Noticias Persoal Contratacións
 
 

Publicación listas definitivas de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal nas categorías de:

  • calefactor/a
  • condutor/a
  • electricista
  • fontaneiro/a
  • mecánico/a
  • persoal de servizos xerais

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación.

 

Previsións listas de contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info listas contratación

Hoxe na Comisión Central de contratacións remitíusenos a seguinte previsión de publicación:

XUÑO

  • Listas definitivas de calefactor/a, condutor/a, electricista, mecánico/a, fontaneiro/a e PSX.
  • Apertura da primeira inscrición da categoría de Enfermeira/o especialista en Familiar e Comunitaria
  • Listas provisionais de baremación de Grupo técnico  e xestión da función administrativa, Técnico/a superior e grado medio de prevención de riscos laborais, e Técnico/a superior, de grado medio e especialistas en sistemas e  tecnoloxías da información.

XULLO

  • Listas provisionais de baremación de albanel, carpinteiro/a, costureira/o, telefonista e perruqueira/o.

AGOSTO

Non haberá pulicacións neste mes.

SETEMBRO

  • Listas definitivas de Psicólogo/a clínico/a, Farmacéutico/a de atención primaria, Fisioterapeuta, Logopeda, Médico/a asistencial e coordinador do 061, Médico/a do traballo, Odontólogo/a de atención primaria, Terapeuta ocupacional e Traballador/a social.
  • Listas definitivas de Grupo técnico  e xestión da función administrativa, Técnico/a superior e grado medio de prevención de riscos laborais, e Técnico/a superior, de grado medio e especialistas en sistemas e  tecnoloxías da información.
  • Listas definitivas de baremación de albanel, carpinteiro/a, costureira/o, telefonista e perruqueira/o.

 

Publicadas listas provisionais de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

 

Hoxe publícase en DOG a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario Descargar PDF

  • FEA Medicina do traballo
  • FEA Psicoloxía clínica
  • Farmacéutico A.P.
  • Fisioterapeuta
  • Médico/a asistencial 061
  • Médico/a coordinador 061
  • Odontólogo A.P.
  • Terapeuta ocupacional
  • Traballador social

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

Publicadas listas definitivas varias categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cisaudeinformaPublícase hoxe a resolución que dá publicidade ás listas definitivas das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista de saúde mental, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, médico/a de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.

  • Listas definitivas varias categorías. RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Descargar PDF

As persoas interesadas poderán  interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

As listas entrarán en vigor mañá. Ver na páxina do SERGAS

Publicado o insuficiente Plan de Estabilidade do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cigsaudesergaspPublícase hoxe no DOG o Plan de Estabilidade asinado polo SERGAS e algunhas organizacións sindicais. Un Plan de Estabilidade que desde a CIG-Saúde criticamos por insuficiente, por non cubrir as necesidades reais de estabilización, por non recuperar os case 3000 postos de traballo perdidos desde o ano 2010 e porque desde o SERGAS nin sequera o negociaron cos datos enriba da mesa, senón ocultando a información que lle solicitamos unha e outra vez acerca do cadro de persoal.

  • Publicación Plan de Estabilidade. RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas do persoal estatutario. Descargar PDF

A estabilidade laboral é un dereito dos/as profesionais da Sanidade pública, a precariedade laboral só facilita a privatización dos servizos, dificultando a continuidade nos procesos asistenciais.

Desde a CIG-Saúde seguiremos loitando para recuperar todas as prazas de persoal perdidas desde o ano 2010 e os dereitos que foron roubados. Súmate!

Publicada baremación provisional de listas de contratación de PSX e categorías de oficios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info listas contrataciónPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á baremación provisional de listas das categorías de calefactor/a, condutor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a e persoal de servizos xerais:

  • Baremación provisional listas de contratación varias categorías. RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Descargar PDF

Ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá para presentar reclamación tanto ás listas de admitidas/os e excluídas/os coma á propia baremación provisional.

Podes ver as listas no teu Expedient-e e na páxina do SERGAS.

Selección temporal de FEAs: o SERGAS propón unha entrevista que puntúa máis que experiencia profesional e investigación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG INFORMACIG-SAÚDE non pode apoiar un baremo de selección temporal de persoal facultativo no que o maior peso do baremo sexa a entrevista persoal.

O primeiro acordo de negociar un procedemento de selección temporal regrado e con criterios obxectivos para o persoal facultativo de atención especializada data do 13 de febreiro de 2007.

No pacto de contratacións do ano 2011, o SERGAS volveu a comprometerse a negociar o pacto de selección temporal de FEAS, sen que nunca tivera lugar durante a vixencia do mesmo.

Agora, no ano 2017, o SERGAS abriu a mesa de negociación.

Para CIG-Saúde, co baremo de selección temporal para o persoal facultativo que propón o SERGAS, é discutible que o procedemento de selección se realice con criterios obxectivos.

O Plano de Estabilidade aprobado na mesa sectorial do SERGAS o día 17 de marzo, co voto en contra da CIG-SAÚDE, por non ter un censo de profesionais que nos permitise coñecer a realidade da precariedade laboral e por non converter en prazas vacantes todas as prazas xeradas desde o 2010 que levan cubertas con contratos precarios de forma continuada, non pretende rematar en serio coa precariedade laboral.

O Plano de Estabilidade fala da creación de 400 prazas, pero non sabemos a que colectivos corresponde, a que áreas sanitarias, nin cales van ser as especialidades médicas obxecto deste plano.

O que si sabemos é que o baremo de selección de FEAS vai conter:

-          12 puntos de formación.

-          2 puntos por coñecemento de lingua galega.

-          22 puntos de experiencia profesional.

-          4 puntos por investigación e innovación sanitaria.

Non se sabe cantos puntos pretende outorgar o SERGAS á fase de oposición.

Pero o que si di o Plano de Estabilidade é que as convocatorias axustaranse ao previsto no artigo 67 do decreto 206/2005, de selección e provisión:

E isto que quere dicir? que neste baremo incluirase a realización dunha entrevista persoal, á que se lle poderá conceder un máximo de 30 puntos que sería superior á suma da experiencia profesional e toda a produción científica que teña o persoal facultativo.

Desde CIG-SAÚDE non podemos aceptar ese baremo e propoñemos un baremo obxectivo, coma o utilizado para o resto de persoal facultativo: médicas/os de familia, pediatras de atención primaria, odontólogas/os... persoal seleccionado mediante un baremo de méritos, sen entrevista persoal.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto