Publicadas listas definitivas de contratación das categorías de Técnicos/as

Xoves, 20 Febreiro 2014 08:24 Persoal - Contratacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

dogPublícase hoxe no DOG a Resolución que publica as listas definitivas derivadas do procedemento de actualización automática para as categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e técnico/a superior en radioterapia.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Tamén se poderá con carácter previo, interpoñer recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Para ver as listas na páxina do SERGAS, premer aquí. Publicaranse ao longo da mañá.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto