Noticias Persoal Traslados
 
 

Publicados os listados provisionais dos traslados de diversas categorías de persoal Facultativo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 20 de maio de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías de licenciados sanitarios convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010.

 

Ábrese un prazo de quince días hábiles para formular reclamacións contra ela.

 

Web SERGAS Traslados

Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS envía a convocatoria que pegamos abaixo para tratar o tema de traslados sen dar unha resposta sobre se sacan ou non o 100% das prazas. O seu compromiso era respostar nesta semana e non o fan. E convocan a reunión sen que as organizacións sindicais saibamos cal é a súa posición, ou sexa, téñennos totalmente desinformados e así nos fan ir a esa convocatoria. Vaia talante negociador.

 

Bo día:

 

Consonte ao expresado pola directora de Recursos Humanos na pasada reunión, co fin de avanzar na negociación e, en definitiva chegar a un consenso respecto da porcentaxe de prazas a ofertar que permita non dilatar innecesariamenten o concurso de traslados, convócasevos para unha xuntanza o vindeiro martes 25 de maio, ás 12 h, na sala 02.03.

 

TRASLADOS SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Relación de prazas a traslados das distintas categorías que o Sergas achega para a xuntanza do vindeiro martes 18 de maio.

 

Cadro prazas.

Información Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na reunión de traslados de hoxe, para empezar, a Administración nin sequera traía os deberes feitos: só achegou as prazas que pensan sacar de licenciad@s de Atención Primaria (médic@s de familia, odontólog@s, farmacéutic@s e pediatras). Podedes decargar o cadro de prazas abaixo.573-78970-a-traslados

 

Sobre o borrador fixéronse varias alegacións: Como CIG volvimos solicitar que se nos clarificara cómo van baremar á xente de Atención Continuada e a resposta foi que só se baremarán os servizos prestados ás persoas que teñen sentenza e nela se recolle expresamente que a Alta Continuada será computada a efectos de servizos prestados.

 

Sobre as prazas:

  • Os criterios que o SERGAS nos indica que manexou para sacar as prazas de licenciad@s de Primaria foron os que seguen:
  1. Para Médic@s de Familia, sacan a traslados o 100% das prazas de ordinaria, e o resto en PACS proporcionalmente ata cubrir o total de prazas ofertadas a OPE.
  2. Para odontólog@s usan un criterio distinto: antigüidade no posto, de xeito que convocan as prazas que están cubertas desde hai menos tempo.
  3. Para pediatras: o criterio é a necesidade asistencial de cobertura, polo grande problema que teñen á hora de atopar efectivos que cubran certas prazas que son as que sacan.
  • Desde a CIG solicitamos que se renove o acordo de 2006 polo que se facían listas de vinculacións de FEAS segundo o resultado da OPE.

En canto ao resto de prazas que faltan, comentan que posíblemente as terán para mediados de semana e que as enviarán, o máis seguro o mércores. Falarase na próxima reunión, que quedou para o martes 18.

  

♦ Prazas a traslados de licenciad@s de Atención Primaria.

Borrador da convocatoria de traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O SERGAS acaba de enviarnos o borrador da convocatoria de traslados, mais non o acompaña, como sería de esperar, do borrador do cadro de prazas. No seu correo, o SERGAS indícanos que na reunión sobre traslados que terá lugar o luns día 10 só nos facilitarán as prazas de Atención Primaria, quedando as prazas de Especializada para unha posterior reunión, posiblemente o venres día 14.
 

Convocado Concurso de Traslados do Persoal Facultativo de Hospital

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 21 de xaneiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de Persoal Facultativo de Hospital. O prazo de solicitudes é dun mes.

11 e 24 de Febreiro

CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS DE TRABALLO

MOBILÍZATE NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA


Traslados Persoal Facultativo de Hospital

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta é a relación de prazas definitivas que serán convocadas no vindeiro concurso de traslados de persoal licenciado sanitario do Sergas, que serán enviadas ao DOG a vindeira semán.

 

En vermello aparecen todas as modificacións que foron introducidas desde a primeira relación de prazas que  foi facilitada.

 

Por outra banda decirvos que as plazas de radiofísica hospitalaria de Galaria, finalmente se decidiu que foran ofertadas na localidade de LUGO.

 

Descargar

Traslados Persoal Facultativo de hospital

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Arquivo co borrador definitivo da Resolución, aprobada na Mesa Sectorial do día 20, do concurso de traslados de licenciados sanitarios do ano 2010. Descargar

 

Cadro de prazas que se ofertarán coas últimas modificacións introducidas. Descargar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto