Noticias Persoal Xornada, permisos e licenzas
 
 

Xa está ben de roubarnos dereitos!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE informa a todas as traballadoras do SERGAS que se atopen en situación de xestación que teñen dereito ao permiso retribuído recollido na disposición adicional décimo sexta do Estatuto Básico do Empregado/a Público.

O día 31 de outubro de 2015, publicouse no BOE o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, de aplicación a todo o persoal laboral, funcionario e estatutario.

      Na disposición adicional décimo sexta recolle:

“Permiso retribuído en estado de xestación.

      Cada Administración pública, no seu ámbito, poderá establecer para as funcionarias en estado de xestación un permiso retribuído a partir do día primeiro da semana 37 de embarazo ata a data do parto.

No suposto de xestación múltiple, este permiso poderase iniciar o primeiro día da semana 35 de embarazo ata a data de parto.”

As Consellarías de Facenda e Educación da Xunta de Galiza, exercendo as súas competencias, negociaron nas súas respectivas Mesas Sectoriais unha regulación desta norma, e publicárona en cadansúa Resolución.

A CIG-SAÚDE INFORMA ÁS TRABALLADORAS DO SERGAS QUE PODEN SOLICITAR ESTE PERMISO:

“Permiso retribuído para as mulleres xestantes a partir do 1º día da semana 37 até a data do parto, e dende o 1º día da semana 35 en caso de xestación múltiple”

O SERGAS empresa de Saúde, castiga as súas traballadoras xestantes. Mais con Resolución ou sen ela, a Consellaría de Sanidade non pode excluír as traballadoras do SERGAS deste dereito.

Que a Consellaría de Sanidade non publicase ningunha resolución, non quere dicir que as traballadoras xestantes do SERGAS non teñan dereito a este permiso. Simplemente quere dicir que o SERGAS pretende roubarlle este permiso as súas traballadoras.

Estamos fartas/os do roubo que a Consellaría de Sanidade nos fai dos nosos dereitos. Desde a CIG-SAÚDE exiximos a convocatoria inmediata da Mesa Sectorial para iniciar unha negociación que regule tanto este como outros permisos que outras Administracións xa regularon e que o SERGAS segue sen querer recoñecer.

CIGSAUDElogo

Amplíase nunha semana o permiso por parto durante o 2016

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

AMPLÍASE NUNHA SEMANA

O PERMISO POR PARTO DURANTE O 2016

O permiso por parto foi regulado e ampliada a súa duración a 18 semanas no artigo 121 da Lei de Emprego Público publicada en maio de 2015 (DOG nº 82, do 4 de maio de 2015: LEI 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.)

Para a efectividade desta ampliación, a propia Lei de Emprego recolle unha disposición transitoria, con este texto:

Disposición transitoria sexta. Ampliación da duración dos permisos por parto e por adopción ou acollemento.

A duración dos permisos por parto e por adopción ou acollemento establecida na alínea primeira do artigo 121 e na alínea primeira do artigo 122 acadarase progresivamente consonte o seguinte calendario:

a) Dezaseis semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2015.

b) Dezasete semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2016.

c) Dezaoito semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2017 e sucesivos.

 

Polo tanto, durante o ano 2016, o permiso por parto pasa a ser de 17 semanas en lugar das 16 semanas que viñan sendo habitual.

Se queres saber máis ou tes algunha dúbida, contacta connosco por correo, teléfono, redes sociais ou pasa polos nosos locais sindicais.

CIG-Saúde reclama o recoñecemento do dereito do persoal do Sergas ao permiso de até 3 días por enfermidade leve

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Denuncia que queda expresamente excluído e demanda igualdade de dereitos para todas as traballadoras e traballadores da administración pública galega

A CIG-Saúde exixe á Consellaría de Sanidade e ao SERGAS que se aplique o permiso de 3 días por enfermidade, con xustificación médica e sen diminución retributiva, para o persoal que traballa na sanidade pública. Sinala que a consellaría de Educación acaba de aceptar que se manteña ese dereito para o persoal docente e que o que traballa para Función Pública xa o ten contemplado desde 2012.
12-05-15 concentración CIG-Saúde
 

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín lembra que coa aprobación da lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais, impúxose unha redución do 50% do salario das/os empregadas/os públicos nos 3 primeiros días de I.T, que foi ratificada coa Lei de Emprego de Galiza. Unha penalización retributiva por enfermar que non aplicará a consellaría de Educación ao seu persoal.

 “Congratulámonos con esa decisión”, sinala Abuín, quen denuncia que porén “as traballadoras e traballadoras/es do SERGAS, que tamén somos empregadas e empregados da Administración Pública Galega, ficamos expresamente excluídos da aplicación flexible da lei”.

Explica que o persoal dependente da consellaría de Sanidade ten que presentar o parte de IT desde o primeiro día de ausencia por enfermidade, e que o SERGAS procede ao desconto na nómina do 50% do salario por eses días.

Por iso entende que é incomprensible que a lei se aplique de forma distinta en función da consellaría para a que se traballe e denuncia a “especial dureza coa que impón o SERGAS estes recortes néganse rotundamente a negociar unha aplicación máis flexible da norma”.

A isto engade que “non podemos esquecer que o traballo do persoal do SERGAS faise en contacto con persoas enfermas, polo que, por responsabilidade na prestación do servizo, as veces é imposible acudir ao traballo para non causar un mal maior”.

Para Abuín o problema é que á Administración “isto dálle igual, a calidade na prestación é o de menos, o importante é penalizar as/os traballadoras/es”.

Diante desta situación, a CIG-Saúde exixe que, de inmediato o persoal do SERGAS teña dereito a 3 días por enfermidade, con xustificación médica, sen perda da súa retribución.

A noticia en Avantar

Devolución dos Días Adicionais de Libre Disposición e Vacacións: prazo para o seu goce

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe houbo reunión da Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as, onde se nos informou de que os días adicionais de vacacións e libre disposición por antigüidade van ter efectos para este ano e con prazo para o seu goce ata o 30 de abril.

O Director de Función Pública na reunión de hoxe pretendía que as OOSS asinaramos un acordo para a devolución dos días de libre disposición e adicionais de vacacións por antigüidade de xeito que as OOSS nos fixeramos copartícipes desta medida.

Desde a CIG non asinamos nin imos asinar acordo ningún a este respecto, se a Administración eliminou estes e outros dereitos por decreto, non poden pretender agora que sexamos moeda de cambio para os seus anuncios electoralistas. Queremos lembrarlle á Administración do PP que inda nos deben 3 días de libre disposición e a recuperación económica dos acordos asinados e nunca cumpridos, así como outras cuestións como as extras completas, a carreira profesional, etc...

Anuncios electorais, iso é o que nos venden. Primeiro róubannos e cando nos veñen devolver unha mínima parte do que nos roubaron, inda o venden coma se fora un obsequio que teñen a ben facernos, cando non é outra cousa que un intento por mercar votos.

 

Días roubados, xornada aumentada. Que nos devolvan o que nos roubaron!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A PERDA DOS DÍAS DE LIBRANZA QUE NOS ROUBARON, SUPUXO UN INCREMENTO DA XORNADA ANUAL E UNHA PERDA DE DIÑEIRO.

RECUPEREMOS O ROUBADO!

 No ano 2012 o Partido Popular publicou o decreto 20/2012, de 13 de xullo, que regula a perda de dereitos das/os traballadoras/es públicas/os. Eses dereitos que nos roubaron percibíanse nalgún caso desde o ano 1972, coma é o complemento do 100% do salario en situación de incapacidade temporal por enfermidade.

Desde CIG-SAÚDE xa temos explicado como afectaron estes recortes aos salarios, pero como afectaron á xornada e aos días libres?

  • Días de Libre Disposición (L.D.). Desde o ano 2001 por acordo da mesa sectorial do SERGAS o persoal tiña dereito ao goce de 9 días de libre disposición. No ano 2012 o Partido Popular decreta que pasamos a ter 4 días de L.D. Posteriormente incrementaron un día, actualmente temos 5 días de L.D.
  • Días Adicionais de Vacacións. Desde o ano 2003 o persoal fixo tiña dereito ao incremento de 4 días hábiles en función da súa antigüidade.
    • 15 anos de servizos prestados 1 día hábil máis de vacacións.
    • 20 anos de servizos prestados 2 días hábiles máis de vacacións.
    • 25 anos de servizos prestados 3 días hábiles máis de vacacións
    • 30 anos de servizos prestados 4 días hábiles máis de vacacións.
  • Días Adicionais de Libre Disposición. Recollidos na Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público. EBEP. O artigo 48 desta lei recolle o dereito ao goce dun incremento dos días de libre disposición en función da antigüidade do/a traballador/a.
    • As/os empregadas/os públicos terán dereito ao goce de 2 días adicionais ao cumprir o 6º trienio (2 días adicionais de L.D ao cumprir 18 anos de antigüidade)
    • Un día adicional por cada trienio cumprido a partires do octavo trienio (1 día máis a partires dos 24 anos de antigüidade, 2 días máis a partires dos 27 anos de antigüidade, e así sucesivamente)

Roubáronnos 4 días de L.D, isto supuxo un incremento de xornada de 28 h. Roubáronnos estes días adicionais e isto tamén supuxo incremento de xornada. Tamén nos roubaron os adicionais de L.D, co conseguinte aumento de xornada.

Que cada quen bote contas. Se tomamos como referencia a media de antigüidade do persoal do SERGAS a perda está nos 11 días, é dicir que o persoal do SERGAS sufriu como media un incremento de xornada de 77 hs anuais.

ESIXIMOS A DEVOLUCIÓN DOS NOSOS DÍAS NO ANO 2016. E A RECUPERACIÓN DO 100% DO SALARIO EN CASO DE INCAPACIDADE TEMPORAL POR ENFERMIDADE.

QUE NOS DEVOLVAN O ROUBADO!

Permisos para o persoal da Administración Pública de cara ás eleccións do 24 de maio

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta é a orde na que se regulan os permisos para as eleccións municipais do 24 de maio de 2015, para o persoal da Administración Pública.

  • ORDE do 24 de abril de 2015 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 24 de maio de 2015 polo Real decreto 233/2015, do 30 de marzo. Descargar PDF

A Consellaría de Sanidade recorta a maiores os permisos do persoal do SERGAS, xa recortados para o conxunto do persoal público

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CONSELLARÍA DE SANIDADE RECORTA A MAIORES

OS PERMISOS DO PERSOAL DO SERGAS,

XA RECORTADOS PARA O CONXUNTO DAS/OS TRABALLADORAS/ES PÚBLICOS

Onte día 28 de abril o goberno aprobou, en solitario, a súa chamada Lei do Emprego Público de Galiza. O único certo do nome é que é unha Lei, aprobada, iso si, co rolo do PP. Esta Lei foi rexeitada pola CIG por entender que o único que pretende é deteriorar as condicións laborais e eliminar postos de traballo, dar unha maior participación á creación de novos entes, coloquialmente chamados “chiringuitos”, ou poder colocar ao fronte dos mesmos persoas alleas á Administración Pública mediante contratos de alta dirección.

feijoorecortador dereitos laboraisEsta Lei non aposta por uns servizos públicos de calidade, nin por unha Administración transparente, os servizos públicos quedan nunha segunda orde, fronte aos intereses privados.

Ademais, o trato que se da ao persoal estatutario nesta Lei é discriminatorio fronte ao resto dos/as empregadas/os públicos. Isto sempre co consentimento, OU A PETICIÓN, da Consellaría de Sanidade. Só unha das múltiples alegacións presentadas pola CIG-SAÚDE foi aceptada, isto si despois de un longo traballo de denuncia.

O Estatuto Básico do Empregado Público, que tamén é de aplicación ao persoal estatutario, recolle no seu artigo 48.- Permisos, que por accidente ou enfermidade grave ou falecemento de familiares, o persoal terá dereito a 3 días hábiles dentro da localidade e 5 días cando sexa en distinta localidade.

A Consellaría de Sanidade pretendía incluír na Lei de Emprego que ao persoal estatuario se lle aplicase o criterio de área sanitaria e non o de localidade. Unha nova discriminación. Coma se a nosa dor, ou as necesidades de coidar a un familiar enfermo grave fosen inferiores ao resto das/os empregadas /os públicos. Roubar dous días ao persoal do SERGAS debe ser un mérito para colocar no seu currículo.

Despois da presión exercida pola CIG-SAÚDE a Consellaría de Sanidade cedeu e, introduciu na Lei de emprego a seguinte disposición adicional:

Disposición adicionalrocio mosquera 3 primeira. Definicións

c) Localidade, o correspondente termo municipal. Exceptúase o caso do persoal estatutario, para o cal esta expresión enténdese que fai referencia á correspondente área de saúde, agás no caso dos permisos por falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica de familiar, no cal se aplicará o réxime xeral previsto no primeiro inciso desta alínea.

Como se pode comprobar só o aplican nestes supostos, para todo o demais, a partir da publicación desta lei seguirase considerando a área como localidade, só para o persoal estatutario. E nin sequera tiveron a decencia de incluír esta redacción no texto articulado da Lei, no artigo de permisos, ese que é de aplicación as/os empregados públicos, exceptuando, unha vez máis ao persoal estatutario.

Esta Lei entrará en vigor ao mes seguinte da publicación no DOG.

Desde CIG-SAÚDE non imos renunciar a que o persoal estatutario teña os mesmos dereitos que o resto de empregadas/os Públicos. Non podemos consentir que a Conselleira de Sanidade faga méritos a conta nosa. Temos obrigas, e desenvolvemos un traballo de calidade que fai posible a supervivencia do Sistema Sanitario Público. Temos dereito a ser respectadas coma persoas na nosa dor, ou nas nosas necesidades familiares.

Descarga e difunde!

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto