Noticias Persoal Traslados
 
 

Publicada resolución definitiva concurso de traslados FEAs e MUH

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución que fai definitivos os destinos acadados no concurso de traslados para FEAs e MUH e abre prazos de toma de posesión:

  • RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado por Resolución do 10 de maio de 2012. Descargar PDF 

De conformidade co establecido na base décimo segunda da resolución de convocatoria, os/as concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Inminente convocatoria de Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info_importante_web

Información recibida do SERGAS sobre a convocatoria de traslados:

Infórmase que está previsto que o próximo martes 21 de xaneiro se publique no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso de traslados das categorías de licenciado sanitario de atención primaria e sanitario diplomado e de formación profesional. O prazo para a presentación de solicitudes e da documentación acreditativa dos méritos é dun mes, que se  iniciará o 22 de xaneiro e rematará o 21 de febreiro, ambos incluidos.

Resolución Traslados FEAs e MUH. Prazos de toma de posesión.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mensaxe chegada do SERGAS, sobre o final do proceso de traslados para MUH e FEAs:

 

Infórmase que está previsto que o próximo día 20 de xaneiro se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva do concurso de traslados das categorías de facultativo/a especialista de área e médico/a de urxencias hospitalarias. Coa publicación desta resolución iniciaranse os correspondente prazos de cesamento e toma de posesión.

 

Remiten, ademais o documento de Instrucións de incorporacións e cesamentos de persoal que se aplicará nese proceso de tomas de posesión.

.

Traslados FEAs, consulta no Expedient-e

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mensaxe recibida do SERGAS:

Infórmase que desde o día 22 de outubro, os profesionais que participaron no concurso de traslados de persoal licenciado sanitario convocado por Resolución do 10 de maio de 2012 poderán consultar no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e/sección de procesos) a puntuación e destino definitivo obtidos no indicado proceso.

A consulta terá carácter meramente informativo. Os prazos de toma de posesión nos destinos adxudicados iniciaranse en xaneiro de 2014, logo da publicación da Resolución definitiva do concurso no Diario Oficial de Galicia. Dita resolución informará dos recursos que cabe interpoñer contra a mesma e prazos de impugnación.

Concurso de traslados FEA de Uroloxía

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicadas onte e hoxe, dúas resolucións relativas ao concurso de traslados de FEA de Uroloxía:

  • RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter provisional, a ampliación, efectuada pola Resolución do 9 de agosto de 2012, do concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde na categoría de facultativa/o especialista da área de uroloxía, convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010. Descargar PDF

 

  • RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os e se resolve, con carácter provisional, o concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal licenciado sanitario na categoría de facultativa/o especialista de área de Uroloxía, convocado por Resolución do 10 de maio de 2012.  Descargar PDF 

 

Concurso de Traslados Licenciad@s Sanitari@s

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución relativa á publicación da relación definitiva de admitid@s/excluíd@s do concurso de traslados para as categorías de Licenciad@s Sanitari@s (agás Uroloxía) así como os destinos provisionais acadados.

  • Concurso de Traslados de Licenciad@s Sanitari@s:  RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, en execución da convocatoria para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado pola Resolución do 10 de maio de 2012 deste centro directivo. Descargar PDF 

Establécese un prazo de 15 días hábiles para posibles reclamacións sobre os destinos provisionais adxudicados.

Concurso de Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos do SERGAS a seguinte información referida ao concurso de traslados en curso (categorías de licenciad@s sanitari@s agás Uroloxía):

A vindeira semana está prevista a publicación dos listados definitivos de admitidos/as e/ou excluidos/as e resultados provisionais de baremación das categorías convocadas no concurso de traslados de licenciados sanitarios, agás os resultados da especialidade de Uroloxía (que están pendentes de que se resolva a ampliación do concurso de traslados de licenciados sanitarios do ano 2010), especialidade para a que está prevista a publicación desta resolución ao longo do mes de novembro. Tamén se publicarán as listas coa adxudicación provisional de destinos. A data exacta da publicación no DOG, na Intranet e no expedient-e seralle comunicada a través de correo electrónico.

Publicada resolución que amplía as prazas a concurso de traslados 2010 na especialidade de Uroloxía

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ven de publicarse hoxe no DOG unha resolución que amplía en 3 as prazas que se ofertaban no concurso de traslados do 2012 de FEA de Uroloxía. Esta ampliación faise por mor dunha sentenza firme que anula o anexo que recolle as prazas ofertadas nesta especialidade (en concreto unha praza) porque entende que deberían ofertarse 3 máis no CHUAC.

Por este motivo, ábrese un prazo no que calquera persoa que na data estipulada na convocatoria dos traslados 2010 (10 de marzo de 2010) cumprira os requisitos establecidos, poida presentar solicitude de traslado para unha de estas 3 novas prazas no CHUAC. Este prazo permanecerá aberto ata o 28 de setembro de 2012.

Pódese consultar a resolución no DOG:

  • RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se dispón a execución da sentenza ditada o 15 de xuño de 2010 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña no procedemento abreviado 88/2010, en relación coa Resolución do 21 de xaneiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde. Descargar PDF

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto