Información Comisión Central Pacto

Venres, 09 Decembro 2016 10:31 Persoal - Contratacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 2 DE DECEMBRO DE 2016

→Información xeral do Pacto:

Desde a CIG-Saúde solicitamos que as actualizacións, sempre que sexa posible, se adianten á data máxima de publicación das listas definitivas.

→Ponderación da nota da OPE 2006:

Desde CIG-Saúde solicitamos a publicación da fórmula correctora para equiparar a nota 2006 (base de 100 puntos) á nota 2009 (base de 60 puntos). Solicitamos que se exclúa o galego da fórmula ponderando só o exercicio común e específico.

→Proposta de dotación de titulares e suplentes da lista de curta duración:

Desde CIG-Saúde denunciamos que se está a utilizar o pool para o que non está establecido. Solicitamos a revisión das instrucións que regulan as listas de pool.

→Áreas especiais: Desenvolvemento do apartado II.7 do Pacto

Programas formativos e bases.
Entrégannos copias dos programas formativos das áreas especiais.
Ábrese prazo ata o 23 de decembro para remitir as nosas alegacións, e posteriormente convocarán unha nova reunión.

Confírmannos que o persoal contratado (incluso o interino) pode realizar formación práctica específica para o acceso ás áreas especiais.

→Rogos e preguntas

CIG-Saúde solicitamos a posta en marcha do grupo de traballo, acordado na sinatura do novo pacto, para a análise e proposta de mellora da xestión de chamamentos e vinculacións temporais.
Solicitamos a apertura das listas do pacto 2004 que están pendentes de actualizar: varias categorías de mantemento, Telefonista, Perruqueiro/a...
Solicitamos que se nos informe dos procedementos de selección de persoal de xestión e servizos dos grupos A1 e A2, e informático nos que se realizan probas ás que non temos acceso e non coñecemos nin a quen convocan nin os resultados.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto