http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2014/12/03/centenares-personas-piden-cambio-politica/905567.html

 

Centenares_de_personas_piden_un_cambio_en_la_poltica_de_recortes_y_de_contratos_precarios_del_Sergas_-_La_Opinin_A_Corua.pdf

Mara_Seijo

 

unnamed

 

concentracin_3_decembro_2014

 

Goteiras_no_Hospital_Materno_da_Corua

 

MÁIS DUN ANO SEN UNHA PEDIATRA

NO CENTRO DE SAÚDE DE CARBALLO

 

centro-de-saude-informacion-177795_01_medMáis dun ano leva unha das pediatras do Centro de Saúde de Carballo, sen que fora substituídadurante todo ese tempo. Continuamos igual, sendo distribuidos os seus pacientes entre os outros pediatras do centro, e así levamos máis dun ano, sendo atendidos os nenos e nenas deste cupo por un profesional diferente cada vez que teñen que acudir ao centro.

Hai xa varias semanas que o Xerente da Área Sanitaria da Coruña se comprometera a buscar unha solución, ou así parece ser que llo transmitiu ao alcalde de Carballo na reunión que mantiveron. Pois as cousas seguen como estaban, a ausencia da pediatra segue sen ser substituída.

Relamente o deterioro da sanidade pública hai tempo que chegou a uns niveis inaceptábeis para CIG-Saúde. A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual, e a precariedade na contratación (nas poucas ocasións nas que se contrata alguén) é a norma xeral. Unha absoluta vergoña!

Para as datas de nadal que nos veñen imos volver atoparnos cunha situación semellante á que vivimos no verán, con axendas bloqueadas, distribución de pacientes entre os distintos profesionais, varios días de espera para acudir ao médico de cabeceira…

 

Carballo, 27 de novembro de 2014

 

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Delegado Sección Sindical de CIG-Saúde

 

cambio_de_roupa_traballo_efectivo

 

Comportamento irresponsable e frívolo por parte da Xerencia da Coruña

 

Non se pode chamar doutro modo. Irresponsables e malos xestores. Así son os nosos directores cando asumen sen pestanexar a falta de substitucións. Intersubstitucións, bloqueos múltiples das consultas, prolongacións e contratacións externas de 3 horas. E están satisfeitos!. É a única xerencia do sergas que non fixo paquetes de substitucións. Cando as outras xerencias estaban chamando aos residentes que remataban (que non teñen obriga de estar asignados a ningunha lista), nesta xerencia se lles dicía que non ían ter traballo e que non farían paquetes de substitucións. Como se chama isto?.

Avisámolos! Pedimos máis dunha reunión para tratar este asunto e tamén denunciamos o mal trato, desconsiderado, cara os médicos nos chamamentos. Agora, en plenas vacacións, din que non hai substitutos e buscan desesperados a alguén que lles faga o que non poden evitar substituír. 

Irresponsabilidade! Frivolidade! Ineficacia! Estes son algúns dos calificativos que poderiamos usar para describir esta situación.

O 1 de agosto entrevistaron a Ramón Veras, da Agrupación Médica de CIG-saúde, para a Opinión e recolleron varios dos seus comentarios:

Pódense ver na seguinte ligazón As_NON_substitucions_na_Opinion_de_A_Coruna_2_de_agosto_de_2014.pdf

A_NON_substitucion_da_Xerencia_de_A_Coruna_A_Opinion_2agosto2014

 

MÁIS DE DEZ DÍAS DE ESPERA PARA UN MÉDICO DE CABECEIRA

NO CENTRO DE SAÚDE DE CARBALLO

 

AÍNDA NON COMEZOU O VERÁN E OS PROBLEMAS POLA AUSENCIA DE SUBSTITUCIÓNS EN VACACIÓNS XA ESTÁN A XERAR LISTAS DE ESPERA

EN ATENCIÓN PRIMARIA

Os usuarios e usuarias do Centro de Saúde de Carballo xa comezan a padecer as esperas para acudir ao médico de cabeceira que veñen sendo habituais os últimos anos nos periodos vacacionais. Cando aínda non comezou o periodo vacacional da maior parte dos profesionais, os pacientes dalgún médico de cabeceira do Centro de Saúde de Carballo que si comezou as súas vacacións xa ven como a primeira cita libre para poder acudir ao seu médico (sexa para unha consulta ou para activar receitas) sae para dentro de 10 días ou máis.

Así é, ao non contratarse persoal substituto para este médico e utilizar o sistema que vén sendo habitual nos últimos anos (un día bloquéase a axenda e non se pode dar ningunha cita, ao seguinte ábrese unha axenda cun número reducido de citas que se reparten entre os demais profesionais, ao seguinte vólvese a bloquear a axenda, e así sucesivamente), isto provoca listas de espera de máis de 10 días.

E isto cando aínda non comezaron o seu periodo vacacional a maior parte dos profesionais, así que xa podemos imaxinar como será a situación nos meses de xullo e agosto, se o Sergas segue a utilizar este mesmo sistema e non contrata persoal substituto.

Os profesionais que están nas listas de contratación son coñecedores desta situación que levan tempo padecendo, pois precisamente esta política do Sergas de racanear deste xeito coas contratacións provoca que traballen poucos días ao ano, e que o fagan nunha situación de precariedade como non se lembra no Sergas. Si, realmente a precariedade laboral no Sergas é a norma habitual para o persoal que fai substitucións (contratos a media xornada, contratos de luns a venres con interrupcións da alta na Seguridade Social en festivos e fins de semana, etc.). E desgraciadamente as persoas que están nas listas de contratación teñen que aceptar os contratos en precario porque ven que é o único xeito de poder traballar algo nesta administración sanitaria galega na que a precariedade laboral se converteu na norma habitual.

Xa están ben!. Desde a CIG-Saúde levamos anos demandando outra política de persoal, que se substitúan as ausencias e se reduza a precariedade laboral, e que se atenda como é debido aos pacientes. Non son admisíbeis listas de espera de máis de 10 días para acudir ao médico de cabeceira!

Carballo, 19 de xuño de 2014

 
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info