Noticias Persoal Traslados
 
 

Información Comisión Técnica Concurso de Traslados para categorías de licenciadas/os sanitarias/os

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nesta reunión a Admón. fíxonos entrega do borrador da resolución do concurso de traslados de FEAS, e o anexo de prazas da convocatoria. Ábrese un prazo ata o 13 de marzo para enviar alegacións.

Prazas a convocar 599.

Convócanse 599 prazas para as categorías de Facultativas/os de Hospital, Médicas/os de Urxencias, Médicas/os Coordinadoras/es e Asistenciais do 061 e Médicas/os de Documentación e Admisión.

Infórmannos de que neste concurso deixaron fora da convocatoria 3 prazas de alta tecnoloxía no hospital da Coruña: 1 de oftalmoloxía, 1 de ciruxía cardiaca e outra de radiodiagnóstico.

→Bases da convocatoria.

  As bases son coma nas convocatorias anteriores.

  • Persoal con reingreso provisional. Está obrigado a participar e solicitar todas as prazas da área onde está reingresado provisionalmente. De non participar quedaría en excedencia por interese particular.
  • Renuncias e modificacións da solicitude presentada. Durante o prazo de presentación de solicitudes, e por escrito con rexistro de entrada, a/o solicitante poderá presentar a renuncia á solicitude presentada, ou poderá presentar modificacións á mesma. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes non caben nin modificacións nin renuncias.
  • Persoal en situación de excedencia por incompatibilidade no sector público. O persoal que participe desde esta situación deberá presentar por escrito copia da resolución de excedencia.
  • Persoal que concursa desde fóra do SERGAS. Coma en anteriores concursos debe presentar por escrito os méritos rexistrados no FIDES.
  • No baremo puntúase a ser titora/or ou colaboradora/or docente. Páxina 15 do documento.

Fóra deste TRASLADOS SERGASpunto coma CIG-SAÚDE solicitamos que se convocase de inmediato un concurso de traslados para todas as categorías, sanitarias e non sanitarias.

A subdirectora comentou que o plano de estabilidade que van presentar xa contempla o concurso de traslados para o persoal sanitario. Esta plano de estabilidade levámolo agardando desde o mes de decembro.

Para o persoal non sanitario van experimentar co concurso aberto e permanente, isto tamén o levamos escoitando desde fai un ano. Ademais, o concurso de traslados aberto e permanente é unha desas cousas que di o conselleiro que imos ter, e que por iso non podemos recuperar os acordos retributivos. Reiteramos a nosa petición de que neste ano ten que haber unha convocatoria de concurso de traslados para todas as categorías.

ITINERARIOS PROFESIONAIS

Pendente de publicar o decreto. O devandito decreto ten que volver pasar por Mesa Sectorial por unha cuestión do baremo. Nesta reunión fixemos entrega dunha copia da acta da reunión celebrada no 061 coa participación do xerente do SERGAS, onde este se comprometeu ante a representación sindical a que o itinerario profesional ía a estar publicado antes do concurso de traslados. A cumprir, Sr xerente.

Convocatorias de mobilidade interna dos últimos días

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nos últimos días, publicáronse no DOG varias convocatorias de mobilidade interna:

  • Mobilidade interna A Coruña. ANUNCIO do 16 de marzo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se procede a dar publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria para o persoal estatutario fixo das categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Descargar PDF
  • Mobilidade Interna Hospital da Costa. ANUNCIO do 8 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo de determinadas categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e de xestión e servizos do Hospital da Costa. Descargar PDF
  • Mobilidade Interna Vigo. ANUNCIO do 20 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a dar publicidade da Resolución do 19 de abril de 2016 pola que se convoca o procedemento extraordinario de mobilidade interna voluntaria para o persoal estatutario fixo e con destino consolidado, de diversas categorías sanitarias, que após a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro fose obxecto de reasignación no ámbito de atención especializada. Descargar PDF

Corrección de erros da resolución do Concurso de Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe corrección de erros da resolución do Concurso de Traslados. Segundo indica o SERGAS nunha mensaxe, a corrección non altera ningún dos destinos adxudicados nin os prazos de cesamento e incorporación e vén motivada por unha incidencia técnica corrixida de oficio polo Diario Oficial de Galicia ao omitirse na publicación inicial a información relativa a "código praza".

  • CORRECCIÓN de erros Resolución Concurso de Traslados. Resolución do 30 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014. Descargar PDF

 Ligazón á páxina do SERGAS sobre o concurso de traslados.

Documento de instrucións para incorporacións e cesamentos CT Persoal non Sanitario.

Destinos definitivos Concurso de Traslados de Persoal de Xestión e Servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIN TRASLADOSPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade aos destinos definitivos do concurso de traslados do persoal de xestión e servizos, así como abre prazo para a toma de posesión:

  • Resolución Concurso de Traslados Persoal de Xestión e Servizos. RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014. Descargar PDF

O cesamento na praza de orixe producirase o día 15 de outubro e a toma de posesión da nova praza debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Ligazón á páxina do SERGAS sobre o concurso de traslados.

Documento de instrucións para incorporacións e cesamentos CT Persoal non Sanitario.

Información Concurso de Traslados Persoal de Xestión e Servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS SERGASMensaxe chegada do SERGAS:

Infórmase que está previsto que o xoves, 8 de outubro se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva do concurso de traslados das categorías de persoal de xestión e servizos.

Por necesidades organizativas amplíase o prazo de cesamento dos profesionais de modo tal que este se producirá con data de 15 de outubro de 2015, iniciándose ao día seguinte o cómputo dos prazos posesorios.

Publicada lista definitiva de admitidos/as e destinos provisionais do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS SERGASPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as e destinos provisionais para o concurso de traslados de persoal de xestión e servizos do SERGAS:

  • Concurso de Traslados Persoal de Xestión e Servizos, lista definitiva de admitidos/as. RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014. Descargar PDF
 
Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.
Os/As concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais.

Aviso sobre Traslados de Persoal de Xestión e Servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Chegounos esta mensaxe do SERGAS:

Está previsto que o mércores 8 de xullo se publique en DOG a  Resolución pola que se publica a relación definitiva  de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014.

Publicadas listas de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIN TRASLADOSPublícanse hoxe as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación a que dirixise a solicitude de participación no concurso. As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación. As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas na publicación de listados definitivos de admitidas/os e excluídas/os.

  • Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos. RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014. Descargar PDF

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto