A OPE da miseria: outro motivo para ir á folga

Venres, 22 Novembro 2013 12:35 Persoal - OPE
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na Mesa Sectorial de hoxe, o SERGAS presentou a súa proposta de Oferta de Emprego Público, consistente en ofertar un total de (atención!) 165 prazas totais (resultado de aplicar o 10% da taxa de reposición ás 1649 vacantes xeradas desde novembro de 2011). Estas 165 prazas totais ofertaríanse a dúas categorías: 40 para Médic@s de Familia e o resto, 125 á categoría de Enfermaría Xeralista (non especialidades). E aí está a proposta. A proposta da miseria.

Desde CIG-Saúde rexeitamos de cheo esta trapallada, exiximos unha vez máis a eliminación de toda taxa de reposición e a convocatoria de OPE e Traslados para todas as categorías e co 100% das prazas vacantes.

Na reunión de hoxe tamén nos presentaron a proposta de convocatoria e prazas a ofertar a traslados. Polo momento só para categorías de licenciad@s e diplomad@s sanitari@s e persoal sanitario de Formación Profesional. As outras categorías irán despois, segundo o SERGAS. Este é o cadro de prazas que nos propuxeron, onde non se recollen o 100% das vacantes, pero que dá conta de cantas prazas deixan de convocarse a OPE, é dicir, de canto emprego deixa de estabilizarse (e iso sen contar todos os postos que están cubertos por contratos como acumulacións de tarefas ou servizos determinados).

Xa está ben de tomarnos o pelo, de desmantelar a Sanidade Pública, de seguir permitindo a precariedade laboral. Esta "oferta" de OPE non é outra cousa que unha razón máis para mobilizarnos, para participar na folga xeral convocada para os vindeiros días 9 e 10 de decembro.

Participa!

Por unha OPE co 100% das prazas e categorías!

Por unha Sanidade Pública, Universal e Gratuíta!

9 e 10 de decembro, FOLGA XERAL na Sanidade Pública!

 

Máis información sobre a Mesa Sectorial, en breve.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto