SOS Sanidade Pública mobilízase diante do novo hospital vigués para reclamar que sexa dotado dun laboratorio central

Mércores, 02 Xullo 2014 07:40 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Os profesionais do Chuvi alertan de que manter disgregado este servizo incrementará a mortalidade dos pacientes

.
A plataforma SOS Sanidade Pública desenvolveu onte pola tarde un acto de protesta diante do novo hospital vigués para reclamar que sexa dotado dun laboratorio central despois de que os profesionais do Chuvi alertasen de que manter disgregado este servizo, tal e como pretende o Sergas, incrementará a mortalidade dos pacientes.

Precisamente co fin de denunciar os plans da Consellería de Sanidade, representantes da plataforma e dos traballadores/as do laboratorio do Chuvi -que sosteñen que manter disgregado este servizo aumentará a mortalidade dos pacientes- concentráronse nos terreos onde se constrúe o cuarto centro médico da cidade, na parroquia de Beade, a partir das 16.30 horas.

Segundo explicaron, o motivo da protesta é rexeitar a supresión dun servizo central chave para o funcionamento do novo centro médico, “supresión que responde á estratexia de recortar os servizos do centro para abaratar custos ás empresas concesionarias, ademais de eliminar os laboratorios dos centros públicos para proceder á súa privatización (como o laboratorio central de Galiza, asignado a Cerba Internacional, propiedade da multinacional Unilabs-Capio)”.

Na mobilización participaron tamén os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo -que estivo acompañado pola secretaria nacional da federación de Saúde da central nacionalista, María Xosé Abuín-, da UGT e de CCOO; a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública; a Xunta de Persoal do Chuvi; os voceiros dos grupos parlamentarios da oposición; e o alcalde da cidade.

A nova en Avantar

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto