Noticias Persoal OPE
 
 

Publicacións OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe en DOG a resolución do 14 de decembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as das categorías de:

 

TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO,

TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I.,

TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I.

TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E T.I.

 

Pódense consultar tamén na páxina web do SERGAS.

Só os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as deberán presentar inescusablemente a documentación esixida, no prazo de quince días hábiles, por razóns de urxencia conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, pois pola contra quedarían excluídos do proceso selectivo.

Calendario OPE-Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta información é a última remitida desde o SERGAS sobre as vindeiras publicacións de OPE e Traslados:

 

Fecha publicación: 22/12/2010

Ámbito: Web/Intranet

Apartado: páxina principal/profesional/recursos humanosOferta Persoal Estatutario 08/09

Categoria/s: técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista de sistemas e t.i., técnico/a de xestión de sistemas e t.i. e técnico/a superior de sistemas e t.i.

Fase: Concurso

Titulo en castellano:  Baremación Definitiva

Título en gallego: Baremación Definitiva

Fecha DOG: 22/12/2010

Fecha Inicio: 23/11/2010

Fecha Fin: 12/01/2011

 

Fecha publicación: finais decembro (segundo disposición DOG)

Ámbito: Web/Intranet

Apartado: páxina principal/profesional/recursos humanosOferta Persoal Estatutario 08/09

Categoria/s:       Grupo auxiliar da F.A. Grupo de Xestión da F.A. e    Persoal de servizos xerais

Fase: Concurso

Titulo:  Baremación Definitiva

 

Aproveitando este correo,  avánzovos as seguintes previsións de traballo de OPE e Concurso de traslados, que pola datas que están a vir, resultaralles conveniente aos/ás interesados/as para organizarse mellor:

 

1. No que queda ata fin de ano haberá a elección de destinos de FEA de Psiquiatría,  que será mediante petición escrita, indicando as prazas de preferencia, previa convocatoria en DOG.

2. A vindeira semana estarán dispoñibles as listaxes de baremación definitiva dos traslados das categorías publicadas provisionalmente no DOG do 5 de novembro, máis electricista, pero antes de seren publicadas terá que comprobarse calquera último erro na identidade de solicitantes,  das prazas ofertadas ou da codificación das resultas.

3. Na próxima Mesa de negociación poderá concretarse con máis certeza a previsión dos primeiros actos de elección dende a segunda quincena de xaneiro.

4. As enfermerías, tanto de OPE como de Traslados, están a revisar as moitas reclamacións recibidas.

5. Os licenciados sanitarios poderían saber xa as prazas adxudicadas en concurso e posteriormente as ofertadas a OPE na segunda quincena de xaneiro.

Investigación sobre filtracións OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos a seguinte mensaxe do SERGAS:

 

Por encargo da directora xeral, paso a comunicarvos que ao longo do día de hoxe, reuniranse na sede dos servizos centrais do SERGAS e sede dos tribunais da OPE 2008, os membros dos tribunais das categorías de PSX, grupo auxiliar da función administrativa (grupo D), persoal de enfermería (ATS/DUE) e grupo administrativo da función administrativa (grupo C) co fin de examinar a información recabada en relación coa investigación instada pola Consellería de Sanidade e analizar as súas consecuencias nos aspirantes implicados.

 

Unha vez que os tribunais adopten as súas decisións, como non pode ser de outro xeito, seredes oportunamente informados.

Cambios en certos tribunais de OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publícanse hoxe no DOG algúns cambios nos tribunais de OPE das categorías de Enfermaría e PSX. Pódense consultar aqui.

Publicacións OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG resolución que fai públicos os listados de baremación definitivos e listados de seleccionados das categorías de: albanel, carpinteiro/a, cociñeiro/a, fisioterapeuta, lavandeiro/a e pasador/a de ferro. Pódense consultar na páxina do SERGAS.

Novas publicacións OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso obtidas polos/as aspirantes das categorias de:

CALEFACTOR/A

ELECTRICISTA

ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A

FONTANEIRO/A

MECÁNICO/A

TRABALLADOR/A SOCIAL

 

Tamén se poden consultar na páxina web do SERGAS.

Modelos para a presentación na OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Debido á demanda do persoal que aprobou a OPE do SERGAS, e que a administración non lles facilita nin o modelo de declaración xurada  nin o de presentación de documentación, deixámosvos aquí 2 sinxelos modelos para facilitar as compañeiras e compañeiros a presentación da documentación requerida polo SERGAS para formar parte da familia estatutaria.

 

Descargar modelo de declaración xurada

Descargar modelo de presentación de documentación

Baremación Provisoria de Persoal de Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución do 8 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en na categoría de persoal de enfermaría (ATS/DUE) de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

 

Publicanse as puntuacións obtidas polos aspirantes da categoría de persoal de enfermaría (ATS/DUE) nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web do SERGAS.

 

Abrése o prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto