Noticias Persoal OPE
 
 

Calendario OPE-Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS ven de entregarnos o seguinte calendario sobre os procesos pendentes de OPE e Traslados:

 

OPE:

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

12/15 de novembro: Persoal de Enfermaría (ATS/DUE).

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

11 de novembro:

-Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matronas)

- Logopeda

-Perruqueiro/a

- T.E. anatomía patolóxica e citoloxía

Segunda quincena de novembro: Resto de categorías publicadas antes do 18 de outubro.

Finais de novembro:

- TCAE

-Categorías publicadas o 18 de outubro.

- FEA Psiquiatría (OPE 2006)

Primeira quincena de decembro: Persoal de enfermaría (ATS/DUE).

 

TRASLADOS:

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

5 de novembro: todas as categorías excepto TCAE, Persoal de enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

Segunda quincena de novembro: TCAE e Persoal de enfermaría.

Finais de novembro: Médicos/as de familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Finais de novembro/principios de decembro: Todas as categorías publicadas o 5 de novembro.

Segunda quincena de decembro: TCAE, Persoal de Enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

 

ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN:

Todas as categorías iniciais poderían elixir destino na primeira quincena de decembro, incorporándose despois, desde a segunda quincena de decembro ou ben en xaneiro.

TCAE, Persoal de Enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P. poden elixir destino na primeira quincena de xaneiro e poderíanse incorporar a finais do mes de xaneiro de 2011.

 

Publicación OPE (TCAE)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada hoxe no DOG a resolución que publica as puntuacións obtidas polos/as aspirantes da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na  páxina web do SERGAS.

Ábrese prazo de dez días hábiles, contados a partir de mañá, para que os/as interesados /as poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Publicacións OPE e Traslados pendentes

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

En comunicación telefónica co SERGAS recibimos a seguinte información sobre as publicacións pendentes de OPE e Traslados:

 

OPE:

 

TCAE: está enviado a DOG, publicación prevista o mércores 3.

 

DUE: prevese que se publique na semana do 8 ao 12.

 

Traslados:

 

TCAE e DUE: 2º quincena de novembro.

 

Resto categorías (pequenas): falta por procesar, en breve se publicarán en DOG.

Publicacións OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe en DOG a resolución que anuncia a publicación das listas provisionais de puntuación da fase de concurso da OPE 2009 para as categorías de:

  • Cociñeiro

  • Grupo auxiliar da F.A.

  • Persoal de servizos xerais

  • Técnico xestión sistemas e T.I

  • Técnico superior sistemas e T.I.

  • Técnico especialista sistemas e T.I.

Podedes ver os listados de puntuación na páxina web do SERGAS.

O Valedor do Pobo advirte de irregularidades no proceso de OPE do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ao final resulta que non só desde a CIG percibimos indicios de irregularidades na OPE do SERGAS, tamén o Valedor do Pobo acaba de emitir un informe, que podedes ler aqui completo, onde convida á Consellería de Sanidade a tomar, entre outras medidas, a de apartar do proceso selectivo ás persoas que forman parte dos tribunais e deberían terse abstido pola súa relación con aspirantes da OPE. Ademais diso, desde a institución que preside Benigno López, ínstase á Consellería a revisar os procedementos selectivos e definir protocolos de actuación que garantan a confidencialidade dos procesos.

 

Pois iso, que a pesar do que di algún outro sindicato, parece que se confirma que algunha irregularidade houbo, non?

Publicacións OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

Publicacións de hoxe no DOG referentes a:


* Resolución do 1 de outubro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario (albanel, carpinteiro/a, lavandeira/o e pasadora/o de ferro) do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

 

* Resolución do 14 de setembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 21 de maio de 2010, en estimación de recursos en vía administrativa do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario (FEAS microbioloxía e psiquiatría) do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación definitiva da fase de concurso.

Calendario OPE-Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Remiten desde o SERGAS o seguinte calendario de previsión de datas de resolución dos distintos procesos de OPE e Traslados:

 


CALENDARIO OPE E CONCURSO DE TRASLADOS

 

CONCURSO-OPOSICIÓN

 

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

 

11 de outubro:
  • Albanel

  • Carpinteiro

  • Lavandeira

  • Pasadora de ferro

 

18 de outubro:

  • Cociñeiro

  • Grupo auxiliar da F.A.

  • Persoal de servizos xerais

  • Técnico xestión sistemas e T.I

  • Técnico superior sistemas e T.I.

  • Técnico especialista sistemas e T.I.

 

Segunda quincena de outubro:

  • Persoal de enfermaría (ATS/DUE)

  • Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

  • FEA de Psiquiatría (OPE 2006)

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

 

Segunda quincena de outubro:

  • Costureira

  • Enfermeiro especialista en saúde mental

  • Perruqueiro

  • T.E. anatomía patolóxica e citoloxía

Primeira quincena de novembro:

 

  • Resto de categorías, coa posible excepción das últimas publicadas provisionalmente o 18 de outubro.

  • FEA de Psiquiatría (OPE 2006)

 

Segunda quincena de novembro:

 

  • Categorías publicadas provisionalmente o 18 de outubro.

  • Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

 

 

 

CONCURSO DE TRASLADOS

 

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

 

Segunda quincena de outubro:

 

  • Todas as categorías excepto Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

Primeira quincena de decembro:

 

  • Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

 

Segunda quincena de novembro:

 

  • Todas as categorías excepto Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

Segunda quincena de decembro:

 

  • Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

 

ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN OPE/CONCURSO

 

Todas as categorías poderían elixir destino a finais do mes de novembro/ primeira quincena de decembro, incorporándose despois, desde a segunda quincena de decembro, ou ben en xaneiro.

Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P., poden elixir destino en decembro e poderíanse incorporar a finais do mes de xaneiro 2011.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto