Noticias Persoal OPE
 
 

Data dos actos de elección de destino da OPE 2013 (Enfermeira/o e Médica/o de Familia) e cadro de prazas a oferta

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícanse no DOG as resolucións que anuncian as datas dos actos de elección de destinos para as persoas que obtiveron praza na OPE 2013 (categorías de Enfermeira/o e Médica/o de Familia), así como o cadro de prazas a ofertar:

  • Elección de destino OPE 2013 Enfermaría. RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a e se convoca para o acto de elección de destino. Descargar PDF
  • Elección de destino OPE 2013 Médica/o de Familia. RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria e se convoca para o acto de elección de destino. Descargar PDF

O acto de elección de destino para a categoría de Médica/o de Familia terá lugar o sábado, 4 de febreiro de 2017, ás 9.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección de destino para a categoría de Enfermeira/o terá lugar o sábado, 4 de febreiro de 2017, ás 11.30 horas, no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

Os actos de elección desenvolveranse consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa personalidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Contra as resolucións publicadas hoxe, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir de mañá.

Máis información na páxina do SERGAS.

Publicada a Convocatoria OPE 2015-2016 para licenciad@s sanitari@s

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150px

Publícanse hoxe no DOG as resolucións que convocan concurso-oposición para as categorías de Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria.

  • Convocatoria OPE Médico/a Admisión. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica. Descargar PDF
  • Convocatoria OPE FEAs. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área. Descargar PDF
  • Convocatoria OPE Médico/a 061 e MUH. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias. Descargar PDF
  • Convocatoria OPE Odontólogo/a e Pediatra de Atención Primaria. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria. Descargar PDF

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico, e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, remata o 13 de febreiro.

Nesta ligazón tes información para o pago das taxas: Modelo de Autoliquidación de Taxas

Máis información na páxina do SERGAS,  aquí para as categorías da OPE 2015, e aquí para as categorías da OPE 2016.

Publicada convocatoria OPE 2015 para TSPRL, Traballador/a Social e categorías de Técn. Informática

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícanse hoxe no DOG as resolucións que convocan concurso-oposición para as categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Traballador/a Social.

  • Convocatoria OPE 2015 (TSPRL). RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais. Descargar PDF
  • Convocatoria OPE 2015 (Técn. Informática e Traballador/a Social). RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social. Descargar PDF

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico, e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, remata o 10 de febreiro.

Nesta ligazón tes información para o pago das taxas: Modelo de Autoliquidación de Taxas

Máis información na páxina do SERGAS,  aquí para as categorías da OPE 2015, e aquí para as categorías da OPE 2016.

CIG-SAÚDE rexeita na Mesa Sectorial esta convocatoria de OPE de Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais, por insuficiente e frustrante

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

As Ofertas de Emprego Público teñen como obxectivo dar a oportunidade de acadar un posto de traballo na Administración ás persoas aspirantes que baixo os principios de igualdade, mérito e capacidade, e co seu esforzo, superen o proceso. Tamén é obxectivo das OPE estabilizar como persoal fixo a traballadores/as que durante anos veñen prestando servizos, sexa de xeito interino ou temporal. E de non acadarse a condición de fixo, permitir que o persoal poida seguir vinculado como eventual ou interino. Ademais, é outro obxectivo das OPE, recoñecer a traxectoria do persoal fixo mediante os procesos de promoción interna.

O actual concurso-oposición de TSPRL sitúase xustamente na liña contraria a eses obxectivos dunha oferta de emprego:

  • O persoal con vínculo de interinidade ou o persoal temporal que non acade praza nesta OPE, ten nulas posibilidades de volver ser contratado no SERGAS.
  • A promoción interna é residual, frustrando a expectativa das/os traballadoras/es á promoción, negándolles o seu recoñecemento profesional.
  • As persoas que acaden praza, verán limitado o seu dereito de trasladarse a outros lugares, posto que non haberá prazas vacantes ás que facelo.

Estes son os ingredientes desta OPE: número de prazas insuficiente, limitación da promoción interna, un temario insufrible.... Como se pode comprobar, xusto o contrario ao que necesitaría o recoñecemento profesional deste colectivo de traballadoras/es.

Queda patente que a prevención de riscos laborais, é dicir, a saúde laboral das/os traballadoras/es, non é unha prioridade para o SERGAS, posto que o cadro de persoal deste colectivo é o mesmo que no ano 2000. Non se fixo un estudo de necesidades, nin unha adaptación do cadro de persoal ás necesidades reais. A categoría de TSPRL naceu no ano 2000, e o que hai 16 anos naceu ben, convértese agora nun despropósito máis.

CIG-SAÚDE NON AVALA ESTA OPE DE TSPRL. EXIXIMOS UN INTERESE REAL DO SERGAS NA SAÚDE LABORAL DO PERSOAL, E A CONVOCATORIA DUNHA OPE CON TODOS OS POSTOS DE TRABALLO QUE AS NECESIDADES DEMANDAN

 

Información Comisión Técnica de OPE e Mesa Sectorial do 21 de decembro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informaNa Comisión Técnica de OPE a Administración explicou as alegacións das OOSS recollidas (ou non) nos novos borradores entregados:

  • Experiencia Profesional. Desde a CIG alegamos que se mantivera a valoración da experiencia como estaba nas convocatorias anteriores. O SERGAS propuxo unha modificación do valor da experiencia pero en menor medida da proposta inicialmente, cambiando o valor do mes traballado de xeito que o tope estaría en 11,6 anos de experiencia en lugar dos 7 actuais. Rexeitamos esta nova proposta e mantémonos na nosa alegación. Entendemos que este baremo é de futuro, que vai afectar non só a esta OPE senón ás vindeiras e tamén ás listas de contratación, modificar agora o baremo de experiencia vai provocar problemas nun futuro. As persoas aspirantes teñen moi difícil chegar a obter unha praza fixa, pero non por causa do baremo, senón porque se convoca un número de prazas mísero.
  • Incorporan a nosa alegación dun novo apartado de valoración de servizos prestados noutras categorías de distinta área funcional. Pero ao mesmo tempo, modifican as áreas funcionais existentes ata agora, posto que, por exemplo, retiran categorías como PSX ou Aux. Admtvo. da área funcional de informática. Non nos parece oportuno, alegamos que o cadro de áreas funcionais non se pode modificar agora, de repente e nunha convocatoria de categorías concretas. Se hai que revisar o cadro, haberá que revisalo todo na súa globalidade, e non agora, senón nunha reunión ex profeso e de futuro.
  • Promoción Interna. Pedimos en que se ofertara o 50% a P.I. para todas as categorías. Non vemos que sexa oportuno recortar as posibilidades de promoción do persoal fixo.
  • Aceptaron as nosas alegacións a respecto de:

Incorporar no texto unha aclaración sobre a devolución de taxas da quenda de discapacidade, no caso de persoas que acaden a certificación con posterioridade ao fin do prazo de presentación de instancias.

Incorporar no articulado da convocatoria a redacción do cálculo de puntuación para cando hai máis preguntas anuladasque de reserva (aceptada in situ na reunión).

Estender a puntuación adicional por conciliación a todas as quendas e non só a P.I. (aceptada in situ na reunión)

Valorar os servizos prestados de categorías da Lei 17 no apartado cuarto de experiencia (non se recollerá no texto da convocatoria, porque a Admón. entende que coa redacción do punto cuarto, estes servizos prestados deben ser valorados aí).

  • Non aceptaron, ademais das xa expostas, a nosa alegación sobre a supresión do límite de 4 puntos para cursos transversais.
  • Sobre a alegación do tribunal da categoría de TSPRL, a Admón. di que non é obxecto da convocatoria, e que haberá unhas instrucións de tribunais, onde se poderán facer alegacións ao respecto.

Unha vez feitas as roldas de intervencións, coa aceptación das alegacións que recollemos, e mantendo a Administración a súa proposta de puntuación para experiencia profesional e redución da Promoción Interna para as categorías de licenciados/as sanitarios/as e TSPRL, procédese á formalización da Mesa Sectorial.

Na Mesa Sectorial Extraordinaria, convocada só a efecto de aprobar as convocatorias de OPE, reiteramos as nosas alegacións, insistindo en que os problemas polos que a xente vai a OPEs continuadas sen acadar praza non se solucionan modificando a valoración da experiencia no baremo, senón que son derivados da pouca oferta de prazas que hai. Con respecto á convocatoria de TSPRL, salientamos que esta Administración non está realmente interesada na prevención de riscos do persoal, xa que se o estivera, faría un estudo de necesidades ao respecto e adaptaría o cadro de persoal á realidade existente, co que a oferta de prazas destas categorías non sería irrisoria como é; a creación da categoría de TSPRL naceu no ano 2000 cunha boa expectativa que co paso do tempo se foi deturpando ata o que vemos hoxe, unha convocatoria que non satisfai a ninguén.

Rematadas as intervencións das OOSS, cos votos en contra da CIG, CCOO e CSIF, e cos votos a favor de CESM-OMEGA, UGT e SATSE e a Administración, queda finalizada a reunión e pasarán as convocatorias a publicación en DOG.

---------------

Outras informacións:

OPE 2013 (Enfermaría e Médica/o de Familia): están traballando para que a elección de destino poida ser en xaneiro.

OPE CTG: vaise publicar unha modificación de tribunais no DOG, queren darlle un impulso a esta OPE (e non é sen tempo, hai máis dun ano que está convocada).

Información da Comisión Técnica de OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

COMISIÓN TÉCNICA DE OPE DO 25 DE NOVEMBRO DE 2016

Na Comisión técnica de OPE informouse de que se van a convocar 46 categorías, repartidas en 6 convocatorias:

1. FEAs
2. Médico/a de Urxencias hospitalarias, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a asistencial do 061
3. Médico/a de Admisión e Documentación Clínica
4. Odontólogo/a de atención primaria, Pediatra de atención primaria
5. Traballador/a social, Técnico/a de xestión de tecnoloxías da información, Técnico/a especialista
de tecnoloxías da información
6. Técnico/a superior de prevención de riscos laborais

Dannos ata o 9 de decembro para formular alegacións.

Ditas convocatorias pretenden publicalas a finais de decembro de 2016.

Quedan fóra destas convocatorias médico/a de familia, enfermaría e persoal de xestión e servizos (PSX, Aux. Administrativo, celador...) para iniciar a negociación de temarios, baremos... no primeiro semestre de 2017.

Modificacións máis salientables propostas pola Administración:

  • Vaise a reducir o tempo para a realización do exame da parte específica a 150 minutos, en lugar dos 180 da convocatoria anterior.
  • No caso de xestantes que na data de realización da proba poidan estar ingresadas, establécese que deberán comunicar o seu estado de xestación con 72 horas de antelación á data do exame, e deberán xustificar o ingreso nun hospital dentro da Comunidade Autónoma ata 5 horas antes do inicio da proba, para garantir o desprazamento do tribunal ao centro.
  • EXPERIENCIA: A Admon. propón diminuír o valor do mes de servizos prestados na metade en todos os apartados.Neste punto CIG-Saúde posicionouse en contra desta diminución solicitando que se manteña o mesmo valor que ata agora.
  • TSPRL: A Administración propón diminuír a un 25% as prazas a ofertar pola quenda de promoción interna, de tal maneira que serían 14 prazas pola quenda libre, 6 prazas para promoción interna e 1 praza pola quenda de discapacidade. CIG-Saúde solicitou o mantemento da porcentaxe do 50% tal e como se fixo nas últimas convocatorias.

Publicada Baremación Provisional OPE 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á baremación provisional da fase de concurso da OPE 2014 (persoal técnico e outras categorías sanitarias).

  • Baremación provisional da fase de concurso da OPE 2014. RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

As listas coa baremación provisional poderanse ver na páxina do SERGAS, ao longo da mañá serán colgadas aí. (Para a categoría de Técnico/a de Farmacia, aquí)

Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal de selección no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Publicadas as puntuacións definitivas da OPE 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás puntuacións definitivas dos exercicios da OPE 2014 e que dá por finalizada a fase de oposición. As puntuacións publicadas son as das categorías de: Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía (Matrona), Fisioterapeuta,Logopeda,Terapeuta ocupacional, Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía (TAP), Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental, Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico (TEL), Técnico/a Superior en Radioterapia, Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) e Técnico/a en Farmacia (TEF) (da OPE 2015).

As puntuacións poden verse na páxina web do SERGAS. (Para Técnico/a de Farmacia, aquí)

  • Puntuacións definitivas OPE 2014. RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

Estas puntuacións serán tidas en conta para a elaboración das listas de contratación desas categorías na actualización automática de outubro, inda que xa rematara o prazo de inscrición, posto que así se recolle no Pacto de Contratacións:

Se con posterioridade ao 31 de outubro e antes da publicación da lista definitiva de baremación de cada categoría tivese finalizado a fase de oposición dun proceso de selección fixa convocado polo Servizo Galego de Saúde, na xeración de listas que se efectúe teranse en conta, para valorar a maior das puntuacións obtidas nos dous últimos procesos selectivos convocados polo Servizo Galego de Saúde, os resultados deste novo proceso.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto