Información importante listas de contratación: ERROS DE BAREMACIÓN

Venres, 05 Febreiro 2016 09:00 Persoal - Contratacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importante webOnte día 4/02/2016 publicáronse no DOG as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os e baremación das categorías de:


• técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
• técnico/a superior en hixiene bucodental
• técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
• técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
• técnico/a superior en radioterapia
• técnico/a superior en documentación sanitaria
• técnico/a superior en dietética e nutrición
• técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

 

Nesta ligazón podes ver a resolución da convocatoria.

Nesta ligazón podes ver as listas provisionais (páxina web do SERGAS).

Logo de seren publicadas, detectáronse erros na puntuación dos cursos de formación continuada.

Coa convocatoria da OPE 2014-2015, modificouse o baremo, o cal tamen é de aplicación nestas listas de contratación. Podes consultar aquí o novo baremo (anexo IV punto 1.2 Continuada).

As modificacións mais salientables son:
-Só se computaran os cursos acreditados con créditos CFC ou por horas cun contido relacionado coas categorías ás que se opta.
-Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraránse en todas as categorías, con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso a estas, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Os cursos que están incluídos no teu expediente que se validaron con anterioridade ao sistema FIDES, foron verquidos desde un programa antigo que non contemplaba se os créditos eran CFC ou doutro tipo, co que nestas listas, no FIDES, os cursos aos que non lles consten créditos CFC apareceránche como mérito non baremable ao non constar tipo de crédito establecido na convocatoria nin as horas.

Desde a dirección de RRHH do SERGAS teñen a intención de arranxar este problema, mais, malia que estes cursos foron validados hai tempo, é posíbel que non teñan os certificados de tódolos cursos feitos polas/os profesionais, sobre todo, dos máis antigos. Polo que se tes algún curso que non fora baremado debes presentar a reclamación, no prazo indicado (do 5 ao 14 de Febreiro, ambos inclusibles), na unidade de validación que che corresponde, axuntando copia dos certificados de formación afectados.

Modelo de reclamación.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto