Hoxe, 22 de xaneiro de 2018, publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017 conxunta, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convoca o Plan de formación continua para o persoal deste servizo.
As persoas que desexen participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberán cubrir o formulario de preinscrición telemática na páxina web da ACIS (http:// acis.sergas.es).
Prazos de inscrición: A partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa.
Quen pode participar:
- Todas/os as/os profesionais que presten ou prestasen servizos nas institucións do Servizo Galego de Saúde
- As/os profesionais que estean formándose como especialistas en Ciencias da Saúde (persoal residente en formación)
- As/os aspirantes a vinculacións temporais no ámbito das institucións do Sistema público de saúde de Galicia, ao abeiro do Pacto de selección temporal vixente en cada momento
- O persoal pertencente ás fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, integrado no réxime estatutario.