A CIG gaña as eleccións sindicais en Povisa e suma seis representantes no comité de empresa

Martes, 24 Maio 2011 09:17 Sanidade Privada - Novas sobre a Sanidade Privada
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A central nacionalista foi a forza máis votada ao sumar un total de 271 apoios

A Confederación Intersindical Galega (CIG) revalidou a súa primeira posición nas eleccións sindicais celebradas recentemente no hospital privado vigués Povisa. A central nacionalista logrou un total de 271 votos, que se traducen en seis representantes no comité de empresa.

A continuación situouse o sindicato de médicos Omega, con 225 sufraxios e cinco representantes. A CGT obtivo 196 votos e catro delegados/as, mentres que SGPS logrou 153 votos e tres representantes, CCOO 136 apoios e tres delegados/as e por último a UGT, que contou con 107 apoios e dous representantes.

 

A CIG foi a central con maior número de votos no colexio de especialistas, o que lle permitiu facerse con tres representantes. No de técnicos/as situouse en segunda posición, logrando dous delegados/as.

 

Artigo en Avantar.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto