Noticias Persoal Traslados
 
 

CIG-SAÚDE demanda do SERGAS unha convocatoria co 100% das prazas a concurso de traslados e a OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Os Plans de Ordenación de RRHH presentados na Mesa Sectorial no ano 2010 e 2013 recollen, na súa totalidade, que o número de traballadoras/es fixas/os que se van xubilar neste período é de 859 traballadoras/es de xestión e servizos, polo que o número de prazas a convocar neste concurso debería ser a suma das 859 máis as que se atopan ocupadas por persoal interino, o que conlevaría unha oferta de prazas moi superior á presentada polo SERGAS.

100X100_PRAZASNo Plan de Ordenación do ano 2010 a Administración recolle que a Mesa Sectorial será informada das reclasificacións que se fagan no cadros de persoal do SERGAS. Agora a Administración aproveita este concurso de traslados para reclasificar as prazas sen información previa. Nin sequera están a cumprir a normas que publican.

Non existe un criterio homoxéneo nas xerencias á hora de convocar as prazas. A impresión que temos na CIG-SAÚDE desta convocatoria é que RRHH do SERGAS toma a decisión de convocar un número x de prazas neste concurso, e reparte esa cifra entre as xerencias.

Non é de recibo que unha Administración Pública convoque un concurso de traslados pensando no interese das empresas privadas que, co beneplácito da Consellaría de Sanidade, se van lucrar a costa do Sistema Sanitario Público. Por iso, para preservar o interese das privadas, neste concurso non se convocan as prazas dos servizos en trámite de privatizar.

Con este criterio de non dotar de persoal fixo os cadros de persoal destes servizos, o obxectivo do SERGAS é poder facilitar o despedimento do persoal interino que na actualidade está a cubrir estas prazas, para que cando chegue a privada, poida cubrir estes postos con traballadoras/es con salarios marcados pola reforma laboral.

Tampouco entendemos por qué, se nesta convocatoria se ofertan a prazas ocupadas por persoal fixo que está en promoción interna, non se ofertan as prazas de promoción interna do persoal estatutario das Fundacións.

Desde CIG-SAÚDE non podemos máis que denunciar que o SERGAS está a convocar un concurso de traslados baseado en dous criterios: coma 1º criterio amortizar prazas de traballadoras/es públicos,  e coma 2º criterio beneficiar os intereses das empresas privadas.  

A CIG-SAÚDE exixe que se convoque un concurso de traslados de persoal de Xestión e Servizos co 100% das prazas: as prazas cubertas por interinas/os e as prazas vacantes por xubilacións non cubertas.  E que con posterioridade estas prazas sexan ofertadas nunha convocatoria de OPE (oferta pública de emprego).

Queremos volverlle lembrar a esta Administración:

COA CIG-SAÚDE NON CONTEDES PARA ESTE PARIPÉ!

Publicadas listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados (méd. de familia, persoal sanitario diplomado e de formación profesional)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
  • RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF
  • RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF

PRAZAS A TRASLADOS DO PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na Mesa Sectorial de onte o SERGAS comunicounos a súa intención de sacar a traslados as prazas que se reflexan no cadro, temos 10 días para alegacións. Mañá daremos cumprida información de todos os temas tratados na Mesa.

Con respecto a isto, as prazas convocadas son as prazas vacantes que están cubertas, as non cubertas para que as van convocar se non se necesitan.

En ourense non convocan as prazas de mantemento:electricitas, calefactores, fontaneiros; estás prazas están dentro do plan de privatización do servizo. Se privatizan para que as van convocar.
En Vigo, anuncian, que é o último concurso de traslados que convocan, xa que cociña, lavandería, mantemento...van ser servizos xestionados directamante pola empresa privada. Tamén vai ser o último concurso de celadoras/es e auxiloiar administrativo, xa que as prazas vacantes destas categorías ofertaránnas a promición interna ao persoal estatutario dos servizos que privatizan.
Como CIG-SAÚDE esiximos a convocatoria do 100% das prazas, que paralicen as privatizacións e que deixen de facer negocio coa sanidade pública.
Do mesmo modo rexeitamos que aproveiten o concurso de traslados para eliminar as prazas de celadoras/es de PACs. Sen entrar a valorar con que categoría se deben de cubrir as prazas de PACs, o que non podemos consentir é que fagan restructuracións de prazas sen informar na mesa sectorial. O seu marabilloso plano de RRHH recolle que as reclasificacións pasarán por mesa sectorial.

DOCUMENTACIÓN COMPLETA:

prazas_PNS.pdf

 

cadro_traslados_PNS

Publicada hoxe a corrección de erros de traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe as resolucións de corrección de erros de traslados de varias categorías:

  • Corrección de erros traslados das categorías de médico/a de familia e pediatra de atención primaria. RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 8 de xaneiro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado deste organismo. Descargar PDF
  • Corrección de erros traslados das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, técnico/a de anatomía patolóxica, fisioterapeuta, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería. RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 8 de xaneiro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional deste organismo. Descargar PDF 

TRASLADOS_SERGAS

O prazo empeza a contar mañá e remata o día 5 de abril.

Lembrámosvos a nota aclaratoria que emitiu o SERGAS ao respecto:

Como nota aclaratoria á remitida por este centro directivo en relación ao concurso de traslados en tramitación informámoslle que está previsto que en próximas datas se publique no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros dos Anexos III e IV da convocatoria que afectará as categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, pediatra de atención primaria, técnico/a de anatomía patolóxica, fisioterapeuta, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

Poderán presentar solicitude de participación neste prazo todas aquelas persoas das categorías afectadas que desexen participar no concurso de traslados, tivesen ou non presentado solicitude de participación no prazo inicial.

Aqueles profesionais das categorías afectadas pola corrección, que tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, desexen modificar algún/s do/s destinos seleccionados, poderán efectualo mediante a formalización a través de Fides/expedient-e e a presentación en prazo na forma disposta na base sétima da convocatoria, dunha nova solicitude de participación, que deixará sen efecto a inicialmente presentada, e na que deberán relacionarse cada un dos destinos seleccionados e a súa nova orde de prelación. Esta solicitude non requirirá a entrega da documentación achegada xunto coa instancia inicial.

Aqueles profesionais que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionados, non terán que realizar ningunha actuación.”

 

Nota aclaratoria do SERGAS sobre a corrección de erros da convocatoria de traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ante a avalancha de dúbidas e preguntas que o persoal formulaba sobre a corrección de erros de traslados comunicada polo SERGAS, a CIG púxose en contacto coa dirección de Recursos Humanos para que emitiran unha nota aclaratoria sobre o tema. Non sen resistencia, aquí chega a nota aclaratoria, xusto o día en que remata o prazo inicial da convocatoria. Lembrade que só as categorías que se recollen nesta nota terán un segundo prazo:


TRASLADOS_SERGASComo nota aclaratoria á remitida por este centro directivo en relación ao concurso de traslados en tramitación informámoslle que está previsto que en próximas datas se publique no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros dos Anexos III e IV da convocatoria que afectará as categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, pediatra de atención primaria, técnico/a de anatomía patolóxica, fisioterapeuta, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

Poderán presentar solicitude de participación neste prazo todas aquelas persoas das categorías afectadas que desexen participar no concurso de traslados, tivesen ou non presentado solicitude de participación no prazo inicial.

Aqueles profesionais das categorías afectadas pola corrección, que tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, desexen modificar algún/s do/s destinos seleccionados, poderán efectualo mediante a formalización a través de Fides/expedient-e e a presentación en prazo na forma disposta na base sétima da convocatoria, dunha nova solicitude de participación, que deixará sen efecto a inicialmente presentada, e na que deberán relacionarse cada un dos destinos seleccionados e a súa nova orde de prelación. Esta solicitude non requirirá a entrega da documentación achegada xunto coa instancia inicial.

Aqueles profesionais que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionados, non terán que realizar ningunha actuación.”

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE TRASLADOS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info_importante_web

Mensaxe recibida hoxe do SERGAS:

Infórmase que logo de que finalice o prazo de inscrición no concurso de traslados convocado por Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 8 de xaneiro de 2014 publicarase no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros do Anexo III (Prazas ofertadas por categoría) e Anexo IV (Prazas a resultas) das respectivas convocatorias e pola que se reabrirán os prazos de participación no concurso polo período dun mes, nas seguintes categorías:

-          Enfermeiro/a

-          Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matrón/a)

-          Médico/a de familia

-          Pediatra de Atención Primaria

-          Técnico/a de anatomía patolóxica e citoloxía

-          Fisioterapeuta

-          Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

-          Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

 

ACLARACIÓN IMPORTANTE:

O motivo de abrir un novo prazo posterior á finalización do primeiro é para que o expediente permita xerar unha nova solicitude. Como é sabido, unha vez confirmada a solicitude o programa non permite facer modificacións, por iso teñen que deixar rematar este prazo, e abrir un novo que permita editar unha nova solicitude. O persoal pode esperar até o novo prazo para facer a súa solicitude, non tén porqué facela agora e repetila despois. Se xa se fixo a solicitude e cando saia a corrección de erros se quere modificar, poderase facer entón. Se a persoa que presentou solicitude no primeiro prazo non se sinte afectada pola corrección de erros, non tén porqué facer unha nova solicitude nin repetir a anterior, seralle válida a que xa presentou.

Importante: fixádevos que o novo prazo é para as categorías especificadas, e só para esas. As persoas das outras categorías sanitarias (enf. saúde mental, logopeda, terapeuta ocupacional, téc. hixiene bucodental, TEL, téc. radioterapia) que queiran participar no concurso de traslados deben facer a solicitude agora, posto que non vai haber novo prazo para esas categorías.

Publicada convocatoria de traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

dogPublícanse hoxe no DOG as resolucións que abren a convocatoria de traslados para categorías de persoal licenciado sanitario, diplomado sanitario e de formación profesional.

  • RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional deste organismo. Descargar PDF 
  • RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo. Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes a través do Expedient-e para as dúas convocatorias comeza mañá día 22 de xaneiro de 2014 e será dun mes, polo que rematará o 22 de febreiro.

Publicada resolución definitiva concurso de traslados FEAs e MUH

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución que fai definitivos os destinos acadados no concurso de traslados para FEAs e MUH e abre prazos de toma de posesión:

  • RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado por Resolución do 10 de maio de 2012. Descargar PDF 

De conformidade co establecido na base décimo segunda da resolución de convocatoria, os/as concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto