Publicadas listas definitivas de contratación de categorías de Técnicos/as

Mércores, 15 Marzo 2017 08:07 Persoal - Contratacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info listas contrataciónPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas das categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría:

As listas entran en vigor mañá día 16 de marzo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto