Centos de traballadores e traballadoras da administración pública manifestaron o seu rexeitamento aos recortes do goberno

Mércores, 02 Xuño 2010 20:32 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

conc02062010

Empregados e empregadas públicas concentráronse diante dos seus respectivos centros de traballo en todas as comarcas do país convocados pola CIG baixo o lema “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos” para denunciar os recortes salariais e o conxunto de medidas impostas polo goberno para reducir o déficit público.

 

As concentracións producíronse de forma simultánea en practicamente todos os lugares onde estaban convocadas, entre as 11:00 e as 12:00 horas. Ao remate das mesmas, fixeron un chamamento a participar na folga convocada na área pública para o día 8 de xuño e alertaron de que sen mobilización, introduciranse medidas aínda máis duras.

 

Os recortes no sector sanitario provocarán peores servizos e deterioro da calidade asistencial

Desde a federación de Saúde denunciaron que o goberno do PP xa aplicou o recorte salarial ás traballadoras e traballadores do SERGAS desde o ano 2009 coa suspensión do acordo retributivo 2008-2012. Recorte que viu acompañado dun importante retroceso na sanidade pública galega tanto no eido laboral como no asistencial.

 

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde sinala que “o argumento de que esta medida ía dirixida a solucionar a crise e a crear emprego, como mostra de solidariedade coas desempregadas/os traduciuse en que na Galiza, desde que goberna o PP, o desemprego incrementouse nun 44,6%”.

 

Abondando nos efectos que terán estes recortes, que veñen acompañados de políticas privatizadoras, desde a CIG-saúde salientan que o recorte salarial provocará perda de calidade na asistencia sanitaria; o recorte no desfrute dos permisos, perda da equidade e da accesibilidade; o recorte nas contratacións, un freo á mellora da Atención Primaria; os recortes no dereito á negociación, un incremento escandaloso das listas de espera cirúrxicas e de probas diagnósticas; a diminución do número de traballadores/as, ao non cubrirse as prazas xa orzamentadas, a introdución do financiamento e xestión privada que nos leve ao copago e a suspensión do acordo de xubilación, a privatización da Sanidade Pública, co que a sanidade deixará de ser un dereito e pasará a ser un negocio.

 

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto