Privatizacin_esterilizacin

 

 

Concentración hoxe no Obelisco reclamando unha sanidade pública, universal e gratuíta

 

28_maio_por_unha_sanidade_pblica_universal_e_gratuta_imaxe_2

 

28_maio_por_unha_sanidade_pblica_universal_e_gratuta_imaxe_3

 

28_maio_por_unha_sanidade_pblica_universal_e_gratuta_imaxe_6

 

28_maio_por_unha_sanidade_pblica_universal_e_gratuta_imaxe_5

 

28_maio_por_unha_sanidade_pblica_universal_e_gratuta_imaxe_4

 

28_maio_por_unha_sanidade_pblica_universal_e_gratuta_imaxe

28_maio_por_unha_sanidade_pblica, universal_e_gratuíta_texto.pdf

 

 

 

Convenio_limpeza_28abril2014

 

 

UNHA ÚNICA MATRONA NO CENTRO DE SAÚDE DE CARBALLO

PARA MÁIS DE 16.000 MULLERES

 

O PROGRAMA DA MULLER DO SERGAS É PURA PROPAGANDA

CANDO NON HAI RECURSOS PARA LEVALO A CABO

Desde CIG-Saúde queremos denunciar a necesidade de incrementar a plantilla de matronas no Centro de Saúde de Carballo, onde hai unha única profesional para atender unha poboación de máis de 16.000 mulleres. Non é posíbel que unha única profesional poida atender ás mulleres embarazadas e ademais implantar o Programa da Muller, xa que só pode atender, con moito esforzo pola súa parte, a todas as mulleres embarazadas de Carballo. Só hai que comprobar a axenda diaria de pacientes citadas para evidenciar que unha única matrona non é suficiente en Carballo.

Vemos como por parte do Sergas se camiña cara ao desmantelamento de servizos coma o COF (Centro de Orientación Familiar), ou nese sentido semella que se teñen adoptado algunhas medidas a raíz da xubilación dalgún profesional no COF do Ventorrillo. Supostemente xustifican desde o Sergas que son os centros de Atención Primaria os que teñen que levar a cabo ese traballo de orientación, poñendo en práctica o Programa da Muller, a través dos médicos de cabeceira, matronas e demais profesionais dos Centros de Saúde. Acaso alguén pensa que é posíbel que nos Centros de Saúde se poida facer ese traballo coa cantidade de pacientes que teñen que atender os médicos de familia todos os días, e no caso de Carballo tamén a única matrona?

Por poñer algúns datos, no estado español a ratio de matronas no ano 2009 era de unha matrona por cada 4.366 mulleres. A día de hoxe en Carballo temos unha matrona para máis de 16.000 mulleres. No Centro de Saúde de Arteixo, por poñer un exemplo dunha poboación similar, hai dúas matronas para unhas 15.400 mulleres.

Desde CIG-Saúde demandamos a creación dunha nova praza de matrona para o Centro de Saúde de Carballo, consideramos que é moi necesario para que se poidan comezar a dar os primeiros pasos de cara a implementar o Programa da Muller, ademais de aliviar o exceso de traballo que ten xa a actual matrona só na atención ás mulleres embarazadas. É de xustiza, é necesario, entendemos que as mulleres de Carballo teñen que ter os mesmos dereitos que as demais e non é de recibo que haxa una única matrona para atender a máis de 16.000 mulleres.

Carballo, 25 de abril de 2014

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Delegado da Sección Sindical de CIG-Saúde

nota_de prensa CIG-Saúde_matrona_Carballo.pdf

 

 

o-sector-1

O_sector_sanitario_denuncia_que_o_persoal_das_novas_Urxencias__insuficiente_-_La_Opinin_A_Corua.pdf

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/04/06/o-sector-sanitario-denuncia-o/828915.html

 

Desabastecemento de reactivos nos laboratorios do CHUAC

Así funcionan as privatizacións de Feijoo

 

A Xunta de Persoal enviou o seguinte comunicado de prensa:

Nota de prensa da Xunta de Persoal sobre o desabastecemento de reactivos no laboratorio do CHUAC 1 de abril de 2014.pdf

Desabastecemento_laboratorios_CHUAC

 

 

 

O Hospital recibe a Feijoo, que din que veu inaugurar Urxencias, con asubíos e algunhas palabriñas

 

Feijoo veu ao CHUAC sen avisar pero rodeado de policías

A que ten medo se o fai tan ben?

Pensa que a xente da sanidade lle vai pegar ou algo así?

Van inaugurar unha estensión do servizo de urxencias sen máis persoal?

Que cara! A quen pensa enganar?

IMG-20140331-WA0000

 

IMG-20140331-WA0001

 

IMG-20140331-WA0003

Foise coas orellas quentes

IMG-20140331-WA0002

 

 

 

Éxito da manifestación en defensa da sanidade pública, contraria ao decreto de xestión clínica e as privatizacións

Mensaxe clara de novo da cidadanía a Feijoo, pero éste semella estar xordo

 

20140326_211510

 
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info