Noticias Persoal Outras novas
 
 

Vaise aprobar a creación da categoría de Técnico en Documentación Sanitaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Por fin, próximamente vaise publicar no DOG o Decreto que introducirá a categoría de Técnico en Documentación Sanitaria. Axuntamos arquivo enviado pola Xunta que empeza dicindo: "O Consello da Xunta reunido no día de hoxe aprobou un Decreto polo que se configura e introduce a especialidade en Documentación Sanitaria na categoría de técnico especialista do Servizo Galego de Saúde...."

 

Descargar

O Ministerio de Sanidade non acepta a Cualificación Profesional de Nivel 2 e Familia Sanitaria para Celadores

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

a-xornalLogo de 2 anos esperando a resolución do CONTRASTE EXTERNO da Cualificación Profesional dos Celadores o Consello Xeral de Formación Profesional do INCUAL, infórmanos á CIG Saúde que o Ministerio de Sanidade non acepta a Cualificación Profesional de Nivel 2 e Familia Sanitaria, e que debido a esto se retira dita Cualificación Profesional.

 

CIG-Saúde ten que decidir os pasos a dar a continuación, para o que convoca unha xuntanza de CELADORES do sindicato para o vindeiro día 5 de maio.

 

Descarga o folleto informativo

Información da CIG Saúde sobre os novos decretos do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cun_megafonoCIG-SAÚDE, quere informar a tódolas/os traballadoras/os, sobre a intención da Consellería de Sanidade de aprobar dous Decretos que definirán as grandes liñas da política sanitaria nos vindeiros 4 anos.

 

Os debanditos Decretos son:

  • Decreto polo que se crea a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, con este Decreto a Administración pretende crear o marco normativo que supere os límites xeográficos das actuais áreas sanitarias, modificando o actual Mapa Sanitario.
  • Decreto de Ordenación de Recursos Humanos, co cal a Administración pretende adaptar as condicións laborais das/os traballadoras/os públicos a esta nova estrutura organizativa de área.

DECRETO XESTIÓN INTEGRADA

No referente á Xestión Integrada CIG-SAÚDE apoia unha xerencia de área sanitaria con funcións de identificación de necesidades de saúde, planificación e xestión asistencial, de saúde pública, saúde laboral e socio-sanitaria, o que posibilitaría un modelo integral de saúde que favorecería o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención co lóxico beneficio ao usuario.

Esta proposta de área integrada non pode condicionar de xeito negativo o futuro desenvolvemento da Atención Primaria.

Pero non podemos confundir a xestión integrada coa intención de modificar os límites xeográficos para facelas máis grandes na súa extensión territorial, co obxectivo de afastar a resolución dos problemas da cidadanía e das/os traballadoras/es.

 

DECRETO PLAN RRHH

Sobre o Decreto de RRHH desde CIG-SAÚDE vemos con preocupación este tema. A pesares que durante moitos anos vimos demandando un Plano de Ordenación de Recursos Humanos que nos permitise falar dunha política integral en materia de persoal que acabase coa permanente sensación de conflitividade no sector, o que acontece con estes documentos é que, en vez de dar unha solución global que permita alinear os intereses do sistema sanitario público cós intereses do seus profesionais, imos contribuír a crear un clima de incerteza permanente.

Os sistemas de mobilidade permanente só achegan novos elementos de conflitividade. Iso si, con isto as/os doentes dificilmente percibirán unha mellora no sistema sanitario.

A Admón sanitaria ten a obriga de adquirir o compromiso coas/os profesionais e as/os cidadáns galegos de dotar con vínculo de fixeza aos cadros de persoal do sistema sanitario público, de acordo coas necesidades asistenciais, e adoptando medidas a prol da plena estabilidade, para por fin á precaridade laboral, facilitando os traslados voluntarios entre as institucións sanitarias.

 

CIG-SAÚDE, presentará diante da Consellería as alegacións pertinentes a estos dous Decretos, solicitándolle que retire os dous documentos e que presenten un novo texto que resolva as necesidades asistenciais e as das/os traballadoras/es.

 

Descarga, imprime e reparte o folleto informativo no teu centro de traballo

 

Por un decreto Xerencia Área distinto

 

Outro Plan de RR.HH é posible

 

 

25 de marzo, folga xeral en Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mañá, día 25 de marzo, está convocada unha folga de 24 horas na Área Sanitaria de Vigo, tanto en Atención Primaria como en Atención Hospitalaria así como en Galaria para protestar pola privatización do novo hospital de Vigo. Ás 20 horas e convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Vigo haberá unha gran manifestación con saída da Vía Norte que percorerrá as principais rúas da cidade.

 

 

MOBILÍZATE POR UNHA SANIDADE PÚBLICA

GRATUÍTA E DE CALIDADE

 

 

XÓGASTE MOITO, XOGÁMONOS MOITO

 

 

HOSPITAL PÚBLICO XA!!!  

CIG-Saúde denuncia que Sanidade vulnera a liberdade de decisión dos profesionais ao impor a colexiación obrigatoria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Considera que a consellaría amosa, unha vez máis o seu desprezo absoluto aos representantes sindicais e á Mesa Sectorial de Negociación.

 

CIG-Saúde denuncia que Sanidade vulnera a liberdade de decisión dos profesionais ao impor a colexiación obrigatoria.

 

Compostela, 24 de febreiro de 2010

 

O pasado 23 de febreiro de 2010 saíu publicada no DOG a Lei 1/2010, do 11 de febreiro , pola que se modifican diversas leis de Galiza para a súa adaptación á directiva 2006/123/CE , Lei que aproveita o Sergas de forma escurantista e sen previa comunicación ás organizacións sindicais para modificar a Lei vixente nesta comunidade autónoma de Colexios profesionais de Galiza. Con esta modificación será obrigatorio para todos os profesionais de Ciencias da Saúde da administración pública que realicen actos profesionais e que teñan como destinatarios os usuarios do servizo público de saúde, a súa colexiación.

 

Desde a CIG-Saúde queremos lembrar que a colexiación obrigatoria é unha norma creada na Lei 2/1974 do 13 de febreiro e modificada posteriormente pola Lei 74/1978 do 26 de decembro, normas claramente preconstitucionais. A CE recolle como requisito para acceder ao emprego público os criterios de igualdade, mérito e capacidade e ningún artigo recolle a obrigatoriedade das/os cidadáns de pertencer obrigatoriamente a un órgano en contra da súa vontade, co que ademais non comparten nin os seus obxectivos nin posíbelmente se poidan sentir representados nel. Así mesmo a Lei 16/1986, Lei Xeral de Sanidade, non outorga no entramado do sistema nacional de Saúde ningún papel aos colexios profesionais nin vincula a asistencia sanitaria pública á obrigatoriedade de integración dos profesionais nos respectivos colexios.

 

Con esta medida que anula a lexislación vixente na comunidade autónoma onde o goberno bipartito recollía a colexiación voluntaria de todos os profesionais, o que fai a consellaría de Sanidade e moi especialmente a súa conselleira, é darlle un papel relevante a quen lle fixo a campaña electoral ou a quen pretende gobernar a consellaría desde a sombra.

 

A CIG-Saúde seguirá defendendo a colexiación voluntaria dos profesionais aos colexios e reclamando que a conselleira de Sanidade respecte a normativa vixente, os preceptos legais e a Constitución Española, que recollen o recoñecemento da participación dos representantes sindicais e dos órganos de representación lexitimamente elixidos na Mesa Sectorial.

 

María Xosé Abuín

Secretaria Nacional de CIG-Saúde



Creada a categoría estatutaria de Técnico en Farmacia

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG de hoxe o Decreto 9/2010, do 21 de xaneiro, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia no ámbito do Servizo Galego de Saúde. Descargar Resolución

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto