Noticias Sanidade Pública
 
 

Máis de 50.000 persoas enchen as rúas de Vigo co berro unánime de "non á privatización" e na defensa da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Grande expresión de rexeitamento á política privatizadora do goberno de Feijoo
Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centro da cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontade privatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta de Galiza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso de Vigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas e convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta mobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzas sindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumou apoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país: Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas que tamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega  
Ler máis

O persoal do hospital da Cruz Vermella continúa coas protestas polo peche do hospital

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cruzvermella17032010Denuncian que a ONG xa despediu a cinco traballadores/as eventuais 

                                   

Os traballadores e as traballadoras do hospital da Cruz Vermella de Vigo trasladaron na mañá deste mércores as protestas contra o peche do centro até a sede da organización en A Coruña, onde desenvolveron unha ruidosa concentración para esixir o mantemento do servizo. Dende a CIG lémbrase que non existen causas económicas que xustifiquen a decisión desta organización e reclamouse ao Sergas que actúe de inmediato para evitar un peche que deixará na rúa a 70 traballadores/as e a 70 doentes, que requiren de atención permanente.  

Ler máis

CIG Saúde solicita o mantemento da Central de Chamadas de Atención Primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Consellería de Sanidade da un paso máis na sua intención de eliminar moitos dos aspectos recollidos no plan mellora de atención primaria. Desta volta tócalle á central de chamadas. Lembrar que a central de chamadas foi unha iniciativa sindical de CIG-Saúde, dirixida a mellorar a calidade da cita previa na atención primaria.

 

A posición de CIG-Saúde sobre as centrais de chamadas foi clara dende o principio nas discusións nos grupos de traballo do plan de mellora: "Defendemos a creación de centrais de chamadas para que permitiran descargar unha parte das citas telefónicas das áreas administrativas dos servizos e unidades de atención primaria, para que o persoal desta área poidese desenvolver as novas tarefas administrativas que foran xurdindo; sempre con persoal estatutario integrado no SERGAS, e coa gratuidade da chamada telefónica".

 

Coa volta atrás da Central de Chamadas, este persoal volve a ter as tarefas anteriores á creación da central máis as novas tarefas engadidas a posteriori. CIG-Saúde solicita da consellería de sanidade o mantemento da central de chamadas, xa que a medida adoptada só vai bloquear a cita previa na atención primaria.

 

 CIG-Saúde defende unha Central de Chamadas pública e con persoal estatutario

 

Descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo

 


Perto de 6.000 persoas, a maioría traballadores/as da sanidade, maniféstanse en Vigo contra a privatización da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
vigo24022010Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo.

A CIG-Saúde de Vigo cualifica de "éxito" a manifestación celebrada o día 24 de febreiro ás 20h que saíu diante do Hospital Xeral e coa participación de perto de 6000 persoas, principalmente traballadoras e traballadores do sector da sanidade. A pesar do mal tempo, que puido restar algo de afluencia á manifestación, durante o percorrido a chuvia fixo unha pausa e permitiu completar todo o traxecto.

 

Gran manifestación o 25 de marzo

A gran participación desta manifestación demostra que a loita vai seguir cos ánimos reforzados con vistas ás próximas citas. "Este acto foi a punta de lanza con vistas á gran manifestación que se celebrará o 25 de marzo e onde os esforzos volcaranse en mobilizar a toda a cidadanía viguesa para mostrarlle ao goberno do PP que a sanidade pública en Vigo non está en venta e que as viguesas e vigueses merecemos uns servizos sanitarios públicos de primeira calidade, sen hipotecar nin mercantilizar os recursos tanto materiais como humanos da sanidade pública viguesa", engaden desde a central sindical nacionalista.

 

Necesidade de concienciar á xente

María Xosé Abuin, secretaria nacional da CIG-Saúde, tamén participou desta mobilización, asi como outros compañeiros da federación doutras comarcas. Abuin manifestou que "a CIG está realizando un moi importante traballo en contra da privatización da sanidade, tamén de cara á cidadania, e non só de cara ao persoal sanitario, para dar a coñecer o que significa esta privatización, que é unha das privatizacións máis agresivas das que se pode facer na sanidade pública, e polo tanto, a xente ten que tomar conciencia de que canto máis se privatice a sanidade pior é para a xente que teña menos recursos, porque a intención deste goberno é limitar as prestacións para que a xente acuda á sanidade privada. Por iso é tan importante esta mobilización".

 

Percorrido polas principais rúas do centro

A manifestación, que partiu do Hospital Xeral, pasou polas principais rúas do centro de Vigo (Gran VIa, Urzáiz, Colón...) até rematar na Praza da Estrela, fronte o edificio da delegación da Xunta en Vigo, e foron constantes os berros contra a privatización, e contra as políticas privatizadoras que se pretenden executar desde a Consellaria de Sanidade.

 

Valoración positiva

Manuel González Moreira, da CIG-Saúde de Vigo, interviña ao remate desta mobilización e comparecía tamén diante dos medios de comunicación para amosar a súa satisfacción polo resultado tanto da folga de 24 horas no Chuvi como a mobilización. "Dado a climatoloxía que teñamos e o tipo de convocatoria, moi enfocada ao persoal da sanidade, consideramos que foi todo un éxito. Demostra que a maioría dos traballadores e traballadoras do Chuvi estaban aquí, e tamén unha parte da cidadanía", salientou González. 

"Agardamos que a gran manifestación da cidadania sexa o dia 25 de marzo", subliñou, e sobre o transcurso da folga de 24 horas destacou que "se paralizou a actividade ordinaria do hospital, e demostramos unha vez máis que os traballadores e traballadoras da Sanidade non queremos un hospital novo privatizado".

 

Presentación de alegacións o venres 

O venres 26 de febreiro presentarán alegacións ao estudo de viabilidade económica a partir das 11 da mañá na Dirección Provincial do Sergas, xa que "consideramos que é incompleto e non demostra que se teña que facer a privatización dese xeito , porque a viabilidade económica non xustifica facer a construción do mesmo con financiación privada, e por iso imos presentar alegacións para demostrarlle a esta administración que este método hai que cambialo, que se pode financiar públicamente, cumprindo a legalidade europea e sen privatizar o hospital", rematou. 

 

Noticia extraída de Avantar

 


Posición da CIG Saúde ao respecto do Plan Funcional do 061

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE NON ASINA O PLANO FUNCIONAL DO 061 E ESIXE AO SERGAS QUE RESPOSTE AS NOSAS RECLAMACIÓNS

 

O plano funcional debe ser entendido como unha ferramenta de xestión que poña en equilibrio os intereses da empresa e os dereitos laborais das traballadoras/es, nunca pode ser entendido como unha ferramenta onde a Dirección da empresa manteña arbitrariedades, facendo interpretacións da norma que non sabemos a quen benefician, pero que a longo prazo será prexudicial para todas/os.

 

E que di o SERGAS de todo isto. xornada, gardas..., onde está o control, a austeridade, non mais despilfarro..... Entende que esta é a boa xestión?.

 

 

Ler máis

Modificados os Estatutos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicado no D.O.G. de hoxe o Decreto 454/2009, do 23 de decembro, polo que se modifican os estatutos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Folleto informativo en contra da privatización do novo Hospital de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo o noso folleto informativo coa posición da CIG Saúde con respecto da financiación, construcción e xestión do novo Hospital de Vigo. Descargar

Privatización da Sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

stop_privatizacion_sinalNo Consello da Xunta do 21 de xaneiro a Xunta de Galicia dá un paso máis na PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA, aprobou o novo modelo de financiación que vai empregar para construir o novo hospital de Vigo que vai supor a privatización dos seguintes servizos: limpeza, seguridade e vixilancia, centraliña, lavandería e lencería, cociña do hospital, mantemento, transporte interno e externo, subministración e xestión enerxética, central de abastecemento e tratamento de auga, repografía e imprenta, conservación de vías e xardíns, locais comerciais, aparcamentos ou Garderías.

 

Todo o suliñado supón unha agresión sen precedentes en Galicia e dende CIG-Saúde manifestamos o máis rotundo DESACORDO co modelo empregado para o financiamento da construción de hospitais, que condicionará a xestión dos mesmos, poñendo nas mans dos intereses privados a xestión dos servizos non sanitarios.

 

Escrito denuncia Vigo

 

...e non deixes de votar na nosa enquisa!!!

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto