Inicio
 
 
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Previsións datas OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

INFORMACIÓN CHEGADA DO SERGAS

 

Infórmase das datas e lugar de celebración dos exercicios da fase de oposición para o acceso á categoría de celador/a:

- Sábado, 9 de marzo: Quenda de discapacidade intelectual (1º exercicio)

- Domingo, 10 de marzo: Quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral (1º-2º e 3º exercicio)

En ambos supostos, os exercicios desenvolveranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda).

Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fai público o horario de inicio das probas desta categoría e as portas de acceso dos/das aspirantes.

 

Mantense a previsión de datas de exame, anunciadas na web, para as categorías de grupo auxiliar da función administrativa e enfermeiro/a:

- Grupo auxiliar da función administrativa: 7 de abril

- Enfermeiro/a: 12 de maio

 

Publicación listas provisionais contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

  • albanel,
  • carpinteiro/a,
  • celador/a,
  • cociñeiro/a,
  • costureiro/a,
  • grupo auxiliar da función administrativa,
  • lavandeiro/a,
  • pasador/a de ferro,
  • perruqueiro/a,
  • pinche
  • telefonista

Prazo de reclamacións: 10 DÍAS HÁBILES (do 30 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2019)

 

Publicación do Plan de formación do SERGAS para o 2019

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe sae publicada a convocatoria do Plan de Formación 2019.  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190128/AnuncioG0003-210119-0001_gl.pdf

A partir de hoxe xa se poden consultar os cursos no novo BUSCADOR DE ACTIVIDADES DA WEB pero ata mañá non comeza o prazo de inscrición. Para ver os cursos hoxe tedes que desclicar o botón "prazo de inscrición aberto".

Tamén se publicou unha guía en PDF para o Plan AFEDAP.

Nunha semana estará dispoñible tamén a do PLAN PEF.

CIG-Saúde gaña sentenza que recoñece o dereito do persoal eventual ao desfrute do permiso de matrimonio

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

A asesoría xurídica da CIG obtén unha sentenza firme na que se recoñece o dereito do persoal eventual aos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.

O xulgado do contencioso nº 4, tralo recurso interposto pola asesoría xurídica da CIG de A Coruña, notifica, o 22 de xaneiro de 2019, sentenza firme na que se ven a recoñecer o dereito que ten o persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde ao goce dos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.

Dereito que nos era negado a todo o persoal eventual pretendendo acollerse o Sergas ao Acordo de Concertación Social, cando a normativa e xurisprudencia europea declara a NON DISCRIMINACIÓN dos/as traballadores/as fixas e temporais.

Así, nesta sentenza de A Coruña se declara non conforme a dereito a denegación dos 15 días de permiso retribuído por matrimonio/parella de feito invocando o feito de ser este permiso incompatible coa finalidade do nomeamento como persoal eventual.

Este sentenza é un primeiro paso moi importante para acadar o recoñecemento do dereito do persoal eventual ao goce dos permisos que ata agora nos son negados: matrimonio/parella de feito, traslado de domicilio, asistencia a cursos de formación continuada, a congresos e exames de centros e titulacións oficiais…

Igualdade

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto