Manifestacións en todas as comarcas, hoxe xoves, contra a reforma das pensións

Xoves, 14 Novembro 2013 10:44 Outras novas - Mobilizacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Agás en Ferrol, onde a saída está prevista para as 19:30 horas e en Ribeira, onde comezará ás 19:00 horas, o resto das mobilizacións serán ás 20:00 horas
.
A CIG convoca para este xoves, día 14 de novembro, manifestacións en todas as comarcas contra a reforma das pensións. As mobilizacións insírense na campaña que a central sindical vén desenvolvendo para denunciar que esta reforma provocará unha redución das pensións actuais e futuras e pretende abocar á poboación á subscrición masiva de plans de pensións privados para alimentar o negocio da banca e das aseguradoras.

Durante estas semanas desenvolvéronse en toda Galiza asembleas de delegadas/os, actos de protesta, concentracións e repartos de material informativo nas empresas e nos polígonos industriais para explicar a posición da CIG respecto da reforma das pensións. Unha campaña que culminará na tarde deste xoves con manifestacións simultáneas en todas as comarcas e que terá continuidade con novas respostas de contestación social.

Para a CIG esta reforma ten un fondo calado político e ideolóxico e graves consecuencias para as pensións actuais mais tamén para as futuras. A central sindical considera que non ten xustificación algunha “porque nin no informe dos expertos -9 dos 12 vinculados á banca e ás compañías aseguradoras-  se di que o sistema non sexa sostíbel”.

Horas e lugares das manifestacións

Ourense: Ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.

Pontevedra: Ás 20:00 horas da Praza da Ferrería

Vilagarcía: 20:00 horas da Casa do Mar

Vigo: Ás 20:00 h da Vía Norte

Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa

Lugo: 20:00 h da Ronda da Muralla

Ferrol: 19:30 horas con saída do local do sindicato. Avda. de Esteiro

A Coruña: 20:00h praza de Vigo

Ribeira: ás 19:00 horas da Praza do Concello

 

A nova en Avantar.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto