Noticias Persoal Outras novas
 
 

Desconvocada a folga prevista para os días 9, 10 e 11 de abril en Atención Primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS recoñece a necesidade de crear un marco de negociación para a Atención Primaria.

CIGSAUDElogo

Compostela, 8 de abril de 2019.- 

As organizacións sindicais convocantes da folga prevista para a Atención Primaria os días 9, 10 e 11 de abril acordaron desconvocala, xunto coas mobilizacións, logo de que se chegara a un acordo na reunión mantida este mesmo luns co SERGAS. Para a CIG-Saúde, deste xeito "o SERGAS recoñece por fin a necesidade de crear un marco de negociación para dar solución á problemática de Atención Primaria".


O acordo contempla:
1. A apertura na mesa sectorial de sanidade dun diálogo sobre atención primaria cara a negociación de todas as reivindicación de contido laboral incluídas na convocatoria de folga presentada, significativamente a dotación de prazas.
2. En relación coas cuestións de carácter asistencial ou organizativas incluídas nas citadas reivindicacións, as mesmas serán canalizadas a través do Consello Técnico de Atención Primaria, órgano colexiado no que estarán representadas, entre outros colectivos, as sociedades científicas, asociación profesionais e sindicatos.
O dito órgano será creado por orde da Consellaría de Sanidade, cuxo borrador foi entregado ás distintas organizacións sindicais convocantes para a formulación de alegacións e xa lle foron incluídas algunhas modificacións.
3. Compromiso das partes de acadar unha solución inmediata ao conflito existente no ámbito dos Puntos de Atención Continuada.
4. Compromiso de mellora do modelo de nomeamento estatutario eventual de continuidade acordado na Mesa Sectorial.
5. As medidas previstas neste acordo irán acompañadas dun incremento orzamentario do programa de gasto de atención primaria á saúde, en función das dispoñibilidades orzamentarias.
6. Durante o mes de abril será convocada a Mesa Sectorial para a análise dos aspectos referidos, así como para a análise das alegacións ao borrador da orde de creación do Consello Técnico de Atención Primaria, que se constituirá na primeira quincena de maio co obxecto de aprobar o seu regulamento de funcionamento interno.

Tal e como se acordou ao remate da xuntanza, esa primeira mesa sectorial, será convocada para o día 26 de abril.
A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín valora que este acordo pon de manifesto o recoñecemento por parte da consellaría de Sanidade da necesidade de crear este órgano de participación para analizar e pór solución ás necesidades da Atención Primaria. "Agardamos que haxa boa fe por parte da consellaría de Sanidade e que as conclusións deste Consello Técnico sexa cumpridas na súa totalidade e co correspondente orzamento para darlles cumprimento".
Máis unha vez, a CIG-Saúde lamenta que sexa necesario recorrer a medidas de presión como a convocatoria dunha folga para que o SERGAS acepte crear un marco de negociación para solucionar os problema de Atención Primaria.
En todo caso a CIG-Saúde advirte que se esa "boa fe" non se traduce en feitos "retomaremos as medidas de presión sen descartar ningunha".

CIG-Saúde aposta por seguir traballando para mellorar as condicións laborais e asistenciais nos PACs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

 

Defende que se traslade ao persoal información “veraz e transparente”

CIG-Saúde aposta por seguir traballando para mellorar as condicións laborais e asistenciais nos PACs

Compostela, 27 de febreiro de 2019.

Foi necesario que PACs en Pé de Guerra se mobilizara durante un ano e que se convocara unha folga indefinida para que o SERGAS tivera a ben presentar, neste mes de febreiro, unha proposta que, tal e como se manifestou na mesa por representantes do comité de folga, atendía no 95% das demandas. Unha proposta sobre a que a CIG-Saúde propón traballar para solucionar, na súa totalidade, as demandas das e dos traballadores dos Puntos de Atención Continuada.

Por iso a CIG-Saúde non entende o posicionamento que defenden CCOO e OMEGA, máis alá de atender os seus intereses, “puramente electorais”, porque “en vez de manter a unidade de acción e sumarse ao traballo conxunto para acadar as demandas, convocaron para esta mesma mañá unha rolda de prensa sen previa reunión coas áreas e as comarcas e máis cando catro persoas do comité de folga presentaron a súa dimisión. Algo do que a CIG non vai participar”.

Para María Xosé Abuín “o que toca é recompoñer esta situación, escoitar por que o persoal rexeitou a proposta, cales son as melloras e obxectivos que percibe que non están aínda contemplados e traballar conxuntamente nese sentido para acadalos”.

Por iso defende que a información referida ás propostas presentadas en Mesa Sectorial se trasladen con transparencia, veracidade e sen manipulación algunha a todas as traballadoras e traballadores para o seu coñecemento e valoración.

A CIG-Saúde aposta polo cumprimento dos Acordos acadados en 2008 -que leva desde aquela demandando que se apliquen- para mellorar as condicións laborais e asistenciais. Unha mellora pola que seguirá loitando incansablemente. Entende ademais que “asinar acordos co SERGAS non é un fin en si mesmo, senón acadar esas melloras”.

 

Ordes de integración de persoal laboral e funcionario do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícanse no DOG as Ordes de integración de persoal laboral e funcionario do SERGAS:

 

  • Prazo de solicitudes: un mes dende a publicación da orde (do 10 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2019).
  • Proceso selectivo do Centro de Transfusión de Galicia: poderán optar pola súa integración no réxime estatutario no prazo da súa toma de posesión.
  • Carreira profesional: A solicitude do grao I poderá presentarse no mes seguinte á notificación da resolución estimatoria da integración.

Manifestación en Santiago o 9 de xaneiro ás 19h.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Cartaz manifestación 9 xaneiro Página 1

Dende hai anos, as políticas de RECORTES asfixian cada vez máis a nosa SANIDADE. A falta de recursos humanos e sanitarios é xa unha realidade habitual nos nosos hospitais e centros de saúde, con CONSECUENCIAS NEFASTAS PARA AS NOSAS VIDAS.

A Sanidade Pública é un dos maiores bens que como sociedade temos construído dende hai décadas. A situación límite á que a están levando está a ser respondida cada vez con máis forza e en máis sitios: a folga das Urxencias do CHUS, os PACs en pé de guerra, a dimisión masiva dos xefes de servizo de Atención Primaria de Vigo, as movilizacións das ambulancias do 061...

O próximo día 9 DE XANEIRO responderemos de novo, XUNT@S, nunha MANIFESTACIÓN en SANTIAGO. SÚMATE E ESIXE OS TEUS DEREITOS.

A SANIDADE É DE TOD@S E CÓMPRE DEFENDELA.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto