Concurso de Traslados FEAS e Médicos/as de Urxencias

Mércores, 08 Febreiro 2012 13:07 Persoal - Traslados
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nun correo enviado polo SERGAS, xúntase o primeiro borrador da relación de prazas de F.E.As e MÉDIC@S DE URXENCIAS HOSPITALARIAS ofertadas a CONCURSO DE TRASLADOS (cadro prazas ofertadas), así como tamén as bases de dito concurso de traslados (descarga aquí as bases).

Pódense facer alegacións antes do día 15 de Febreiro.

Asemade, deixamos o posicionamento que se mantivo na mesa sectorial da semana pasada, sobre este tema:

2.- Concurso de traslados. O SERGAS informou verbalmente, sen presentar documento, que os traslados e a OPE de persoal facultativo especialista e do persoal medico/a de urxencias sairán convocados nun mesmo Decreto de OFERTA, que nos será remitido a próxima semana. O devandito Decreto englobarase dentro da taxa de reposición do 10%, polo que na oferta de oposición serán convocadas 176 prazas, que, segundo a Admón., calcúlanse tomando como referencia todas as vacantes do sistema (de todas as categorías) que o resto dos colectivos “cederon” solidariamente; non sabemos a quén lle preguntaron para a cesión solidaria.

No concurso de traslados poderían convocar algunha praza máis. Comprometéronse a enviarnos un cadro de prazas a ofertar. Nin se convocarán todas as especialidades, nin sairán prazas en todos os centros. A oferta de prazas determinaraa Asistencia Sanitaria.

O Decreto de oferta, sen coñecer o texto, e aplicando a taxa de reposición foi respaldado por todas as organización sindicais, agás pola CIG-SAÚDE.

Desde a CIG-SAÚDE solicitamos unha convocatoria de OPE e traslado para todas as categorías co 100% das prazas. Rexeitamos a taxa de reposición e solicitamos do SERGAS que traslade esta petición ao goberno central. A taxa de reposición afecta negativamente  ao sistema sanitario e ás/aos seus profesionais:

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto