Noticias Persoal Saúde Laboral
 
 

Non á discriminación laboral das embarazadas no SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O DÍA 20, TOD@S Á CONCENTRACIÓN NO HOSPITAL XERAL (VIGO) EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS MULLERES EMBARAZADAS

Non á discriminación laboral das mulleres embarazadas no SERGAS


Este verán nas contratacións do Hospital Xeral aconteceu un feito moi grave. A unha celadora embarazada non lle deixaron asinar o contrato tras o informe da unidade de prevención de riscos laborais (UPRL) declarandoa non apta, cando o procedemento a seguir seria adecuarlle o posto de traballo ou facilitarlle a baixa por maternidade. Tratase de protexelas e non de mandalas para a casa negandolles o dereito a un posto de traballo.

Estar embarazada non é estar enferma, e tense todo o dereito a un posto de traballo, o contrario é cometer un acto de discriminación laboral e sexista vulnerando un dereito fundamental.

Dende o Poder, dende os que gobernan a economía e pretenden gobernar as nosas vidas, decidiron que o modelo de igualdade de mulleres e homes, o modelo da independencia e da autonomía das mulleres non é rendible para os seus intereses, e pretenden impor un modelo tradicional, no que as mulleres asuman o rol familiar e os homes sustentadores o de ‘cabeza de familia’. Un acordo da dereita política e económica que vai, por suposto, da man da Conferencia Episcopal sempre esperando a súa oportunidade para esmagar vidas e liberdades.

Neste modelo vai afondando o Partido Popular, no estado e na Galiza, con cada norma, con cada reforma, con cada recorte, cada vez que un dos seus fala libremente para amosar “a súa superioridade intelectual fronte a unha muller”. Así son e así se manifestan.

Queren que volvamos a ter a consideración de mulleres coidadoras, pechadas na casa, incapaces de decidir, mulleres dependentes e necesitadas esperando a que nos digan o que podemos ou non podemos facer. Mais hoxe, as mulleres traballadoras, as mulleres que enfrontamos as nosas vidas, con toda a enerxía e coraxe, non estamos dispostas a dar ningun paso atrás na conquista dos nosos dereitos.

Por eso dende a Plataforma Galega polo Dereito Aborto e dende os Sindicatos: CCOO, CIG-Saúde e UGT fazemos un chamado a denunciar enerxicamente o feito, de negarlle a unha muller no SERGAS o dereito a un posto de traballo por estar embarazada, pois sentaria un precedente gravísimo en recortes de dereitos das mulleres e do dereito ao traballo que non estamos dispostas nin dispostos a tolerar.

Convocamos pois a todo o persoal do SERGAS e a toda a cidadanía, a que amose a sua repulsa a este feito, apoiando a concentración que terá lugar o mércores día 20 de agosto ás 11:00 h. diante da porta de Urxencias do Hospital Xeral.

Convocan:
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, CCOO, CIG-Saúde, UGT

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto