CIG Saúde solicita o mantemento da Central de Chamadas de Atención Primaria

Xoves, 04 Marzo 2010 10:49 Sanidade Pública - Novas sobre a Sanidade Pública
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Consellería de Sanidade da un paso máis na sua intención de eliminar moitos dos aspectos recollidos no plan mellora de atención primaria. Desta volta tócalle á central de chamadas. Lembrar que a central de chamadas foi unha iniciativa sindical de CIG-Saúde, dirixida a mellorar a calidade da cita previa na atención primaria.

 

A posición de CIG-Saúde sobre as centrais de chamadas foi clara dende o principio nas discusións nos grupos de traballo do plan de mellora: "Defendemos a creación de centrais de chamadas para que permitiran descargar unha parte das citas telefónicas das áreas administrativas dos servizos e unidades de atención primaria, para que o persoal desta área poidese desenvolver as novas tarefas administrativas que foran xurdindo; sempre con persoal estatutario integrado no SERGAS, e coa gratuidade da chamada telefónica".

 

Coa volta atrás da Central de Chamadas, este persoal volve a ter as tarefas anteriores á creación da central máis as novas tarefas engadidas a posteriori. CIG-Saúde solicita da consellería de sanidade o mantemento da central de chamadas, xa que a medida adoptada só vai bloquear a cita previa na atención primaria.

 

 CIG-Saúde defende unha Central de Chamadas pública e con persoal estatutario

 

Descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo

 


kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto