A aposta do SERGAS: Especialidades de Enfermaría a prezo de saldo

Luns, 21 Xullo 2014 09:46 Persoal - Diplomad@s Sanitari@s
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

20140717_ESPECIALIDADES_DE_ENFERMARA_a_prezo_de_saldo

Especialidades de enfermería para o SERGAS: unha aposta polo recoñecemento profesional a prezo de saldo


O día 11 de xullo o SERGAS convocou o grupo de traballo sobre especialidades de enfermaría, segundo a Administración para dar cumprimento aos pactos da Moncloa, pactos acadados fóra dos órganos de representación elixidos democraticamente. Tanto pacto e tanta foto para recortar dereitos das/os enfermeiras/os.  

Desde CIG-SAÚDE queremos lembrarlle ao SERGAS, que na Galiza o recoñecemento das especialidades de enfermaría iniciouse no ano 2007, coa creación da categoría de enfermeira/o especialista en Saúde Mental. Esta categoría conta con nivel 23,  e agora, sete (7) anos máis tarde, queren que aceptemos desta Administración a creación de novas especialidades de enfermería rebaixando o nivel do 23 ao 22, cunha importante rebaixa salarial, mesmo para a categoría xa creada anteriormente. Quérense aproveitar dos coñecementos profesionais a prezo de saldo.

CIG-SAÚDE non vai aceptar que as especialidades de enfermería que o SERGAS vai crear se fagan con nivel 22. As especialidades de enfermaría deben ter nivel 23, e estas teñen que ser as súas retribucións:

ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA  . Grupo A2 Nivel 23

Soldo base

Complemento Destino

Compl. Específico

Produtividade

958.98

546.41

262.44

147.96

O recoñecemento profesional non se fai baixando salarios. Os niveis no SERGAS son os mais baixos de toda a Administración Pública. Non retribúen nin as condicións do posto de trabalo, nin os coñecementos, nin o grao de responsabilidade que ten o persoal que presta a asistencia sanitaria.

CIG-SAÚDE, desde hai anos, ven demandando unha suba de nivel para todas as categorías do Sistema Sanitario Público. É dicir, que este se adapte ás condicións e responsabilidade do posto de traballo.  Xusto o contrario do que agora propón o SERGAS.

O SERGAS NON PODE UTILIZAR A CREACIÓN DAS CATEGORÍAS PARA PRECARIZAR MÁIS AS CONDICIÓNS LABORAIS

ESPECIALIDADES DE ENFERMARÍA XA!

E CO RECOÑECEMENTO PROFESIONAL E RETRIBUTIVO QUE CORRESPONDE!

Descarga e difunde!

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto