Inicio
 
 

Outras novas de Persoal

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CIG traslada á Xunta a proposta de ampliación do permiso de paternidade até 22 semanas en aplicación do acordo a nivel do Estado.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG área pública

A aplicación desta medida suporía a equiparación co permiso de maternidade e un impulso á corresponsabilidade nos coidados das nosas fillas e fillos.

A ampliación do permiso de paternidade até equiparalo no 2021 co permiso de maternidade é xa unha realidade que comezará a aplicarse en xaneiro do 2019 no ámbito da Administración Xeral do Estado tras un acordo entre o Ministerio de Política Territorial e Función Pública e as organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral, incluída a CIG.

No marco das negociacións para a modificación da Lei 2/2015 de Emprego Público de Galiza, a CIG trasladou toda unha batería de medidas para mellorar as condicións de conciliación familiar de todo o persoal da Xunta, desde o docente ao sanitario pasando polo da administración xeral. Entres estas propostas estaba o incremento dos permisos de paternidade e maternidade até conseguir que cada un deles acade, con carácter intransferíbel, os 12 meses de duración.
 
Somos conscientes de que esta é unha medida que require de prazos para a súa consecución e xa nos últimos anos instamos á administración galega a dar pasos nesa dirección. Para o ano 2019 a Xunta xa avanzou a súa intención de incrementar o permiso de maternidade até as 22 semanas, mais deixou inicialmente sen tocar o incremento do permiso para a outra persoa proxenitora, á espera de como rematasen as negociacións abertas en Madrid.
 
Acordo en Madrid: 16 semanas de permiso de paternidade no 2021.
 
No ámbito do Estado asinouse un acordo o pasado 29 de outubro centrado no permiso de paternidade. Este acordo implica o incremento paulatino até acadar as 16 semanas no 2021, o que supón a mesma duración do permiso de maternidade, que nese ámbito non tivo melloras como aconteceu en Galiza nestes últimos anos, onde foi aumentando de 2 en 2 semanas até chegar ás 22 a partir de xaneiro de 2019.
 
Ese acordo foi subscrito por catro das organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral da AXE (Administración Xeral do Estado), entre as que se encontra a CIG, e estas son as novidades (actualmente o permiso de paternidade é de 5 semanas).
 
O criterio dun permiso intransferíbel vén sendo defendido desde hai anos pola CIG, como mellor camiño cara o fomento da corresponsabilidade no coidado das nosas crianzas entre ambas persoas proxenitoras. O feito de que a maior parte do permiso non vaia ser simultáneo incide precisamente nesta vía de romper con roles perpetuados polo patriarcado que son claramente discriminatorios coas mulleres.
Cadro paternidade
A CIG demanda un paso adiante da Xunta de Galiza, até acadar as 22 semanas no 2021 e pactar un plan plurianual de incrementos até acadar os 12 meses para cada permiso.
 
Tendo en conta o obxectivo final fixado pola CIG (12 meses intransferíbeis para cada permiso) e os propios pasos dados pola Xunta nestes últimos anos no aumento da duración do permiso de maternidade, a CIG trasladoulle a Función Pública que o incremento do permiso de paternidade para o persoal da Xunta se acompase co propio permiso de parto, elevando a un mínimo de 22 semanas o permiso de paternidade no 2021, e sempre adaptándose ás posíbeis ampliacións do permiso de maternidade.
 
A CIG trasladoulle a Función Pública a necesidade de acadar un pacto plurianual para aumentar ambos permisos e emprazou á Xunta a incorporar os cambios na Lei 2/2015 para conseguir a súa efectividade desde o 1 de xaneiro de 2019. Debido ao avanzado dos prazos de negociación da Lei sen que a administración galega atendera as demandas iniciais da CIG e tendo xa superado o trámite parlamentar , desde o sindicato instamos ao goberno galego a que, de non se poder incorporar na reforma da Lei, se arbitren as medidas legais necesarias para que todo o persoal da Xunta poida ver aumentado o permiso de paternidade no sentido das nosas demandas e do acordo no Estado xa a partir de xaneiro de 2019.
 
CIG ÁREA PÚBLICA
 
 
 

CIG-SAÚDE INSTA AO MINISTERIO DE TRABALLO PARA QUE O PERSOAL DA SANIDADE TAMÉN TEÑA COECIFIENTES REDUTORES E POIDA CHEGAR ANTES Á IDADE DE XUBILACIÓN.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

CIG-SAÚDE, en condición legal de sindicato mais representativo a nivel de Galiza e conforme ao artigo 7.1 da Lei Orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de liberdade sindical, ven de solicitar ao “MINISTERIO DE TRABAJO, MIGRACIONES Y SEGURIDAD SOCIAL” que inicie o procedemento para establecer coeficientes redutores e anticipar a idade de xubilación no persoal das bases medicalizadas do 061.

“Que, ao amparo do disposto no artigo 10 do Real Decreto 1698/2011, de 18 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico e o procedemento xeral para establecer coeficientes redutores e anticipar a idade de xubilación no sistema da Seguridade Social, formula SOLICITUDE DE INICIACIÓN DO PROCEDEMENTO de coeficientes redutores da idade de xubilación para o persoal sanitario asistencial (médicas/os e enfermeiras/os) dos servizos públicos de urxencias e emerxencias sanitarias SAMU 061, tanto da base simple (ambulancia de soporte vital avanzado), como de base dobre (helicóptero HEMS [Helicopter Emergency Medical Service] e ambulancia de soporte vital avanzado)”

Desde hai tempo a CIG-SAÚDE ven demandando que se cree un réxime especial para que o persoal que traballa na sanidade pública teña coeficientes redutores para o acceso á xubilación. É dicir, que o persoal se poida xubilar anticipadamente cos mesmo efectos como se a xubilación se producise aos 65 anos, ou aos 67 que regula a actual norma.

Agora decidimos iniciar, unha vez mais, esta reivindicación co persoal das bases medicalizadas do 061, por que este colectivo reúne todas as condicións que se establecen noutros ámbitos: bombeirxs, policías…

CIG-SAÚDE vai seguir demandando o coeficiente redutor para todas as categorías.

Imos conseguir que un colectivo da sanidade pública teña dereito a este coeficiente redutor, para que despois este dereito se amplíe a outros colectivos e a todxs xs traballadorxs da sanidade.

Infórmate, participa e defende os teus dereitos

CIG-Saúde solicita ao Ministerio de Sanidade a retirada da taxa de reposición.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

CIG-Saúde vén de remitir á nova Ministra de Sanidade un escrito instando a que se elimine a taxa de reposición na Lei de Orzamentos do 2019 que se está a negociar.

Reiteramos a nosa petición de que se elimine a taxa de reposición e as súas fórmulas de cómputo, para que na Mesa Sectorial do SERGAS poidamos negociar un plan de emprego que permita recuperar, con estabilidade, os postos de traballo do ano 2009. Ademáis, a eliminación da taxa de reposición permitiría incorporar ao sistema as/os profesionais que se necesitan para atender novas demandas asistenciais.

Escrito á Ministra.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto