Noticias Persoal OPE
 
 

Convocatoria Lei 17

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información remitida polo SERGAS sobre a convocatoria de proceso selectivo do persoal da Lei 17/89

 

Bos días: seguindo indicacións da Dirección Xeral de Función Pública, comunico que a convocatoria do proceso selectivo da Lei 17/89, ten que ser negociada no seo da Mesa Xeral de Negociación de funcionarios. Por esa razón convocouse aos sindicatos da devandita Mesa a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes, día 13 de xullo, ás 10:00 horas na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.


Achégo a convocatoria na que se tiveron en conta algunha das alegacións que foron remitidas.


Salvo que teñandes un gran interés en manter unha reunión ao respecto, manteré a reunión cos sindicatos de Presidencia e logo enviaremos o texto a Función Pública para que sexa incluido no orde ddo día da  Mesa de Negociación meste mes de xullo.


A nosa intención é publicar a convocatoria sobre finais do mes de xullo.

Máis atrasos OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

AVISO

 

Como xa saberedes hoxe tiñanse que publicar no DOG as puntuacións provisionais da fase de concurso das seguintes categorías:

  • Costureira/o
  • Enfermeira/o especialista saúde mental.
  • Fisioterapeuta.
  • Grupo Administrativo da función administrativa.
  • Perruqueira/o.
  • Técnica/o especialista en anatomía patolóxica e citoloxía.
  • Técnica/o especialista en hixiene bucodental.

Pois ben como puidestes comprobar non se publicou nada, postos en contacto co Sergas indican que a publicación será o VINDEIRO LUNS DÍA 12, non dixeron os motivos do atraso. Se ao longo da mañan temos algunha explicación máis concreta publicitarase por este mesmo medio.

Calendario OPE-Traslados mes de Xullo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS ven de enviar a previsión de calendario para este mes de Xullo no que respecta á OPE e traslados. Aqui o tendes:

 

Bos días: A continuación detallanse as previsións sobre as publicacións que terán lugar no presente mes de xullo relativos á OPE e ao concurso de traslados do organismo:

 

1º.- Está previsto que o venres, día 9 de xullo , sexan publicadas no DOG as puntuacións provisionais da fase de concurso das seguintes categorías:

- Costureiro/a .

-  Enfermeiro/a especialista en saúde mental .

-  Fisioterapeuta .

-  Grupo administrativo da función administrativa .

-  Perruqueiro/a .

-  Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía .

-  Técnico/a especialista en hixiene bucodental .

 

2º.- Igualmente,  o luns día 12 de xullo está previsto que sexan publicadas as puntuacións definitivas da fase de concurso da categoría de médico de familia de atención primaria e se abra o prazo dun mes para a presentación da documentación xustificactiva de que se compren os requisitos da convocatoria.

 

3º.- Sobre mediados de xullo serán publicadas as notas provisionais dos exercicios da parte xurídica (cociñeiros) e de coñecemento de galego das categorías de cociñeiro, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX. O prazo para a presentación da documentación da fase de concurso destas categorías estímase que sexa aberto sobre finais do mes de xullo.

 

4º.- Por outro lado se informa que na segunda quincena do mes de xullo poderán publicarse as baremacións provisionais dalgunha categoría máis.

 

5º.- Respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios para mediados de xullo.

 

6º.- Ase mesmo comunicase que o concurso de traslados para categorías de licenciados sanitarios de atención primaria e do resto de categorías (excepto FEAS) será convocado previsiblemente na segunda quincena do presente mes de xullo.

 

7º.- Finalmente,  se estima que sobre mediados do presente mes de xullo serán publicados no D.O.G. as resolución definitivas do concurso de traslados de FEAS así como da OPE de FEAS. Nas devanditas resolucións se anunciarán as datas dos prazos posesorios de ámbolos dous procesos, que será o longo do vindeiro mes de setembro.

 

Convocatorias OPE noutras administracións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Podedes descargar as convocatorias de OPE de:

 

*Celador - Canarias.

 

Castilla-León:

 

* Auxiliar Administrativo

 

* Hematoloxía e Hemoterapia

 

* Cardioloxía

 

* Dixestivo

 

* Técnico Superior en Imaxe para Diagnóstico.

 

* Fisioterapeuta.

Lectura do 3º exercicio do Grupo Técnico da Función Administrativa

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe recibimos o seguinte correo do SERGAS:

 

Bos días: no día de hoxe publicarase na páxina web o anuncio polo que se convoca aos aspirantes do Grupo Técnico da Función Administrativa á lectura do terceiro exercicio, que terá lugar o vindeiro luns, día 5 de xullo, ás 16:00 horas na sala 01 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. (San Lázaro S/N; Santiago de Compostela).

 

NOTA: O SERGAS enviou unha correción sobre a hora, así que, pode existir aínda algún documento informativo que indique que horario é ás dúas da tarde, está mal, o horario correcto é o luns día 5 ás catro da tarde(16 horas).

Escrito á Conselleira

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta mañá remitimos o seguinte escrito á Conselleira sobre as prazas de radiofísicos que non se ofertaron a OPE cando nun principio sí estaban ofertadas:

 

 

Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela.-

 

No proceso  selectivo para facultativos de hospitais convocado segundo a Resolución do 11 de decembro de 2008  recollíase a dotación de 2 prazas de radiofísico hospitalario en Galaria, con destino no novo hospital de Lugo. A unha semana de que o persoal que superou o proceso selectivo puidese escoller destino,  a administración suprimiu os destinos do hospital de Lugo e ofertou estas dúas prazas noutros complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde (CHUS e CHOU).

 

A anulación das dúas prazas de radiofísico hospitalario ven a confirmar que o novo hospital de Lugo non vai  ter servizo de radioterapia, xa que para o funcionamento deste servizo é imprescidíbel a dotación de radiofísicos/as. Na área de radioterapia o radiofísico é o responsábel, entre outras funcións, dos métodos de cálculo e do  control de calidade e funcionamento dosimétrico dos equipos, supervisando os tratamentos desde a dosimetría dos equipos, baseándose isto no  protocolo da OIEA (Organización Internacional da Enerxía Atómica), para obter os mellores resultados terapéuticos e garantir a seguridade.

 

Desde a CIG-Saúde vemos con preocupación a non apertura do servizo de radioterapia  no novo hospital de Lugo para a data na que estaba prevista polo goberno anterior; e parécenos moi preocupante que á data do presente escrito aínda non se teña publicado no DOG o  concurso para adquirir a dotación dos equipos (acelerador lineal).

 

Ler máis

Publicada resolución de elección de prazas FEAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe, tal e como se viña anunciando, a resolución pola que se aproba a relación de prazas ofertadas a FEAS e se lles cita para o acto de elección.

O acto de elección terá lugar mañá sábado día 26, no edificio administrativo da Consellaría de Sanidade, en San Lázaro (Santiago de Compostela). Para ver os horarios de acto de elección por categorías, na propia resolución publicada.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto