Noticias Persoal OPE
 
 

OPE 2014. Datas e lugares de exame.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución que anuncia datas, horarios e lugares de exame para as categorías convocadas na OPE 2014:

  • OPE 2014. Datas e lugares de exame. RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

datas de exame

As persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

Os/as aspirantes serán convocados/as nun único chamamento e serán excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan. Non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

De conformidade co establecido na base 8.1.4 da resolución de convocatoria realizaranse na mesma data os distintos exercicios que integran a fase de oposición, en unidade de acto e de tempo, cambiando a súa orde de realización, de ser o caso.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderá utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, e queda prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos, constituíndo causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza deles. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Na páxina do SERGAS pódese atopar a seguinte información, para cada categoría (aquí para Técnica/o de Farmacia):

- Portas de chamamento en función do apelido de aspirantes.

- Mapa de acceso e plano do recinto.

- Persoas admitidas despois da resolución de recursos.

- Adaptacións autorizadas.

 

OPE 2014 (+2015). Aclaración sobre o temario de Técnico/a de Farmacia

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información recibida do SERGAS:

Achégase, para o seu coñecemento, nota aclaratoria emitida polo Tribunal cualificador do proceso selectivo da categoría de técnico/a en farmacia. Esta nota consta publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde para xeral coñecemento dos/das aspirantes.

 

 

 

20160413 nota aclaratoria TEF

 

Ligazón á páxina do SERGAS coa información da OPE da categoría de Técnico/a de Farmacia

OPE 2014 (+2015): Datas de exame

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información remitida polo SERGAS sobre a previsión de datas de celebración dos exercicios de oposición da OPE 2014 (+2015):

Infórmase que está previsto que os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo das categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia, se desenvolvan durante a fin de semana do 28 e 29 de maio, próximos.

Tribunais OPE 2014: novos nomeamentos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG unha resolución con cambios nos nomeamentos dos tribunais da OPE 2014 para a categoría de TER:

  • Tribunal OPE 2014 categoría de TER. RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

OPE 2013 Enfermaría: publicada nova resolución de puntuacións provisionais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxPublícase hoxe no DOG unha nova resolución que dá publicidade ás puntuacións provisionais da fase de oposición da OPE 2013 para a categoría de Enfermeira/o, despois de que na resolución publicada anteriormente se constataran erros:

  • Puntuacións provisionais OPE (Enfermaría) corrixidas. RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 4 de marzo de 2016 relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e ás puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF

O cadro definitivo de respostas que foi publicado a semana pasada é o correcto. Ábrese un novo prazo de reclamacións sobre a puntuación provisional, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Ligazón á páxina do SERGAS onde consultar as puntuacións provisionais (Enfermaría).

Problema coas puntuacións da OPE 2013 (Enfermaría)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importante webInformación SERGAS:

Detectada unha incidencia no proceso de xeración do listado de puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo da categoría de enfermeiro/a, publicado no día de onte na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) informámoslle que nos próximos días darase publicidade no Diario Oficial de Galicia a unha nova xeración do listado. Esta publicación abrirá, novamente, o prazo de reclamación de cinco días hábiles previsto nas bases da convocatoria, non sendo necesaria a presentación polos/as aspirantes, ata esa nova publicación, de ningún escrito de reclamación.

Así mesmo infórmase que a plantilla definitiva de respostas publicada é correcta. A incidencia unicamente afecta ao listado de puntuacións provisionais.

Publicados cadro definitivo de respostas e puntuacións provisionais da OPE 2013

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ao cadro definitivo de respostas dos exercicios de oposición da OPE 2013, así como as puntuacións provisionais da mesma:

  • Respostas definitivas e puntuacións provisionais OPE 2013. RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e ás puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF
  • Respostas definitivas e puntuacións provisionais OPE 2013. RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Publicada a oferta de emprego 2016

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a oferta de emprego 2016:

  • Oferta de Emprego 2016. DECRETO 22/2016, do 25 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2016. Descargar PDF

Lembra que o vindeiro día 10 de marzo (ás 11h desde a explanada do SERGAS) está convocada unha manifestación para denunciar a oferta de emprego e exixir a convocatoria de OPE e traslados co 100% das prazas vacantes. Por un emprego digno para unha Sanidade Pública de calidade.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto