Noticias Persoal Contratacións
 
 

Publicadas baremacións provisionais de listas de contratación das categorías de Técnicos/as

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informaPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás baremacións provisionais das listas de contratación de varias categorías de Técnico/a: técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

  • Listas de contratación, puntuacións provisionais (categorías de Técnicos/as). RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Descargar PDF
Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá.
.
As baremacións provisionais poden verse na páxina do SERGAS.

Publicadas baremacións provisionais de listas de contratación de varias categorías (celador/a, cociñeiro/a, aux admtvo, lavandeiro/a, pasador/a, pinche)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info listas contrataciónPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás valoracións provisionais de listas de contratación das categorías de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche.

  • RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Descargar PDF

As baremacións provisionais poden consultarse no Expedient-e de cada aspirante ou na páxina do SERGAS.

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Información Comisión Central Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 2 DE DECEMBRO DE 2016

→Información xeral do Pacto:

  • Celador/a, cociñeiro/a, Grupo Auxiliar da Función administrativa, Lavandeiro/a, Pasador/a de ferro e pinche:
    • Publicación das listas provisionais de baremación: finais de decembro
    • Publicación das listas definitivas de baremación: febreiro
  • Todas as categorías de Técnicos/as sanitarios/as:
    • Publicación das listas provisionais de baremación: xaneiro
    • Publicación das listas definitivas de baremación: marzo

Desde a CIG-Saúde solicitamos que as actualizacións, sempre que sexa posible, se adianten á data máxima de publicación das listas definitivas.

→Ponderación da nota da OPE 2006:

Desde CIG-Saúde solicitamos a publicación da fórmula correctora para equiparar a nota 2006 (base de 100 puntos) á nota 2009 (base de 60 puntos). Solicitamos que se exclúa o galego da fórmula ponderando só o exercicio común e específico.

→Proposta de dotación de titulares e suplentes da lista de curta duración:

Desde CIG-Saúde denunciamos que se está a utilizar o pool para o que non está establecido. Solicitamos a revisión das instrucións que regulan as listas de pool.

→Áreas especiais: Desenvolvemento do apartado II.7 do Pacto

Programas formativos e bases.
Entrégannos copias dos programas formativos das áreas especiais.
Ábrese prazo ata o 23 de decembro para remitir as nosas alegacións, e posteriormente convocarán unha nova reunión.

Confírmannos que o persoal contratado (incluso o interino) pode realizar formación práctica específica para o acceso ás áreas especiais.

→Rogos e preguntas

CIG-Saúde solicitamos a posta en marcha do grupo de traballo, acordado na sinatura do novo pacto, para a análise e proposta de mellora da xestión de chamamentos e vinculacións temporais.
Solicitamos a apertura das listas do pacto 2004 que están pendentes de actualizar: varias categorías de mantemento, Telefonista, Perruqueiro/a...
Solicitamos que se nos informe dos procedementos de selección de persoal de xestión e servizos dos grupos A1 e A2, e informático nos que se realizan probas ás que non temos acceso e non coñecemos nin a quen convocan nin os resultados.

Trasladamos ao Parlamento a exixencia da conversión en vacantes das prazas estruturais cubertas en precario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde as centrais sindicais CIG-Saúde, UGT, CSIF, SATSE e SAE fixemos petición formal a todos os grupos do Parlamento para manter reunións sobre a situación do cadro de persoal após as sentenzas da UE que declaran a ilegalidade da contratación temporal encadeada. En resposta a esa petición, fomos recibidas o pasado luns no Parlamento por representantes dos grupos parlamentarios do BNG e do PSdG, que recolleron as nosas demandas de que se estabilice o cadro de persoal, converténdose en vacantes todas as prazas estruturais cubertas con contratos temporais, así como a eliminación completa da taxa de reposición e a recuperación do cómputo de prazas perdido desde o ano 2010 debido á mesma. Onte, martes, tamén no Parlamento, as mesmas centrais sindicais fomos recibidas polo PP, a quen transmitimos a mesa exixencia. O grupo En Marea non respostou á petición feita para ter unha reunión.

Actualización: O mércores 16 de novembro, tivo lugar a reunión co grupo parlamentar de En Marea, ao que se lle trasladou esta mesma mensaxe por parte das centrais sindicais.

A temporalidade é, como vimos denunciando, un lastre para a Sanidade Pública. Para unha Sanidade Pública forte e de calidade, precísase persoal que traballe con estabilidade. E precísase máis persoal que o que actualmente está levando adiante a Sanidade Pública con moito esforzo e enormes cargas de traballo.

Desde a CIG-Saúde non deixaremos de pelexar ata que as prazas estruturais cubertas en precario se convirtan en vacantes e se oferten pola orde estabelecida nas listas de contratación, e posteriormente a oferta de emprego, seguindo os principios de igualdade, mérito e capacidade.

2016110714175640706

Julio Torrado sindicatos sanidade

Aurelio Núñez e Encarna Amigo con representantes traballadores sanidade 02

marea

Exiximos a negociación dun plan de Emprego na Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O conselleiro de Sanidade elude recibir as organizacións sindicais (CIG, CSIF, UGT, SATSE e SAE)
 
Delegados e delegadas da CIG-Saúde, CSIF, UGT, SATSE e SAE concentráronse esta mañá diante da consellería de Sanidade para demandar do SERGAS que se estabilicen as prazas vacantes cubertas de xeito irregular e denunciar tanto a vulneración de dereitos das traballadoras e traballadores como a precariedade laboral.
2016-10-28 concentracion SERGAS 001As organizacións sindicais convocantes exixiron que se respecten os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e un sistema regrado para as contratacións, fronte as contratacións en fraude de lei que proliferan na sanidade pública na actualidade.

Ademais demandaron a cobertura de todas as prazas vacantes cubertas con persoal temporal e a oferta das mesmas por rigoroso orde de puntuación das listas de contratacións nun concurso de traslados e de OPE.

No decurso da concentración María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde engadiu, a estas demandas, a da convocatoria da Mesa sectorial, órgano de representación e negociación. A este respecto asegurou que “non entendemos por que non a convocan porque o goberno está en funcións, pero a administración non. Esta é a primeira vez que se paraliza unha administración despois dun proceso electoral”.

Abuín reclamou tamén un Plan de Estabilidade onde o SERGAS entregue un censo con todo o persoal eventual que está cubrindo prazas vacantes desde o ano 2010 e con posterioridade esas prazas sexan convocadas en Oferta Pública de Emprego.

A secretaria nacional de CIG-Saúde considerou “curioso” que o SERGAS non convoque Mesa sectorial e que porén “si vaia a Madrid  a unha xuntanza da Comisión de Recursos Humanos a dar uns datos que a quen os tería que proporcionar primeiro é aos representantes galegos, porque ten competencias en sanidade que están transferidas”.

Ademais advertiu que xa o propio Feijóo anunciou que estaban traballando sobre os orzamentos de 2017. “Teñen que contemplar estas vacantes como prazas de cadro, porque se non están contempladas nos orzamentos do 2017 non se poden convocar na OPE”.

Xuntanza co conselleiro

As organizacións sindicais convocantes tiñan solicitado desde o día 21 de outubro unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para que este informara dos datos de eventualidade que o SERGAS tiña previsto proporcionar na reunión da Comisión de Recursos Humanos celebrada en Madrid o día 25 de outubro.

Malia isto, a día de hoxe nin sequera recibiron unha resposta confirmando a recepción do escrito entregado vía rexistro.

Por iso hoxe as e os representantes das organizacións sindicais convocantes da mobilización intentaron ser recibidos polo conselleiro ou, no seu defecto, polo Xerente do SERGAS, sen éxito.

O máximo que conseguiron foi o compromiso da secretaria do conselleiro de que se porían, en data indeterminada, en contacto coas organizacións sindicais.

Ante esta situación, anunciaron que solicitarían unha xuntanza con todos os grupos parlamentarios para trasladarlles a problemática laboral que padece o persoal da sanidade pública galega.

Ábrese o prazo para a inscrición de aspirantes persoal funcionario Saúde Pública e administración sanitaria (Lei 17)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
  • RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes a nomeamentos temporais nos postos de traballo do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro). Descargar PDF

Iníciase o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais nos postos de traballo do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), nos colectivos profesionais que se indican a seguir:

1. Clase de inspector/a médico/a.

2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.

3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en medicina e cirurxía, licenciado/a en farmacia, licenciado/a en ciencias químicas, licenciado/a en ciencias biolóxicas, licenciado/a en psicoloxía.

5. Clase de subinspector/a sanitario/a.

6. Clase de ATS/DUE.

  • Prazo de inscrición

5.1. Para a primeira xeración de listas poderanse formalizar as solicitudes desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de novembro de 2016. Os méritos computables serán os causados ata o día inmediatamente anterior ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Concentracións para que o SERGAS estabilice plantillas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

unnamed

 

Esixen ao SERGAS que deixe de contratar en fraude de lei

 

Demandan unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para que informe dos datos relativos a eventualidade e do posicionamento que manteña no Consello Interterritorial

 

O Servizo Galego de Saúde debe abandonar o sistema de contratacións “en fraude de lei” e estabilizar o cadro de persoal. Así o demanron as centrais sindicais que hoxe se concentraban nos hospitais galegos en prol do emprego estábel e de calidade na sanidade pública. Mobilizacións nas que anunciaron unha nova concentración diante do SERGAS o día 18 de outubro e a solicitude dunha reunión co conselleiro de Sanidade para a vindeira semana.

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, que participou na concentración convocada á entrada do Hospital Clínico de Santiago, explicou que para o vindeiro 25 de outubro está anunciada a convocatoria dunha xuntanza do Consello Interterritorial de Sanidade onde se analizará a eventualidade que hai no sistema sanitario público.

Por iso, “exixiu do SERGAS que informe do que alí se acorde e do posicionamento que leve a consellaría de Sanidade, así como dos datos de cadro de persoal pendente de estabilizar”. Unha información que considerou que debería ser posta en coñecemento da Mesa Sectorial xa antes desa xuntanza.

Oferta pública de emprego que estabilice as vacantes “cubertas de xeito irregular”

Precisamente esa eventualidade que será analizada no Consello Interterritorial de Sanidade  e a denuncia da cobertura irregular das vacantes á que adoita recorrer o SERGAS eran as razón polas que se convocaban as concentracións nos centros hospitalarios galegos.

Concentracións convocadas pola CIG-Saúde, CSIF, SATSE e UGT para esixir unha nova convocatoria dese organismo na que se poña fin ás “nefastas” prácticas de contratación. Segundo denuncian, o organismo autonómico “ten interese en manter a precariedade laboral e afondar na vulneración de dereitos do persoal”, e para isto válese de mecanismos irregulares para a cobertura das vacantes con eventuais.

Para rematar con iso, reivindican que estas prazas “emerxan” e se “oferten por rigorosa orde de puntuación nas listas de contratación” para, con posterioridade, seren ofertadas nun concurso de traslados e nunha Oferta Pública de Emprego (OPE), seguindo os principios de “igualdade, mérito e capacidade”.

Finalmente, remarcan que as/os traballadoras/es “acceden a listaxes de contratación polo seu esforzo e méritos”, tendo que superar “máis dun proceso de OPE, anos de experiencia laboral con contratos precarios, e formación continuada”, o que “engade valor ao traballo que desenvolven”. Ese sistema regrado, indican, “non se pode subtituír por un sistema de contratacións en fraude de lei, nin estas prazas se poden cubrir a base de sentenzas xudiciais”.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto