CIG-SAÚDE gaña as eleccións sindicais no SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Grazas

 

Histórico resultado da CIG-Saúde nas eleccións sindicais do SERGAS consolidándose como primeira forza

Incrementa a súa representación pasando de 57 a 66 delegadas/os

A CIG-Saúde vén de reforzar a súa posición como primeira forza nas eleccións sindicais celebradas este xoves no SERGAS, aumentando en votos en todas as áreas sanitarias e incrementando a súa representación ao pasar de 57 a 66 delegadas e delegados. Un resultado histórico co que a central sindical consolida a súa hexemonía na mesa sectorial da que, ademais, quedan fóra os sindicatos médicos corporativos.

Captura EESS 2019

A secretaria nacional, María Xosé Abuín, valora moi positivamente os resultados que considera consecuencia do traballo desenvolvido durante estes anos; da súa defensa inquebrantábel da sanidade pública; do seu combate constante contra as políticas do Partido Popular, que recortou os orzamentos provocando un grave deterioro non só das condicións laborais, senón tamén do propio servizo e impuxo unhas taxas de reposición que derivaron nunha grave falta de persoal. Unha situación que foron paliando as e os profesionais a custo de incrementar a súa carga de traballo para garantir a maior calidade na atención das e dos doentes.

Enfrontar a precariedade na sanidade pública

A CIG-Saúde leva anos alertando das graves consecuencias que a precariedade laboral ten na sanidade pública. Afecta directamente ao persoal que a sofre, porque se ve obrigado a sobrevivir con contratos por días ou por horas, cunha mobilidade e rotación constante por distintos servizos. Unhas condicións laborais que impiden ter un proxecto de vida, porque están a expensas de ser chamados para unha nova contratación.

Mais esta precariedade laboral tamén ten consecuencias no persoal fixo, porque ao non se dar cobertura a todas as ausencias aumenta a súa carga de traballo, provoca desprazamentos dentro dos hospitais, dun servizo a outro, e dificulta o seu traballo.

Tanto a rotación do persoal eventual, como os desprazamentos do persoal fixo teñen tamén consecuencias para o conxunto da poboación, usuarios e usuarias da sanidade pública. María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, denuncia que se racha a continuidade asistencial “porque te atende persoal de atención primaria, facultativos de familia ou persoal de enfermería diferentes cada día” e matiza que “afecta especialmente á atención primaria onde a falta de persoal provoca non só sobresaturación e listas de agarda, senón tamén impide que se realicen tarefas propias como atención domiciliaria ou traballos na comunidade importantes”.

Por todo iso a CIG-Saúde avoga por un sindicalismo forte que defenda non só os dereitos das traballadoras e traballadores, senón tamén os intereses das galegas e galegos e, para iso, comprométese a seguir combatendo a precariedade, as taxas de reposición, os recortes impostos polo PP e a súa política de privatizacións. Unha loita que continuará, agora co respaldo reforzado do persoal, ao que agradece que teña depositado novamente a súa confianza na organización sindical.

Publicación listas definitivas de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

  • enfermeiro/a,
  • enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo,
  • enfermeiro/a especialista de saúde mental,
  • enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria,
  • médico/a de familia,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • pediatra de atención primaria
  • persoal de servizos xerais.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Publicación puntuacións provisionais da fase de concurso da OPE de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publicáronse no DOG as puntuacións provisionais da fese de concurso do proceso selectivo de diversas categorías:

Prazo de reclamacións: dez días hábiles (do 20 de maio ao 3 de xuño de 2019)

As reclamacións dirixiranse ao tribunal correspondente.
A sede do tribunal para os efectos de comunicacións é a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

CIG-Saúde denuncia que Sanidade mantén Galaria como “retiro dourado” da anterior conselleira

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

Exixe a integración de todos os servizos que xestiona na área sanitaria de Vigo

Compostela, 15 de maio 2019.

O goberno do PP creou as Estruturas de Xestión Integrada (EOXI) en todas as áreas sanitarias como garante da coordinación e integración de todos os servizos baixo a dirección e control dunha mesma xerencia, co argumento de que con isto se potenciaba pór a/o doente como centro do sistema. Porén, o que fixeron foi, baixo estas EOXI, desmantelar as Xerencias de Primaria, modificaron a Lei de Saúde para eliminar as áreas sanitarias mentres manteñen que empresas como Galaria sigan a xestionar servizos da área sanitaria de Vigo.
Así o denuncia a CIG-Saúde, que sinala que Galaria xestiona, en concreto, a unidade de oncoloxía e radioterapia, a unidade de medicina nuclear ou a unidade de radiofármacos de Galiza, dificultando así que na área de Vigo se produza unha integración real de todos os servizos que teñen que ver co tratamento oncolóxico.

Aberración asistencial

Na mesa sectorial convocada para este mércores proponse un decreto de integración da resonancia magnética na EOXI de Vigo, "unha das aberracións asistenciais que agora pretenden corrixir parcialmente, porque o servizo de radioloxía do CHUVI estaba fragmentado. Era unha demanda que viñan facendo de forma reiterada as e os profesionais deste servizo", sinala a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, quen lembra que desde a central sindical tamén se denunciou, en repetidas ocasións, "esta anomalía".
Por iso, a CIG-Saúde exixiu, na mesa sectorial, a integración total da resonancia magnética e do seu cadro de persoal na Xerencia de Vigo, a integración das unidades móbiles de resonancia magnética nas súas áreas sanitarias correspondentes e a integración de todos os servizos asistenciais que xestiona Galaria na EOXI de Vigo "para que realmente haxa unha integración real dos servizos que permita o seu desenvolvemento en función das necesidades das e dos doentes desta área".
A proposta de integración que fai a Consellería de Sanidade nin sequera ten en conta as necesidades de profesionais para dar servizo ás resonancias magnéticas fixas, que son as únicas que se integran, quedando a EOXI de Vigo cun déficit de 7 especialistas en radiodiagnóstico, mentres que deixa en Galaria 6 sen integrar.
Para CIG-Saúde, manter unha unidade de radiodiagnóstico en Galaria abre a porta a que intenten recuperar o modelo de "anel radiolóxico" que foi xa rexeitado pola maioría das e dos profesionais, por separar aos especialistas en radioloxía dos profesionais asistenciais que solicitan as exploracións.
Abuín entende que a única xustificación da consellaría de Sanidade para que Galaria siga a xestionar servizos sanitarios en contra da normativa publicada polo propio goberno do PP, á fronte da Xunta de Galiza, relativa á creación das EOXIS ou a modificación da Lei de Saúde de Galiza "é garantir un posto para a anterior conselleira, Rocío Mosquera".
Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, "non se pode priorizar manter o postos de designación política por riba do normal funcionamento dos servizos nun sistema sanitario público". Por iso exixiu a inmediata integración de todos os servizos sanitarios na EOXI de Vigo ou nas áreas sanitarias correspondentes.

Publicación convocatorias OPE diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícanse no DOG as convocatorias de concurso-oposición das categorías de enfermeiro/a especialista e de fisioterapeuta.

Especialidades convocadas:

    • enfermaría de saúde mental,
    • enfermaría do traballo,
    • enfermaría familiar e comunitaria,
    • enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a)
    • enfermaría pediátrica.

Captura enf esp

Captura fisio

SISTEMAS DE ACCESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 16 de maio ao 15 de xuño de 2019.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Poderán presentarse:

  • por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),
  • de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
  • ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

- DNI ou NIE.

- Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.

- Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.

- Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.

No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).

PAGO DE TAXAS: 36,36 euros, salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.

A Consellaría de Sanidade ningunea ao Consello técnico de atención primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

A CIG-Saúde denuncia que o PP incumpre os seus compromisos ao trasladar a un "comité de expertos" nomeados pola Consellería, as medidas a adoptar sobre a atención primaria, devaluando así o papel do Consello técnico de Atención primaria.

Santiago, a 14 de maio de 2019.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, manifestou esta tarde, ao remate da xuntanza do Consello Técnico de Primaria, que hoxe celebraba o seu acto de constitución, o seu "profundo malestar" diante das informacións trasladadas polos representantes da consellaría de Sanidade. "Dixeron que as medidas a adoptar na Atención Primaria van ser as propostas por un grupo de expertos que a consellaría vai nomear á marxe do consello", denunciou e asegurou que "para a CIG-Saúde, ese comité de expertos tería que saír deste Consello".

Abuín subliñou que unhas das competencias deste Consello tería que ser a creación de comisións de traballo con persoas propostas polas organizacións sindicais, os colexios e sociedades científicas e denunciou que o que propón a consellaría "moito me temo que sexa o de sempre, nomear a persoas afíns para que ao final non cambien as políticas que o PP vén aplicado na sanidade pública e que tan graves consecuencias tiveron".

Por iso a secretaria nacional de CIG-Saúde considerou que todo apunta a que o PP "nunca tivo como obxectivo dotar dos medios materiais e humanos á Atención Primaria" e considerou unha "tomadura de pelo" tanto para as e os profesionais como para as e os usuarios o suposto interese que hai apenas un mes manifestou por sentar a negociar. "O único que querían era unha campaña electoral tranquila", dixo, "como se demostra do momento no que xa nos presentaron as medidas sen dotar de ningunha competencia para decidir nada a este Comité".

Abuín informou ademais de que o plano de primaria "xa o teñen acordado coas sociedades científicas e cos colexios profesionais e as van a poñer en funcionamento a corto, medio e longo prazo, só imos falar da carteira de enfermería".

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto