Mércores 16 de decembro, folga na sanidade

Luns, 14 Decembro 2009 12:28 Outras novas - Mobilizacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Folga16Como xa saberedes o próximo mércores 16 de decembro, CIG-Saúde xunto co SAE temos convocada unha xornada de folga. Esta decisión non a tomamos á lixeira posto que sabemos que a folga é un arma preciosa que somente debemos utilizar cando se esgotan o resto de recursos. Foron moitas as horas que adicamos a debatir esta posibilidade analizando pros e contras, pero ó final chegamos á conclusión de que se esta afrenta da administración non xustificaba unha folga nada a xustificaría, hai organizaciois que noutras comunidades teñen convocadas folgas polo tema de carreira profesional no mes de xaneiro, se ese tema por sí solo xustifica as folgas noutros lares, como non se vai xustificar no SERGAS pola suspensión de acordos que non solo afectan á carreira profesional senon tamém ós acordos asinados durante estes anos e que nos deixan co cu ó aire nun ataque ó persoal do SERGAS sen precedentes.

A FOLGA do dia 16 non é ó final das mobilizacións, é o inicio dunha campaña sen límite de tempo na que polo menos dende CIG-Saúde non regatearemos forzas para que se nos devolva o que se nos quitou e era noso, estamos dispostos a seguir adiante coa a loita se fai falta o resto da lexislatura, nós non empezamos esta guerra, senon os piratas que nos malgobernan, pero unha vez dentro dela estamos dispostos a queimar as naves.


Queremos que os acordos asinados servan para algo e non para que o primeiro politiquiño que chegue os rache como se non pasara nada; esta é unha FOLGA pola dignidade, porque é mellor morrer de pé, que vivir sempre de xeonllos.

 

 

Folla informativa boton

 

 

OS ACORDOS HAI QUE RESPECTALOS

 

TEMOS DIGNIDADE!

 

16 DE DECEMBRO

 

FOLGA NA SANIDADE

 

 

 

 

 
FOLGA O DÍA 16; POR QUÉ?



POLO RESPECTO DOS ACORDOS ASINADOS

Desde o 14 de outubro a CIG-SAÚDE ven demandando do SERGAS o cumprimento íntegro dos acordos asinados. A Admón non tiña ningunha intención, dende o principio de chegar a acordos coas organizacións sindicais, só pretendía someternos á súa chantaxe.

POR COHERENCIA

A CIG-SAÚDE fíxolle chegar á Admón unha proposta de acta que garantizaba o cumprimento dos acordos, o Sergas sen embargo pretendía que asinásemos unha acta de compromiso (matrimonial, civil, relixioso..), que nos convertéramos en NOTARIAS/OS da Admón. O que pretende a Admón que fagamos as organizacións sindicais é:

- Que enganásemos ás/aos traballadoras/es, convencéndoos de que teñen que renunciar ás súas retribucións.
- Que lle garantíramos que esta Admón vai cumprir o seu calendario. Se agora xa non cumpre o publicado no DOG.!
- Que as organizacións sindicais sexamos dóciles, converténdonos na voz da Admón e non nos representantes das/os traballadoras/es.

POR DIGNIDADE

Porque non podemos consentir que a Admón sanitaria difunda perante a opinión pública unhas mensaxes co único obxectivo de desprestixiar as/os traballadores como preludio das medidas que van tomar na nosa contra.

Non sexas cómplice na
campaña de despretixio que pretenden facer da sanidade pública e das/os seus traballadoras/es.

 

CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS

Ademáis o mesmo mércores 16 haberá unha concentración de delegados e delegadas en Santiago de Compostela, e máis concretamente, diante do Parlamento de Galiza para protestar precisamente polas decisións en materia retributiva do Partido Popular, para amosar o noso rexeitamento ás políticas restrictivas deste goberno, para solicitar o cumprimento dos acordos asinados e rexeitar a perda do poder adquisitivo.

 

CIG-ACORDOS

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto