Novas competencias profesionais

Martes, 12 Abril 2011 12:33 Persoal - Formación
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Como xa anunciamos neste artigo, e nestoutro artigo, a Xunta de Galiza, a meio das Consellarías de Traballo e Educación, ven de convocar no DOG senllas normativas polas que se convocan diversos PROCESOS DE ACREDITACIÓN DA EXPERIENCIA PROFESIONAL, dirixidos a que os traballadores e traballadoras que contén cunha serie de requisitos académicos e  acrediten determinada experiencia profesional (en 9 sectores de actividade: instalacións eléctricas e automáticas, cociña e gastronomía, emerxencias sanitarias, educación infantil, soldadura e calderaría, servizos de restauración, carrozaría, atención sociosanitaria a persoas dependentes e atención sociosanitaria a persoas no domicilio) poidan obter o certificado de profesionalidade correspondente que  os habilita  profesionalmente para exercer a profesión de que se trate, no sector de actividade no que operen.

 

A importancia desta convocatoria ven dada porque, con toda seguridade, nun futuro non moi afastado, se ha requirir para ter acceso a certas profesións e, consecuentemente, para poder ser contratado  en  certos traballos, estar en posesión do certificado de profesionalidade que demostre a competencia profesional do operario/a que aspire a  obter o posto de traballo en cuestión.

 

Na actualidade temos o exemplo, xa en práctica, das/os OPERARIAS/OS DOS SERVIZOS DE AXUDA NO FOGAR E DEPENDENCIA, ás/aos que se lle esixe, por lei, estar en posesión, a partires do ano 2012, do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE ATENCIÓN SOCIO SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES ou NO DOMICILIO; imposibilitando, dende a data sinalada, que calquera operario/a que non teña esta titulación poida traballar nos Servizos de Axuda no fogar.

 

En síntese, estamos ante un proceso que, inicialmente, ten unha dupla finalidade: por unha banda, titular ao/á traballador/a, acreditándolle a experiencia profesional e a formación da que dispoña  e, pola outra, informalo/a e formalo/a, no caso de que non conte coa  titulación básica  ou coa experiencia profesional requirida  para acceder ao certificado de profesionalidade pretendido (ao título).

 

Mais, completada esa fase inicial, existe un terceiro obxectivo que ten a ver conque para acceder a determinados postos de traballo  ha requirirse estar en posesión dos certificados de profesionalidade desa actividade. Ou, dito doutro xeito, vaise condicionar a posibilidade de traballar en  certos sectores  a estar en posesión dun certificado de profesionalidade.

 

Tanto a Secretaría Confederal de Formación para o Emprego da CIG, como a ED da  forGA consideramos de  VITAL IMPORTANCIA INFORMAR AO MÁXIMO NÚMERO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO NOSO PAÍS DOS EFECTOS E TRANSCENDENCIA DESTA CONVOCATORIA DA XUNTA DE GALIZA, de cara a que participen nos procesos de acreditación da experiencia convocados, coa finalidade de prepararen para dispor da titulación que no futuro se esixirá para acceder ao emprego.

 

Se queres obter mais información sobre prazos, datas de inscrición, requisitos académicos de acceso, requisitos de experiencia, tipo de certificados de profesionalidade convocados, etc., olla as fichas informativas de cada un dos Certificados de Profisionalidade convocados pola Xunta de Galiza:

 

* Procedemento para a obtención das acreditacións.

* Certificados e unidades de competencia convocados.

* Requisitos de acceso novas competencias.


kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto