Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas da Lei 17:
1. Clase de inspector/a médico/a.
2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.
3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.
4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.
5. Clase de subinspector/a sanitario/a.
6. Clase de ATS/DUE
- Listas definitivas Lei 17. RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de inscrición para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e Administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro). Descargar PDF
As listas entrarán en vigor para os efectos de chamamentos o martes día 11 de abril de 2017