Noticias Persoal
 
 

OPE ORDINARIA SEN O 100% DAS VACANTES

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

app cigsaude

Hoxe na Mesa Sectorial de Sanidade nos presentaron o Decreto de oferta de emprego para o 2018.

Ofértanse un total de 1616 prazas, das cales 820 corresponden ás xubilacións do ano 2016, e 796 prazas corresponden coa taxa adicional de estabilidade.

O reparto das prazas neste ano acumúlase tan só en 13 categorías.

A pretensión é de convocar no 2018 as categorías que están pendentes das ofertas do 2015 e 2016, sumando as prazas coa oferta do 2017.

CATEGORÍAS QUE PROBABLEMENTE TEÑAN CONVOCATORIA DE OPE  NO ANO 2018.

Categorías

Decreto

oferta 2015

Decreto

oferta 2016

Decreto

oferta 2017

TOTAL

prazas

Celador/a   168 222 390
Enfermeiro/a   140 690 830
Enf.Esp. Familiar e Comunitaria     10 10
Enf.Esp. Pediátrica     4 4
Enf.Esp. en Saúde mental     20 20
Enf. Esp. do Traballo     2 2
Médico/a familia   83 158 241
Enxeñeiro/a técnico/a   4 3 7

Téc.Sup. Documentación

Sanitaria

  4 7 11

Grupo Aux. Admtvo

  85 124 209
Grupo Xestión Admtvo   10 8 18
Grupo Técnico Admtvo 7   2 9

 

As 366 prazas de TCAE da oferta do 2017, posiblemente queden sen convocatoria ata o 2019, posto que pretenden sumar as prazas desta oferta coa de 2018.

A directora de RRHH comprometeuse a convocar na oferta de emprego do 2018, as categorías que non tiveron oferta (FEAS, hostalería, mantemento...) este ano.

 

 

A Oferta de emprego 2017, unha farsa

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

OPE 17 UNHA FARSA 2

Descarga aquí en PDF.

 

 

Apertura de listas de contratacións de Enfermeira/o especialista en Enfermaría Pediátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes á formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Pediátrica no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Iníciase o prazo para a inscrición das persoas interesadas na lista de contratacións, na categoría de enfermeiro/a especialista, especialidade de Enfermaría Pediátrica.

Estas lista será compatible coa inscrición nas listas doutras especialidades de enfermaría, así como nas listas de enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, logopeda, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional.

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde mañá 16 de novembro ata o 15 de decembro de 2017, ambos incluídos.
  • Méritos computables: os causados ata o 30 de novembro de 2017 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A precariedade laboral, a realidade do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogoA Consellaría de Sanidade perpetúa a precariedade laboral no SERGAS.

A Lei de Orzamentos do ano 2018 introduce no Capítulo I. Título II. Gastos de persoal o seguinte:

Artigo 14. Contratación do persoal estatutario temporal.

Á cobertura das ausencias do persoal das institucións sanitarias deberán respectar o carácter absolutamente imprescindible da substitución transitoria do persoal. Adecuándose aos principios de responsabilidade na xestión no gasto, atendendo a situación económica e o cumprimento da sustentabilidade financeira

Para o goberno do PP o persoal do SERGAS somos tan só un gasto. O valor do noso traballo para garantir unha boa saúde da poboación e unha boa calidade de vida, simplemente non conta.

A aplicación literal disto vai ser:

Mobilidade do persoal, para cubrir as ausencias cos recursos existentes.

Contratos por días e horas.

Peches de camas para non contratar no período estival.

Redución importante do número de traballadoras/es. O que chaman facer máis con menos.

               CIG-SAÚDE ven denunciando nos últimos anos o incremento desta precariedade laboral no SERGAS. Coa escusa da crise, e dun mellor aproveitamento dos recursos existentes estase a vulnerar os dereitos do persoal temporal.

A precariedade laboral incide negativamente na vida das traballadoras/es e ten unha incidencia negativa sobre a calidade da asistencia que se presta. A nivel persoal impide ter un proxecto de vida normalizado, dificultando a conciliación persoal, laboral e familiar. A nivel asistencial impide a continuidade dos equipos.


Para corrixir isto a CIG-SAÚDE presentou na mesa sectorial varias iniciativas.


  • En maio de 2016 asinamos na mesa sectorial do SERGAS a acta de fin de negociación do pacto de contratacións temporais. A devandita acta recolle o compromiso do SERGAS de constituír un grupo de traballo para a análises e proposta de mellora da xestión de chamamentos e vinculacións temporais. A día de hoxe esta comisión non se reuniu.
  • Existe unha negativa do SERGAS a negociar unha Orde de vínculos que obrigue a adaptar a contratación á causa que a motiva. Ante isto a única intención do SERGAS é impoñer prazas estruturais a media xornada.


                Normalizar a contratación é doado, eliminar a precariedade tamén, só é cuestión que o SERGAS se deixe de comportar como un patrón escravizador.

 

CIG-SAÚDE vai levar isto ao parlamento, solicitando unha nova redacción do artigo 14; para que se respecten os dereitos laborais do persoal temporal.

Descarga aquí o noso panfleto.

Publicación listas definitivas de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

cig informa

 

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías de persoal estatutario.

  • Albanel
  • Carpinteiro/a
  • Costureiro/a
  • Perruqueiro/a
  • Telefonista

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

CIG-Saúde valora positivamente o seguimento da folga xeral no Sergas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mantén a concentración diante da consellaría en San Lázaro para hoxe venres día 3, ás 11:00 h

     

    A CIG-Saúde vén de valorar positivamente tanto o seguimento da folga xeral convocada no Sergas para onte e hoxe como as mostras de apoio recibidas das traballadoras e traballadores da sanidade pública galega.

    O persoal do Sergas súmase ao rexeitamento da posición da consellaría de Sanidade, que se negou a establecer un calendario de recuperación dos acordos retributivos suspendidos desde o ano 2010 tal e como se lle viña demandando e nin sequera foi quen de comprometerse a fixar a dotación orzamentaria necesaria para garantir que en 2019 comezan a se retribuír os graos da carreira profesional para todo o persoal, fixo e temporal.

    María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, denuncia en todo caso o intento das Xerencias de boicotear á folga na súa primeira xornada mobilizando persoal de servizos mínimos para ocupar postos de persoas que a están secundando. “Nalgún caso a información que recibimos foi que diante da participación na folga de enfermeiras e enfermeiros de quirófano, outro persoal asumiu o seu traballo como instrumentistas”.

    Abuín demanda da administración un “escrupuloso respecto ao dereito á folga das traballadoras e traballadores do Sergas” e advirte que “está en mans da consellaría de Sanidade recoñecer os dereitos laborais e retributivos do persoal do Servizo Galego de Saúde para rematar así con este conflito”.

    Lembra ademais que as organizacións sindicais asinaron acordos coa administración que “non poden depender das decisións unilaterais que adopte en cada momento o partido que sustenta o goberno”. Xunto a isto advirte que “se a esta administración non lle satisfán estes acordos, o que ten que facer é pór enriba da mesa outros, non limitarse a suspendelos deixando ás traballadoras e traballadores do Sergas nas peores condicións salariais do Estado español”.

    A CIG-Saúde fai un chamamento a participar na concentración convocada para hoxe venres, día 3, ás 11:00 horas diante da consellaría de Sanidade en San Lázaro. Unha mobilización que coincide coa segunda xornada de folga.

     
     
     
     
     
     
     
     

    rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

    1leftarrow-icone-5226-48

     

    Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
    Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
    Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
    executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

    2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

    Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
    Se estás de acordo, preme este botón: Acepto