Noticias Sanidade Privada
 
 

Povisa non paga as nóminas do persoal

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

En reiteradas ocasións nos meses pasados solicitamos da Xerenta do SERGAS, Rocío Mosquera, unha reunión para falar do persoal de Povisa, da situación desta empresa privada que presta servizos para a pública e da súa imbricación na área sanitaria de Vigo. Rexeitouse tal reunión en varias ocasións, expresamente ou simplemente co silencio.

 

Hoxe almorzamos coa noticia de que Povisa anunciou que non vai pagar as nóminas do persoal, alegando que o SERGAS lle debe cartos, nunha débeda recoñecida polo propio SERGAS, que di que Povisa non entregou a documentación requerida para facer efectivo o pago. Situación que deriva do toma e daca que o SERGAS e Povisa traen sobre o concerto desta última co ente público. Quen paga a situación? Os traballadores e traballadoras, unha vez máis.

 

Desde CIG-Saúde levamos varios meses insistindo na necesidade de sentarse a falar deste tema, e o SERGAS simplemente fai ouvidos xordos. Agora mesmo, vimos de enviar un novo requerimento dunha reunión  urxente para falar de Povisa e da súa situación.

Convenio da Privada da provincia de Ourense

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publicado Convenio Colectivo da Sanidade Privada da provincia de Ourense. Pódese descargar desde aqui.

Manifestación contra a represión sindical en POVISA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mani-povisa-3-06-10

Centos de persoas participaron o xoves 3 de xuño ás 11h nunha manifestación contra a represión sindical en POVISA e o despedimento da sindicalista da CIG Consuelo Martínez. A manifestación partiu da praza dos cabalos e tras dar un par de voltas ao  redor  do hospital de POVISA continuou ata a Praza da Independencia onde se leo un comunicado por parte do Secretario Xeral da CIG Suso Seixo.

 

Berros contra a represión sindical e pola readmisión de Consuelo Martínez, delegada da CIG en POVISA e portavoz do Comité de folga durante a mobilización que tivo lugar en maio do 2009 pola negociación do convenio colectivo.

 

A delegada da CIG fora  portavoz do Comité de folga, protagonista dun novo caso claro de represión sindical en Vigo por parte de POVISA.

Manifesto contra o peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
As Centrais Sindicais que compoñen o Comité de Empresa do Hospital da “Cruz Vermella” de Vigo, subscriben o seguinte manifesto:

Os intereses partidistas da ONG Cruz Vermella e do SERGAS, pecharán un Hospital de case 60 anos de historia e emblema na cidade de Vigo. Un Hospital que lle da unha cobertura social esencial á Comarca de Vigo para a atención a pacientes sen recursos e de longa estancia debido ás especiais circunstancias da súa enfermidade.
Do mesmo xeito, deixará na rúa á totalidade da plantilla, 70 traballadores/as moitos deles con máis de 30 anos de servizo no Hospital e cunhas idades de complexa reinserción laboral.

Polo que, solicitamos da cidadanía e das Administracións competentes que tomen as medidas oportunas para que non se leve a cabo dito atentado socio-laboral por parte da Cruz Vermella, co consentimento do SERGAS e por ende da Xunta de Galicia, contra a cidadanía de Vigo.

Durante o que queda de mes de febreiro haberá distintos actos en protesta por este peche. Estade atentos ás distintas convocatorias de mobilizacións e participade delas.
 
NONAOPECHE

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto