panfleto.

Publicación listas definitivas de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

cig informa

 

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías de persoal estatutario.

  • Albanel
  • Carpinteiro/a
  • Costureiro/a
  • Perruqueiro/a
  • Telefonista

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas

PREVISIÓNS DE PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN:

Novembro:

  • Listas   definitivas   de   albanel,  carpinteiro/a,  costureiro/a, telefonista e perruqueiro/a.
  • Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e provisionais de baremación de enfermeiro/a especialista en familiar e comunitaria.
  • Primeira inscrición de enfermeiro/a especialista en pediatría.

Decembro:

  • Listas provisionais de cociñeiro/a, pinche, grupo auxiliar da función administrativa, celador/a, lavandeiro/a e pasador/a de ferro.

 

CIG-Saúde preguntamos pola previsión de publicación das listas definitivas de enfermeiro/a especialista en familiar e comunitaria. Previsiblemente será no primeiro trimestre de 2018.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto