Publicación baremación definitiva da fase de concurso da OPE de diversas categorías

Mércores, 11 Setembro 2019 07:08 Persoal - OPE
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícase no DOG a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as da OPE das seguintes categorías:

Os/as aspirantes seleccionados/as disporán do prazo dun mes (do 12 de setembro ao 11 de outubro), contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, no seu defecto, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

Só para os efectos de elección de destino, os/as aspirantes que superen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar neste prazo dun mes, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto