Noticias Sanidade Pública Mesas Sectoriais
 
 

A nosa posición na Mesa Sectorial sobre o PORH

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Non sabemos que terá o PP que é capaz de impor a algunhas organizacións sindicais o seu modelo sanitario sen ningún custe.

 

O día 27 de xullo,  previa á xuntanza da  Mesa Sectorial, tivemos unha reunión das organización sindicais para valorar os documentos de xestión integrada e  plan de ordenación de RRHH, nesa reunión, aparentemente,  todas/os coincidiamos no diagnóstico da situación, e na necesidade de rexeitar os documentos.

 

Na reunión de M.S do 27 de xullo as O.O.S.S. demos lectura ao escrito conxunto; solicitábamos a retirada dos dous documentos.

 

Pero un día despois, o día 28 de xullo,  preténdese que asinemos un documento onde se lle pide á Administración que desenvolva as disposicións transitorias do documento de Plan de Ordenación de RRHH, é dicir, xa nos vale o texto do documento e só se pide que se negocie na Mesa Sectorial. A resposta da CIG-SAÚDE  foi que nós non podiamos asinar, xa que para a CIG-SAÚDE o que está en cuestión é o modelo de política sanitaria e non iamos a entrar no xogo da Admón.

 

Como se pode comprobar e, por outra parte, como xa teñen por costume, entran no xogo, xa non se discute o modelo, se non que a Admón non tome ningunha medida que non pase pola M.S.

 

En todo caso, na reunión conxunta quedouse en ter unha nova reunión de todas as O.O.S.S. en setembro, onde se valorarían as medidas a tomar. Veremos, pois, o que se decide nese momento.

 

Posicionamento da CIG-SAÚDE na M.S do 27 de xullo de 2010


O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senon unha norma que lle permita a Admón xogar cas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das  súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras , globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

 

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

 

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñaran tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

Desde CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

Este é o noso posicionamento e seguiremos a defendelo.

Información sobre a Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 27 DE XULLO DE 2010.


Previa á reunión de Mesa Sectorial tivemos unha reunión das organizacións sindicais, agora parece que todas as organizacións sindicais coincidimos no diagnóstico do que está a facer o SERGAS coa política sanitaria e moi particularmente coa política de persoal.

Unha vez iniciada a xuntanza de Mesa Sectorial, a Directora de RRHH do SERGAS pretende dar por aprobado o Plan de Ordenación de Recursos Humanos (PORH), limitando o debate do documento á periodicidade coa que se convocarían os concursos de traslados e OPE. O resto do articulado do documento  parece que non ten máis debate, pois a Admón non acepta ningunha das alegacións presentadas e dá por rematada a negociación. A súa intención é publicar o PORH mediante unha Resolución de Orde, para a axilizar a súa entrada en vigor, por iso non o tramitan como Decreto xa que canto antes sexa efectivo seica mellor.

Na quenda de intervencións das organizacións sindicais demos lectura ao escrito conxunto, por parte da Admón comunicóusenos que o consultarían coas instancias superiores e daríannos a contestación pertinente. A nosa impresión é que por parte do SERGAS onte deron por rematada a negociación.

 

Conclusións de CIG-SAÚDE sobre o PORH.


Na rolda de intervención como CIG-SAÚDE, denunciamos unha vez máis a actitude da Admón. É impresentable que unha Admón pretenda sacar adiante dúas normas de tanto calado sen o mínimo consenso sindical.

O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senón unha norma que lle permita a Admón xogar coas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras, globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñarán tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

No mes de setembro teremos unha nova reunión das organizacións sindicais de Mesa Sectorial para analizar as posibilidades de adoptar medidas concretas contra os dous documentos do Sergas: xestión integrada e PORH. Independentemente das actuacións que poidamos facer de futuro co resto das organizacións, nós faremos unha campaña intensiva de explicación dos documentos do SERGAS e das nosas alegacións.

 

Información Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nesta reunión abordáronse os temas que estaban incluídos na orde do día e outros temas que plantexamos coma CIG-SAÚDE.

 

Orde do día:

1.- Decreto de Xestión Integrada.

2.- Decreto de Ordenación de Recursos Humanos.

3.- 4º grao réxime extraordinario de carreira, pendente de convocar.

Ler máis

Resumo da Mesa Sectorial do 1 de xullo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Os puntos que se trataron foron os seguintes:

  • Proxecto de Centro de servizos multicanle: o teléfono único do Sergas.
  • Temas relativos á OPE
  • Información sobre o Protocolo entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e a Deputación Provincial de Lugo aos efectos de levar adiante o proceso de traspaso dos medios de carácter persoal dos Hospitais Provincial “San José” e Psiquiátrico “San Rafael”. 
  • Cuestións acerca da Orden de confección de nóminas do 24 de xuño de 2010. Déronnos unha
  • Excedencia para coidado de fillos e familiares.

Ler o texto completo

Orde do día para a Mesa Sectorial do xoves

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Chegounos por fin a orde do día para a Mesa Sectorial do xoves día 1. Estes son os temas a tratar:

 

  • Proxecto de Centro de servizos multicanle: o teléfono único do Sergas.
  • Temas relativos á OPE:
  1. Comisión técnica de mellora continua de procesos selectivos
  2. Posibles listaxes de vinculacións de FEAS que resulten cesados na OPE 2008.
  3. OPE Facultativos Especialistas de Área en Psiquiatría 2006.
  • Información sobre o Protocolo entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e a Deputación Provincial de Lugo aos efectos de levar adiante o proceso de traspaso dos medios de carácter persoal dos Hospitais Provincial “San José” e Psiquiátrico “San Rafael”.
  • Cuestións acerca da Orden de confección de nóminas do 24 de xuño de 2010.
  • Excedencia para coidado de fillos e familiares.

Convocatoria Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O SERGAS ven de convocar Mesa Sectorial para o vindeiro venres 25 de xuño de 2010 ás 11:00 horas. Non temos inda orde do día.

Mesa Sectorial 2.6.2010: Drogodependencias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na información sobre a mesa sectorial do día 2 quedounos pendente o punto sobre o tema das Drogodependencias. Facilitámosvos agora esa información:

 

A petición de CIG-Saúde tratouse este tema na Mesa Sectorial, xa que reiteradamente viñamos demandando información sobre este tema. Por parte da Administración facilitounos a información Fernanda López Crecente, que é unha Subdirectora de Asistencia Sanitaria. A información facilitada non foi nin cuantitativa, nin cualitativa, non sabia moito do que se ía a facer. A súa información foi a seguinte:

  • As subvencións terán un recorte do 5%
  • Na próxima semana asinarán os acordos coas asociacións privadas
  • Están a rematar o convenio que asinaran coa FEGAMP, que será quen reparta a subvencións correspondentes aos Concellos. Solicitamos este texto.
  • Ase mesmo solicitamos o texto do novo Plano de Drogas

Mesa sectorial 2 de xuño 2010

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN MESA SECTORIAL 2 DE XUÑO DE 2010

 

Nesta reunión, ademais dos temas que recollía a  orde do día,  CIG-Saúde propuxo falar doutros temas, que vedes abaixo desglosados. Esta situación incomodou a certas organizacións sindicais, parece ser que agora non se poden facer preguntas sobre temas xa tratados ou temas que xurdan e teñan a suficiente relevancia se non os recolle a orde do día.

Ler máis

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto