Ordes de integración de persoal laboral e funcionario do SERGAS
Hoxe publícanse no DOG as Ordes de integración de persoal laboral e funcionario do SERGAS:
- ORDE do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca un novo procedemento para a integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal laboral fixo de entidades públicas adscritas a esta consellería.
- ORDE do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca o sexto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
- Prazo de solicitudes: un mes dende a publicación da orde (do 10 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2019).
- Proceso selectivo do Centro de Transfusión de Galicia: poderán optar pola súa integración no réxime estatutario no prazo da súa toma de posesión.
- Carreira profesional: A solicitude do grao I poderá presentarse no mes seguinte á notificación da resolución estimatoria da integración.
Manifestación en Santiago o 9 de xaneiro ás 19h.
Dende hai anos, as políticas de RECORTES asfixian cada vez máis a nosa SANIDADE. A falta de recursos humanos e sanitarios é xa unha realidade habitual nos nosos hospitais e centros de saúde, con CONSECUENCIAS NEFASTAS PARA AS NOSAS VIDAS.
A Sanidade Pública é un dos maiores bens que como sociedade temos construído dende hai décadas. A situación límite á que a están levando está a ser respondida cada vez con máis forza e en máis sitios: a folga das Urxencias do CHUS, os PACs en pé de guerra, a dimisión masiva dos xefes de servizo de Atención Primaria de Vigo, as movilizacións das ambulancias do 061...
O próximo día 9 DE XANEIRO responderemos de novo, XUNT@S, nunha MANIFESTACIÓN en SANTIAGO. SÚMATE E ESIXE OS TEUS DEREITOS.
A SANIDADE É DE TOD@S E CÓMPRE DEFENDELA.
Máis artigos...
- A CIG traslada á Xunta a proposta de ampliación do permiso de paternidade até 22 semanas en aplicación do acordo a nivel do Estado.
- CIG-SAÚDE INSTA AO MINISTERIO DE TRABALLO PARA QUE O PERSOAL DA SANIDADE TAMÉN TEÑA COECIFIENTES REDUTORES E POIDA CHEGAR ANTES Á IDADE DE XUBILACIÓN.
- CIG-Saúde solicita ao Ministerio de Sanidade a retirada da taxa de reposición.
- A CIG-Saúde denuncia que os vetos do PP desvirtúan a Comisión de Sanidade creada no Parlamento de Galiza
- CIG-Saúde denuncia novamente a falta de pediatras no sistema sanitario galego
- Folga nos PACs