Orzamentos para atención ao VIH-SIDA: novos recortes.

Martes, 06 Decembro 2011 20:25 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Consellaría de Sanidade cébase coas persoas máis desfavorecidas, recortando orzamentos nos servizos sociais máis necesarios. Xa temos denunciado os recortes que afectarán a drogodependencias. Tamén os recortes afectan gravemente á atención a enfermos/as de VIH-SIDA. Estes son os números:

2011-12-07_091430

** No ano 2012 hai un cambio na presentación de orzamentos do SERGAS: Mentras que no 2011 figuraban 2 partidas para proxectos sobre o VIH/SIDA, unha por valor de 149.061 para asociacións e outra de 12.276 destinada aos Concellos, no ano 2012 aparece unha partida conxunta para proxectos de VIH/SIDA (tanto de asociacións como de concellos) e tamén para programas de prevención de drogodependencias de asociacións (estas antes aparecian xa desglosadas no orzamentos coa súa asignación).  Esta partida figura por un total de 750.000 euros.

** Qué significa isto: Dúas cousas, por un lado pretenden "ocultar" o recorte ao xuntar as subvencións para proxectos de VIH/SIDA coas de prevención de Drogas (só por esto ultimo a Xunta deu ao ano pasado máis de 1 millón de euros). E por outro lado, isto significa que hai un cambio no xeito de outorgar as axudas de prevención de drogas ás asociacións, que pasan de ser convenios de financiamento anual a sair, con toda probabilidade, en concurrencia competitiva (non sairán ata mediados de ano, non se sabe con que criterios e como se asignarán...).

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto